Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE ALBARELLOS

A parroquia de San Miguel de Albarellos está formada polos seguintes lugares:  A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, Sobredo e Valdesenda.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 21 de marzo: Festa do San Benito
  • 3 de maio: Festa de Sta. Bárbara en Sobredo
  • 8 de maio: Festa do San Miguel
  • 26 de maio: Festa de San Eleuterio de Salón
  • 11 de xullo: Festa do San Benito
  • 10 de agosto: Festa de San Lourenzo en Paredes
  • 1º domingo de setembro: Festa do San Antón en Saa
  • 8 de decembro: Festa da Concepción
  • 13 de decembro: Festa de Sta. Lucía de Salón
  • 18 de decembro: Festa da Virxen de La Ó
  • 25 de decembro: Festa da Concepción en Sobredo

LUGARES DE INTERESE

ADEGAS MEDIEVAIS DE TOMBELO

Tratase dunha gran acumulación de adegas familiares dos distintos veciños, apoiándose nos distintos bancais, de maneira que semella ser un pobo de vivendas dende a distancia. Arquitectura vinculada a actividade agrícola e popular na zona dada a extensión de viñedos. 

Destacase unha delas coñecida como adega de Tombelo e documentada polo historiador Xosé Luís Sobrado Pérez nun traballo inédito no s.XVI como pertencente a encomenda de San Xoán de Xerusalén de Pazos de Arenteiro. Ten planta rectangular de fábrica de perpiaños, cuberta caída, unha porta con arco e unha ventá. Utilizouse como adega ata hai poucos anos.

ADEGA DE SAN ANDRÉS

Adega documentada polo historiador Xosé Luís Sobrado Pérez como pertencente a encomenda de San Xoán de Xerusalén de Pazos de Arenteiro. Planta rectangular de fábrica de perpiaños, dúas plantas e cuberta a dúas augas con tella curva.

Porta con arco de media punta e sobre el tres ventás cadradas. Utilizouse como adega hasta fai poucos anos.

ANTIGA COLUMNA EN SALÓN

Columna robusta de pedra con capitel de tipo “composto” unindo o canal e as volutas das catro caras do capitel xónico coa coroa de follas do capitel corintio. Situada no lugar da Seara en Salón.

ANTIGA CÁRCERE

Ubicada en Distriz. Edificación feita completamente en pedra, con grandes perpiaños e zonas de cachotería. Cubertas de tella a dous e tres augas. Ten varias estancias e pasos exteriores que as comunican, escaleiras en pedra e unha columna robusta na entrada rematada cun pináculo.

CAPELA DA CONCEPCIÓN DE SOBREDO
Capela de planta rectangular de aparello de cadeirado granítico con atrio cuberto e exento. Cuberta de tella curva a catro augas. Atrio pechado con enreixado.

CAPELA DE SAN ANDRÉS
Capela de planta rectangular, con aparello de cadeirado e atrio cuberto. Porta de madeira, ventanuco por riba e cuberta de lousa a catro augas. Atópase en abandono e acaroada directamente a casa grande da súa traseira, a que posiblemente pertencía.

CAPELA DE SAN LOURENZO

 Capela de planta rectangular de aparello de cadeirado, co atrio cuberto e exento situada no lugar de Paredes. Ten cuberta de lousa a catro augas. Na fachada ten muros ornamentados e porta de madeira e enferrado metálico.

CAPELA SANTA LUCÍA DE SALÓN

Capela de planta rectangular, ampliada en distintas épocas e posiblemente de uso distintos anteriormente. Porta con lintel e con pequena fiestra superior con arco de medio punto. Campanario lateral. Nave única e ábsida cadrado. Fábrica de cadeirado.

CRUCEIROS DE ALBARELLOS

CRUCEIRO A COSTA

Tratase dun cruceiro simple, sen chanzos ou escalos nin base. Saíndo directamente da pedra o fuste ou varal octogonal ata chegar o capitel que volta a sección cadrada, sobre el a cruz sinxela. Atópase no extremo sur do núcleo cunha gran vista a un lado do encoro de Albarellos, a outro cos núcleos da parroquia, e no fondo mais baixo a agrupación de adegas de Valdesenda.

