Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Un compromiso coa literatura galega

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

HISTORIA DO PREMIO

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. 

ENTREGA DE PREMIOS LOSADA DIEGUEZ.

  • A súa dotación é a máis alta dun premio literario en Galicia con 12.000 euros, 6.000 por categoría.
  • Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.
  • Hai dúas categorías: Creación Literaria e Investigación.

BIOGRAFÍA DE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

Fidalgo  de Moldes. Procedía dunha familia de forte tradición carlista, e que ó longo da súa curta vida( morreu con tan só 45 anos), destacou en dous aspectos moi importantes do seu tempo: o agrarismo e o galeguismo.

LER MÁIS

Con 23 anos xa falaba de crear un Partido Católico.

Trala morte da súa nai, trasladouse co seu pai á Estrada, zona onde concentraría gran parte da súa actividade.

A súa iniciación no agrarismo ten lugar en torno ó ano 1907.

Dende principios de século na Estrada, os católicos estaban perdendo o dominio no campo dende que varias sociedades de agricultores iniciaran unha resistencia ó pago das oblatas ás parroquias e un apoio en favor da campaña republicana sobre os cemiterios civís. Isto provoca unha lóxica contraofensiva católica, dirixida no ámbito segrar polo seu propio pai, Miguel Losada Losada, notario, redactor e editorialista de "El Estradense", que vai encamiña-la súa principal actuación a intentar organizar ó campesiñado en sociedades.

Losada pronto acapara o protagonismo propagandístico, participando en numerosos mitins e tamén escribindo artigos no xornal. Aquí Losada Diéguez busca uns modelos de organización do campesiñado con base no catolicismo, sen apenas tradición en España.

Como consecuencia desta actuación, xorden as primeiras sociedades agrícolas da Estrada.

Un feito clave no éxito de tales asociacións era o seu carácter agrícola e a ausencia dos párrocos das mesmas.

No ano 1919 Losada Diéguez trasládase a Pontevedra, para galeguiza-lo modelo agrario que creara anos antes.

Non espallou estas ideas pola súa terra de Moldes, debido por un lado á presenza de Basilio Álvarez , co seu agrarismo radical, e por outra, á preponderancia no sindicalismo do elemento clerical sobre o segrar. Por isto, Losada dedícase con máis empeño a cuestión político-cultural das Irmandades da Fala, destacando tamén a forte entrada na política ourensá de José Calvo Sotelo. A partir de 1919, O Carballiño será unha zona dominada polo calvosotelismo.

Dous feitos principais e ambos  internacionais serán básicos no seu percorrer vital: a Primeira Guerra Mundial ( 1914-1919). A derrota xermana ( a súa familia era xermana), o auxe do liberalismo, a pugna socialista e, especialmente a Revolución Rusa, serán fundamentais serán fundamentais para a súa incorporación ó movemento nacionalista das Irmandades da Fala e o seu froito máis destacado, a Revista Nós.

Recoñecementos:  Homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1985.

OBRAS E AUTORES PREMIADOS

2018

  • Creación literaria: Xosé Benito Reza, Terradentro.
  •  Investigación e Ensaio: Xosé Luis Axeitos, Manuel Antonio. Unha vida de rebeldía.

2017

  • Creación literaria: Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas
  •  Investigación e Ensaio: Xosé Ramón Pena, Historia da Literatura Galega III: De 1916 a 1936.

2016

  • Creación literaria: Ledicia Costas, Un animal chamado néboa
  •  Investigación e Ensaio: Xosé Fernández   Fernández, Vicente Risco, Mestre de mestres

LER MÁIS

2015        
  •  Creación literaria: Diego Ameixeiras, Conduce rápido.
  • Investigación: Ana Acuña, Conciencia política e literatura galega en Madrid.
2014
  • Creación literaria: Cesáreo Sáchez Iglesias, Caderno do Nilo.
  • Investigación: Antón Cortizas, Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais.
2013
  • Creación literaria: Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle.
  • Investigación: Ramón Nicolás, Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
2012
  • Creación literaria: Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa.
  • Investigación: Xesús Alonso Montero, Aníbal Otero. Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo.
2011
  • Creación literaria: Xulia Alonso, Futuro imperfecto.
  • Investigación: Francisco Calo Lourido, Os Celtas: Unha (re)visión dende Galicia.
2010
  • Creación literaria: Domingo Villar, A praia dos afogados.
  • Investigación: Pablo Carpintero, Os instrumentos musicais na tradición galega.
2009
  • Creación literaria: Chus Pato, Hordas de escritura.
  • Investigación: Camilo Nogueira, Europa, o continente pensado.
2008
  • Creación literaria: Miguel Anxo Murado, O soño da febre.
  • Investigación: Xusto Beramendi, De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
2007
  • Creación literaria: Manuel Rivas, Os libros arden mal.
  • Investigación: Gonzalo Navaza, Fitotoponimia galega.
2006
  • Creación literaria: Xosé Luís Méndez Ferrín, Contra Maquieiro.
  • Investigación: Manuel Ferreiro, edición d' Os Eoas de Eduardo Pondal.
2005
  • Creación literaria: Rosa Aneiros, Veu visitarme o mar.
  • Investigación: Antón Costa, Historia da educación e da cultura de Galicia.
2004
  • Creación literaria: Ramiro Fonte, Os meus ollos.
  • Investigación: Manuel Caamaño, As construcións da arquitectura popular, patrimonio etnográfico de Galicia.
2003
  • Creación literaria: Xabier Quiroga, Atuado na Braña.
  • Investigación: Domingo Docampo, Tecnoloxías da información e as comunicacións: Unha visión desde Galicia.
2002
  • Creación literaria: Xavier Rodríguez Baixeras, Eclipse.
  • Investigación: Narciso de Gabriel, Escolantes e escolas de ferrado.
2001
  • Creación literaria: Xurxo Borrazás, Na maleta.
  • Investigación: José Carlos Bermejo, Pensa-la historia.
2000
  • Creación literaria: Xosé Fernández Ferreiro, O atentado.
  • Investigación: Henrique Monteagudo, Historia Social da Lingua Galega.
1999
  • Creación literaria: Fran Alonso, Territorio ocupado.
1998
  • Creación literaria: Olga Novo, Nós nus.
1997
  • Creación literaria: Chus Pato, Nínive.
  • Investigación: Andrés Torres Queiruga, Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora.
1996
  • Creación literaria: Marina Mayoral, Querida amiga.
1995
  • Creación literaria: Xosé Luís Méndez Ferrín, Estirpe.
  • Investigación: Claudio Rodríguez Fer, A literatura galega durante a guerra civil.
1994
  • Creación literaria: Úrsula Heinze, Culpable de asasinato.
  • Investigación: Xosé María Lema Suárez, A Arte Relixiosa na Terra de Soneira.
1993
  • Creación literaria: Anxo Rei Ballesteros, Loaira.
  • Investigación: Lourenzo Fernández Prieto, Labregos con ciencia.
1991
  • Creación literaria: Xosé Luís Méndez Ferrín, Arraianos.
  • Investigación: Francisco Fernández Rei, Dialectoloxía da lingua galega.
1990
  • Creación literaria: Antón Tovar, Berros en voz baixa.
  • Investigación: Claudio Rodríguez Fer, Poesía galega.
1989
  • Creación literaria: Marina Mayoral, Chamábase Luís.
1988
  • Creación literaria: Xosé Ramón Pena, Para despois do adeus.
1987
  • Creación literaria: Carlos Casares, Os mortos de aquel verán.
1986
  • Creación literaria: Luís González Tosar, A caneiro cheo.
1985
  • Creación literaria: Ramiro Fonte, Designium.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal