SERVIZOS SOCIAIS
Os Servizos Socias do Concello son un dos pilares máis importantes a traballar e coidar. Neste departamento é onde se poden consultar todo tipo de axudas tanto locales como autonómicas, cursos de formación, información sobre o Punto de Atención á Infancia, o Punto da Información á muller ou o Banco de Alimentos.
O Concello de Boborás conta con axudas de Emerxencia Social de ata 600 euros por ano, para cubrir os gastos básicos ou necesidades primarias tales como a alimentación, vestimenta, enerxías. Ademais tamén conta cun chegue bebé para recén nacidos, cando as familias cumplen os requisitos económicos que se indican nas bases. Tamén se fai unha recollida solidaria de xoguetes para as datas do Nadal.
Os días de atención ao público son o luns, o martes e o xoves de 10.00 a 14.00 horas.
A traballadora social é Jesusa Noya.
Telefonos para pidir cita previa: 988402008.
Correo electrónico: servizossociais@boboras.org
O Concello de Boborás ao igual que os oito municipios restantes da Comarca contan cun Centro de Información á Muller.
LER MÁIS
Ubicación do CIM: Faustino Santalices, nº 10, entresolo. Teléfono: 988 53 10 76. Fax: 988 53 10 77.
Horario de inverno de atención ao público: De Luns a Venres, de 08:00 a 14:30.
Atención psicolóxica: Todos os días pola mañá. Martes de 15:00 a 19:00.
Atención xurídica: Venres de 8:00 a 14:30.
Atención da traballadora social: Todos os días pola mañá.
OBXECTIVOS:
- Proporcionar información, orientación e asesoramento en materia de muller a todo o colectivo feminino do concello bobarense e comarca
- Ofertar asesoramento xurídico en temática de separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
- Ofertar asesoramento e atención psicolóxica ás mulleres que o requiran.
- Sensibilizar ao equipo docente dos Centros Educativos potenciando os comportamentos igualitarios e solidarios nos propios centros.
- Orientar ás mulleres en materia de formación e inserción laboral.
- Potenciar as actividades de lecer e tempo libre das mulleres creando espazos propios para elas.
- Fomentar a participación sociocultural das mulleres.
- Promocionar a creación de asociacións e colectivos impulsados e dirixidos por mulleres.
EQUIPO PROFESIONAL:
- Psicóloga: Proporciona apoio e atención psicolóxica ás mulleres que así o requiran, desenvolve tarefas relacionadas coa orientación laboral e realiza tamén diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
- Avogada: Presta información, orientación e asesoramento xurídico en diversos aspectos legais tales como separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
- Traballadora social: Informa, orienta e asesora sobre os recursos existentes, efectuando cando corresponda, as derivacións pertinentes. Xestión de diversas prestacións e servizos. Leva a cabo diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
ASESORAMIENTO, TRAMITACIONES DE PRESTACIONES E PROGRAMAS:
- Orde de protección de vítimas de violencia doméstica.
- Tramitación de xustiza gratuíta.
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
- Quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (SGI).
- Estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo (Instituto da Muller).
- Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica.
- Programa de Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
- Programa municipal de orientación laboral.
- Renda Activa de Inserción.
- Axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.
- Axudas a entidades sen ánimo de lucro de mulleres (SGI).
- Liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres.
- Subvencións estatais a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de cooperación e voluntariado social.
- Axudas e subvencións a empresas para a elaboración de plans de igualdade de oportunidades.
O Concello de Boborás conta cun Punto de Atención á Infancia (PAI), espazo de coidado e educativo para os nenos e as nenas de 3 meses a 3 anos.
LER MÁIS
É un servizo de conciliación, pensado para axudar as familiar a conlevar o coidados dos/as fillos/as co traballo, así como mellorar e desenvolver a nivel educativo aos participantes.
As familias interesadas poderán solicitar información e cubrir a solicitude de inscrición nas oficinas do concello ou no propio Punto de Atención á Infancia situado no recinto do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos”.
O prezo para aqueles nenos e nenas que están empadroados/as no concello de Boborás é de 30 euros ao mes por xornada completa, mentres que aqueles/as que non o están teñen un prezo público de 45 euros.
Así mesmo existen bonificacións do 25% no caso de familias numerosas e do 50 % cando se ten máis dun/dunha neno/a matriculado/ no PAI, desconto aplicado no/a segundo/a cativo/a.
O Servicio de Punto de Atención á Infancia está financiado polo programa Ben Ourense da Deputación de Ourense, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e con recursos propios do Concello de Boborás.
Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402600-988402008 en horario de 8.00 a 15.00 horas.
O Concello de Boborás conta cun servizo gratuíto de conciliación familiar coa vida laboral, o Boborás Concilia, destinado ás familias con nenos e nenas matriculados no CEIP “Nosa Señora de Xuvencos de Boborás”.
Este servizo está subvencionado nun 35 % polo Ben Ourense Plan Provincial de Servizos Sociais da Deputación de Ourense.
LER MÁIS
É un servizo de conciliación gratuíto, pensado para axudar as familiar a conlevar o coidados dos/as fillos/as co traballo, así como mellorar e desenvolver a nivel educativo aos participantes.
Dentro deste servizo hai dous programas, o Bos días Cole; que recolle aos nenos e nenas dende ás 7.15 horas ás 9.30 horas, cando xa comezan as aulas e o Tardes Divertidas; que cubre o horario de 16.00 a 20.30 horas.
Desta maneira as familias poden deixar os/as seus/súas fillos/a no servizo segundo a súas propias necesidades, e no memos os/as cativos/as están atendidos por monitoras especializadas que ademáis de lles axudar a facer os deberes, programan unha serie de actividades dirixidas como manualidades, contacontos, xogos de mesa, deportes o aire libre...para facer divertida a súa estancia no mesmo os/as nenos/as que se quedan no mesmo.
Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402008 en horario de 8.00 a 15.00 horas.