CRUCEIRO DE PAREDES

Cruceiro con dous chanzos ou escalos, sobre o último, gran cubo de pedra amodo de base. Saíndo dela o fuste ou varal octogonal ata chegar o capitel e volta a sección cadrada. Capitel dórico cadrado y sobre el a cruz coa escultura do cristo crucificado. Atópase nun eido comunal que cerca a capela de San Lourenzo.

CRUCEIRO DE SOBREDO
 
Cruceiro de pedra con base sobre dous chanzos. O fuste enteirizo de sección ortogonal ou cadrada con chafrán nas esquinas. Capitel xeométrico cuadrangular estratiforme. Remate en cruz sinxela sen ornamentación.

EMBALSE DE ALBARELLOS

Nesta parroquia está ubicado o embalse de Albarellos terminado no ano 1971 que se sitúa na conca do río Avia. A súa superficie é de 214 km2 que tamén se ocupa o concello veciño de Avión.

FORNO DA SEARA (SALÓN)
Forno de pedra con todas as partes que o compoñen en bo estado, a capela, a parroeira, o tendal ou lareira, a borraleira etc. Sen embargo o volume da edificación en si está en ruínas e sen tellado. 

GRANXA DE SALÓN

Adega medieval datada e estudiada polo historiador X L Sobrado Pérez, como pertencente a encomenda de S. Xoán de Xerusalén de Pazos de Arenteiro. Planta rectangular de fábrica de perpiaños, dúas plantas e cuberta caída, tres portas (unha delas tapiada) e unha ventá da fábrica orixinal. Ménsula decorada cunha figura antropomorfa de tipoloxía románica e varias pedras, con inscricións ilexibles, nunha das esquinas nas que só se distingue a cruz de catro brazos, xustaposición da “tau” do Temple e a crus de Malta, propia da Orde do Santo Sepulcro.

IGREXA DE SAN MIGUEL

Igrexa de certa esbelteza e nave única. O presbiterio atópase mais elevado. Espadana barroca de alta calidade no ornamento, dividida en dous corpos: O mais baixo con balaustrada de pedra e sección cuadrangular mentres o mais alto tamén con balaustrada ten sección poligonal coas esquinas matadas. O mesmo remata en cúpula. O peche e de pe cadeirado granítico. 

Fotografía de Juanjo Álvarez

PETO DE ÁNIMAS DE SALÓN

Peto de considerable antigüidade, formalmente dos chamados arcaicos e monolíticos, coa posible utilización de pedras monolito significativas de culturas anteriores adicada a Santa Lucía. Exento de outros elementos e polo tanto pode ser percorrido o redor. Pódense atopar as tres partes básicas: base a modo de mesa, de maior tamaño, corpo central con fornelo no peto en si co oco tipo pequeno, ábsida de seme cúpula de canón sen peche e a pequena alcancía, finalmente o remate ou terceiro corpo, por riba o frontón superior, coa cruz.

POMBAL EIRAVEDRA

Igrexa Construcción circular para cría de pombas formando parte na maioría das veces dunha gran propiedade situado en Eiravedra. Paredes de cachotería de pedra recuberta dun lucido branco. Pousadoiro o redor do muro de peche, con pequenas aperturas de aceso o interior para as pombas. Porta de acceso elevada contra mustélidos. O interior atopase completamente dividido en pequenos cubículos para os niños das pombas, e no centro a mesa de pedra para comida.

PONTE DAS POLDRAS DE SALÓN

Tratase dunha antiga pasarela peonil, longa e baixa, feita en pedra sobre o mesmo discorrer do río. Na actualidade o Concello de Boborás ten aberto un paseo medioambiental que pasa por este lugar e que remata nas Adegas Medievais de Tumbelo.

REITORAL DE ALBARELLOS

Casa con tipoloxía tradicional propia do lugar de dúas plantas, na que a planta baixa era tipicamente pro gando e apeiros de labranza mentres que e a vivenda atopase no primeiro piso. Muros de pedra na planta baixa e cuberta a catro augas de tella. Tratase dunha edificación tradicional de planta rectangular comunicado co camposanto. A casa foi reformada, engadíndolle piares de formigón, retellando e colocando pérgolas no redor desta. Este elemento ten adscrito unha finca singular duns 1.800m2 aproximadamente que sempre estará vinculada o mesmo.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal