Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE LAXAS

Formada por: Laxas, Leborín, Liñariños, O Lugar, e O Souto.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 24 de xuño: San Xoán
  • 27 de xullo: San Pantaleón

LUGARES DE INTERESE

CAPELA SAN PANTALEÓN
Capela de planta rectangular e nave única. Peche con muros de cadeirado granítico. Porta con lintel e con dúas fiestras os lados. Espadana pequena no cumio dun solo corpo e cuberta a dúas augas de tella. Está situada no lugar chamado O Souto.

CRUCEIROS DE LAXAS
Por un banda atopamos o cruceiro de tres chanzos, con base cuadrangular con releve, fuste ou varal circular e capitel xónico. Cruz superior simple. Está situado nunha área recreativa.

E xa nas proximidades da Igrexa Parroquial podemos ver un segundo cruceiro simple sobre penedo, fuste cuadrangular octogonal e capitel como continuando o anterior de maneira mais grosa. Cruz de remate simple cun desbaste interior con forma cruciforme. Semella estar feito nunha única peza de pedra.

IGREXIA DE SAN XOÁN DE LAXAS

Edificación de orixe románico con transformacións posteriores en muros de aparello de cadeirado dunha sola nave e presbiterio mais alto con capelas laterais. Porta con lintel e oco a modo de rosetón. Remata o fronte en espadana de dobre vano arquitrabado e pirámide de bolas nas esquinas. De época medieval quedan os canecillos nun dos laterais de nave principal e os contrafortes exteriores. Curiosamente ten o seu redor doce cruces marcadas nos seus muros a modo de viacrucis.

O PAZO DE LAXAS

Gran casa tradicional a modo de pazo con dobre planta rectangular e patio interior delimitado por ambas edificacións de baixo mais un, ademais dos muros e portalón de acceso. Muros de bo cadeirado de pedra e cubertas a catro augas. Ocos principais con linteis, gran galería na peza superior e balconada sobre ménsulas na inferior. Planta baixa para os animais e apeiros, mentres a planta nobre atopase nos primeiros pisos. Ten unha gran finca duns 12.000 m2 con cómaros e socalcos, muros de contención de pedra e amplos viñedos que está vinculada a el.

PETO DE ÁNIMAS DE LIÑARIÑOS

Peto de ánimas dos chamados rudos polo simple da iconografía e atoparse engadido o muro de peche da finca. A importancia está no elemento arquitectónico de cubrición con dous piares de pedra, e unha gran lousa saínte apoiada nos mesmos. Sobre a lousa e apoiada nunha base piramidal ten unha cruz. Tamén baixo a ornacina coa pintura da virxe atopamos unha repisa onde sitúase o oco da alcancía que lle da o nome de “peto” o elemento.

REITORAL DE LAXAS
Casa tradicional de estilo de entre os anos 1850-1900 con planta cadrada, patio interior e xardín delimitado pola propia volumetría do muro e o portalón de acceso. Muros de cadeirado e cachotería de pedra e cubertas a tres augas de tella curva. Ten unha galería cara o nacente que é un autentico miradoiro cara o val. Pola súa forma e emprazamento na orografía de gran pendente, ten un certo aspecto de palacete ou de fortaleza. Atopase abandonada e boa parte ruinosa.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal