O Concello de Boborás reabre a Ruta do Pozo dos Fumes de Pazos de Arenteiro ao público, logo das obras de legalización e posta a punto da mesma. Trátase dun dos sendeiros máis coñecidos non só do Concello, senón de toda a comarca dada a súa beleza e por transcorrer polo marxe esquerdo do río Arenteiro, cun mirado cara unha fervenza coñecidas como Fumes.

O sendeiro fora denunciado no seu día por Move Boborás, e a pesar de que fóra construída en 1999, a Confederación solicitude a legalización da mesma. Nese sentido, o que solicitou foi a elevación das pequenas pontes de madeira que salvaban pequenos regatos que remataban no río. Así mesmo, tamén a colocación de vallas de protección en diferentes pasarelas.

O permiso para a legalización da mesma chegou ao Concello en febreiro de 2018, e o Concello meteu as obras na subvención do Fondo de Compensación Ambiental na súa vertente non competitiva, ascendendo a obra a 21.000 euros dos cales a Xunta aportou 10.400 euros. As obras foran rematadas neste caso en novembro de 2018, e agora logo do visto bo da CHMS o Concello levou a cabo as obras que faltaban.

Neste sentido, e dado que mentres que non estivera legalizada a ruta o Concello non podía facer ningún tipo de obra de mantemento na mesma, a entidade local unha vez realizadas as accións solicitadas pola Confederación e unha vez que a técnica lle deu o visto bo ás mesmas levou a cabo unha rehabilitación integral da ruta repoñendo toda a madeira en mal estado por unhas novas e asegurando a instalación existente co fin de garantir a seguridades das persoas que pasean pola mesma.