Category: concello
Excursión ao parque de atraccións Magikland o 30 de agosto

Excursión ao parque de atraccións de MAGIKLAND en Portugal que organiza o noso Concello para o día 30 de agosto, con volta o mesmo día. A saída será ás 8.30 horas dende o cole de Boborás.

Reserva e pago de prazas antes do 23 de agosto.

Os/as menores deben ir acompañados/as dun/ha adulto.

Para comer hai alí sitios dentro do mesmo parque, pero tamén cada un pode levar a súa propia comida habendo sitios habilitados para iso.

O Concello faise cargo do transporte e do seguro, e cada participante ten que facerse cargo da súa entrada.

Así as tarifas son:

– ata 4 anos: gratis

-de 5 a 12 anos: 9 €

– de 13 a 64 anos: 13,10 €

– de 65 en adiante: 9 €

Inscricións e máis información no concello e no 988 402 008

Descarga aquí a  ficha de inscricion Magikland.

 

 

 

Concerto de lírica medieval na igrexa románica de San Martiño de Cameixa o 15 de agosto

A música medieval é a protagonista das actividades estivais organizadas por LÍRICA, que elixe o noso Concello de Boborás para un dos seus concertos.

Será na Igrexa Románica de San Martiño de Cameixa o vindeiro 15 de agosto de 2019, ás 19.30 horas con entrada gratuíta.
Actuarán Sara Maria Fantini, Giordano Ceccotti e Miguel Abad Frutos, chegados dende Italia e o concerto leva por título “Vai lavar cabelos na fontana fria”

Deixámosvos o cartaz e o programa.

Selección xefe de brigada de incendios

Unha vez rematado o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de xefe de brigada de incendios , dúas prazas de peón condutor e seis de peón da brigada de incendios do Concello de Boborás, e tendo en conta o resultado do mesmo no que se declara deserta unha das prazas de xefe de brigada por non haber aspirantes que se presentaran ao proceso de selección, o Concello de Boborás volve convocar a praza de xefe de brigada de incendios:

ANUNCIO BOP

 20190719_Resolución_DECRETO 2019-0462 [RESOLUCION CONVOCATORIA XEFE DE BRIGADA DE INCENDIOS 19 DE XULLO DE 2019]

 20190719_Resolución_DECRETO 2019-0461 [BASES XEFE DE BRIGADA 19 DE XULLO 2019]

Obradoiros para o fomento da igualdade para nenos e nenas de Infantil e Primaria

O proxecto de obradoiros coeducativos é un programa coeducativo para o alumnado de infantil e primaria do Concello de Boborás que está composto por 9 obradoiros co obxecto de erradicar os estereotipos e a violencia de xénero e de promover a Igualdade e a resolución pacífica de conflitos.
Esta proposta pedagóxica coeducativa contén actividades que promoven a creatividade, oaprendizaxe cooperativo, a capacidade comunicativa, a actitude crítica e a educación para a paz libre de estereotipos, mediante o emprego das metodoloxías educativas máis innovadoras como o teatro, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

Do mesmo xeito, a proposta pedagóxica coeducativa promove a creatividade, a comunicación e a interpretación, mediante o emprego de metodoloxías educativas innovadoras como o teatro, a música, o baile, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

PROGRAMA 1:

Actividades coeducativas para alumnado de infantil e primaria para traballar os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a visualización das mulleres da súa contorna e a coeducación emocional.

5 de agosto. Fóra estereotipos: neste día traballaranse actividades coeducativas deseñadas para o alumnado de infantil e de primaria co fin de erradicar os estereotipos de xénero entre o alumnado.

5 de agosto: A colaborar no fogar: neste día traballaranse actividades coeducativas diferenciadas entre infantil e primaria para traballar a corresponsabilidade no fogar.

6 de agosto: As mulleres da miña contorna: actividade para visibilizar a vida das mulleres da súa contorna e visualizar os avances acadados neste momento o cal rematará cun collage das mulleres do concello.

6 de agosto. As nosas emocións e conflitos: mediante actividades de coeducación emocional para o alumnado de infantil e de primaria aprenderán a xestionar as emocións, así como a resolver os seus primeiros conflitos de maneira pacífica.

7 de agosto. Contacontos e teatro fronte a violencia de xénero: mediante improvisacións teatrais traballaranse situacións de conflito e de violencia de xénero que no caso de infantil se pautarán a través de contacontos.

 

PROGRAMA 2.

Desenvolveranse catro obradoiros co obxecto de erradicar estereotipos e previr a violencia de xénero ao tempo que se promove a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

8 de agosto. Cine coeducativo: mediante a visualización dunha película traballarase co alumnado a prevención da violencia de xénero nas parellas e pautaranse formas de relacións saudables.

9 de agosto. Baile coeducativo: o alumnado escoitará diferentes cancións que promoven ou ben a igualdade ou a violencia de xénero. Acto seguido escollerase unha canción que promova a igualdade e prepararase unha coreografía grupal.

12 de agosto. Teatro coeducativo: o alumnado interpretará diferentes improvisacións onde se amosarán formas saudables de parella, de resolución de conflitos e formas de violencia de xénero que o alumnado terá que identificar e analizar.

13 agosto: Radio Coeducativa: o alumnado asistente ao programa Concilia elaborará un programa de radio para promover a Igualdade con noticias, tertulia e presentación en directo.

 

Estas actividades son financiadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia,  a través da Secretaria Xeral de Igualdade,  e do Goberno de España, por medio do Minsiterio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade.

 

Selección xefe de brigada para incendios 2019

Unha vez publicada a lista provisional de admitidos do procedemento anterior de contratación para a brigada de incendios e visto que só había un candidato que se postulase para ser xefe de brigada, e sendos precisos dous, o Concello de Boborás volve convocar a praza.

Publicación 20190710_BOP

20190708_Resolución_BASES DE SELECCION – XEFE DE BRIGADA

20190715_Resolución_DECRETO 2019-0431 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS XEFE DE BRIGADA]

O Concello de Boborás abre convocatoria para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención de incendios

Concello de Boborás abre a convocatoria do proceso selectivo para cubrir Brigadas de prevención de incendios:

Estos son os postos que se oferta:
 2 Xefes de brigada
 2 Peón condutor
 6 Peóns
 Prazo de inscrición aberto do 28 xuño ao 4 de xullo

Proba de coñecementos o 18 de xullo ás 10.30 h e a proba de aptitude física ás 11.30 do mesmo día e ambas na Casa Consistorial de Boborás.

 

 

Consulta aquí as bases brigadas incendios 2019

Consulta aquí o anuncio bop brigadas 2019

 

*Actualización: 09/07/2019 Lista provisional de admitidos excluidos Incendios 2019

* Actualización: 15/07/2019

20190715_Resolución_DECRETO 2019-0430 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

* Actualización: 22/07/2019

ACTA ASINADA

20190719_Resolución_DECRETO 2019-0463 [NOMEAMENTO DE MEMBROS DA BRIGADA]

 

Visitas teatralizadas “O Segredo do Peregrino” en Pazos de Arenteiro os venres do verán de 2019
Se non tendes plan para as noites dos venres dos meses de xullo e agosto de 2019, a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás dentro da programación “Do Teu Xacobeo” propoñémosvos as visitas teatralizadas a Pazos de Arenteiro a partir das 22.30 horas e coa saída do bar A Ponte, baixo o título “O Segredo do Peregrino”.
Son gratuítas pero é preciso reservar nos teléfonos 645 865 080 e 619 442 622.
 
Comezamos o venres 12 de xullo! Pero podes asistir o 19 e 26 de xullo e o 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto!
 
Ven e disfruta dunha maneira diferente de coñecer a historia dun lugar histórico da nosa Galicia.
Consulta aquí o cartel:
II Feira do Castro de Moldes o 3 de agosto de 2019

O Concello de Boborás por segundo ano consecutivo pon en marcha a II Feira do Castro de Moldes. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar as tradicións do noso municipio, ao igual que se fai ca de Feás. Nese sentido haberá mercado, artesáns de oficios antigos, música tradicional en directo…..e por suposto o xa típico pulpo para comer. Facendo referencia a un pouco de historia a Feira de Moldes, é das poucas de orixe medieval documentada. Iniciou como a “Feira do Castro”, no entorno da Antiga Fortaleza de Castro Cavadoso, situada estratexicamente nun camiño comercial entre o Ribeiro e Santiago de Compostela. Posteriormente trasladouse ao lugar de Moldes, onde hai uns antigos alpendres que eran onde se colocaban para a venta dos produtos. Era unha das grandes feiras da zona. Celebrabase todolos meses, é habia un día especialmente marcado no calendario, a do 1 de novembro, coñecido como o “Feirón de Santos”. Nesta feira “tratabase” de todo…dende animais vivos, como telas, xabón, produtos da terra…negocio do viño, sementes…os que acordan din que “era moi boa”. Despareceu a mediados do século XX.

 

Podes consultar aquí o cartel:

Visitas guiadas turísticas no Concello de Boborás

O Concello de Boborás igual que nos anos 2016,2017 e 2018, programa para este 2019 as visitas guiadas ao seu patrimonio máis representativo. Comenzarán o 7 de xullo e rematarán o 15 de setembro. Estas visitas con carácter gratuíto e que se desenvolverán os venres, sábados e domingo programanse en función da demanda dos nosos visitantes en anos anteriores. Aínda así, e fora das visitas organizadas tamén se da a opción, previa reserva de ver outros monumentos.

Para as reservas pódese chamar o 681 166 180 que tamén ten whatsapp ou no correo electrónico turismo@boboras.gal

Non deixedes de visitarnos!!!

II Feira de Feás o 7 de xullo de 2019

O Concello de Boborás por segundo ano consecutivo pon en marcha a II Feira de Feás. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar as tradicións do noso municipio, ao igual que se fai ca do Castro en Moldes. Nese sentido haberá mercado, artesáns de oficios antigos, música tradicional en directo…..e por suposto o xa típico pulpo para comer. Facendo referencia a un pouco de historia a Feira de Feás, era todos os días 8 de mes. Como na de Moldes, vendiase de todo. Mesmo había un posto de comidas. Facíase no campo da feira, hoxe existente e recuperado como parque e area de recreo. Tamén tiña moi boa fama, e de feito viña moita xente dos concellos colindantes como o de Beariz e O Irixo, e mesmo dende o das provincia de Pontevedra que eran máis próximos a este territorio. Esta feira desapareceu máis tarde ca de Moldes, no ano 1980, sendo o motivo principal a emigración e tamén o abandono do campo como medio de traballo.

Podes consultar aquí o cartel:

Os Bolechas veñen a Boborás

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do programa Fala Redes,  trae a Boborás o espectáculo de Títeres dos Bolechas no local social de Brués, ás 19.00 horas. É unha actividade totalmente gratuíta para nenos e nenas coa que se pretenden potenciar a lingua galega entre os máis pequenos co título “Somo unha gran familia”.

Non faltes, a diversión está garantizada.

 

 

Se queredes saber máis dos bolechas podes facelo no seguinte enlace: https://osbolechas.gal/

BOBORÁS REABRE AO PÚBLICO A RUTA DO POZO DOS FUMES

O Concello de Boborás reabre a Ruta do Pozo dos Fumes de Pazos de Arenteiro ao público, logo das obras de legalización e posta a punto da mesma. Trátase dun dos sendeiros máis coñecidos non só do Concello, senón de toda a comarca dada a súa beleza e por transcorrer polo marxe esquerdo do río Arenteiro, cun mirado cara unha fervenza coñecidas como Fumes.

O sendeiro fora denunciado no seu día por Move Boborás, e a pesar de que fóra construída en 1999, a Confederación solicitude a legalización da mesma. Nese sentido, o que solicitou foi a elevación das pequenas pontes de madeira que salvaban pequenos regatos que remataban no río. Así mesmo, tamén a colocación de vallas de protección en diferentes pasarelas.

O permiso para a legalización da mesma chegou ao Concello en febreiro de 2018, e o Concello meteu as obras na subvención do Fondo de Compensación Ambiental na súa vertente non competitiva, ascendendo a obra a 21.000 euros dos cales a Xunta aportou 10.400 euros. As obras foran rematadas neste caso en novembro de 2018, e agora logo do visto bo da CHMS o Concello levou a cabo as obras que faltaban.

Neste sentido, e dado que mentres que non estivera legalizada a ruta o Concello non podía facer ningún tipo de obra de mantemento na mesma, a entidade local unha vez realizadas as accións solicitadas pola Confederación e unha vez que a técnica lle deu o visto bo ás mesmas levou a cabo unha rehabilitación integral da ruta repoñendo toda a madeira en mal estado por unhas novas e asegurando a instalación existente co fin de garantir a seguridades das persoas que pasean pola mesma.

Convocatoria de contratación de 3 peóns de servizos múltiples en Boborás

O Concello de Boborás abre a convocatoria para a contratación de 3 peóns de servizos múltiples, logo da publicación no día de hoxe, 23/04/2019 no BOP. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas do Concello no prazo de 5 días hábiles, a partir da data de publicación do anuncio no boletín.

 

Aquí podes descargar as 20190408_BASES PROCESO DE SELECCION

**Actualización 04/05/2019

Listado de admitidos/as definitivos e horario de proba teórica e práctica

Descarga aquí: 20190503_Resolución_DECRETO 2019-0248 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

 

** Actualización 09/05/2019

Resolución do resultado da convocatoria

Descarga aquí: Resolución_DECRETO

** Actualización 09/05/2019

Acta do proceso de selección

Descarga aqui: ACTA