Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE MOREIRAS

Formada por: Fonte Moreiras, Gabián, Moreiras, Vecoña de Abaixo, Vecoña de Arriba.

LUGARES DE INTERESE

CAPELA DA MAGDALENA EN VECOÑA

Capela cun estilo popular moi actualizado polas súas distintas reformas mais ten por riba dos 120 anos de antigüidade. Porta con lintel e espadana superior de dobre arcada. Ventás laterais e pequenos contrafortes. Cuberta de tella curva. Fábrica e cadeirado granítico encintado.

CRUCEIRO DE VECOÑA
Cruceiro sen chanzos previos a base de sección cuadrangular, fuste, columna ou varal octogonal rematado en capitel inverso estratificado, sobre o que atopamos unha cruz simple. Nestes momentos presenta o fuste roto polo que o Concello de Boborás ten encargado un proxecto de restauración do mesmo. Situase no camiño de comunicación e romarías entre Vecoña de arriba e Vecoña de Abaixo, e a súa vez con Moreiras. Tradicionalmente é o primeiro lugar no que se facía o pouso durante o traslado do defunto de Vecoña ata a Igrexa e cemiterio parroquial de Santa Mariña de Moreiras.

CRUCEIRO DE MOREIRAS

Cruceiro de pedra con dous chanzos e sobre eles base de sección cadrada con releves e inscrición da data 1881. Fuste ou varal circular con símbolos como a escaleira e o martelo, capitel tipo dórico con remate en sección troncocónica e cruz grega de tipo bizantino.

FORNO DE MOREIRAS

Forno comunal con tellado ou capoeira a dúas augas de lousas. Muros de pedra e cachotería. Ponte ou boca con lintel e con ventanuco superior sen uso. A lareira, buraco e fornalleira atópanse en bo estado, mentres que a cuberta está moi derruída.

IGREXA DE SANTA MARIÑA

Igrexa dunha sola nave datada do século XVIII. Peche con muros de cadeirado granítico. Fachada principal coa porta con lintel e oco circular na parte superior. Remata en espadana arquitrabada de dobre vano con cruz no cumio da mesma, no izado da fachada a espadana ten oito chanzos a cada lado. Cuberta de tella a dúas e catro augas.

REITORAL DE MOREIRAS
Casa tradicional do século XVIII con planta rectangular cunha pequena parcela adscrita na traseira e directamente comunicada co camposanto. Muros de cachotería de pedra e xisto e cubertas a catro augas con restos de tella aínda que a orixinal foi de laxas de pedra. Planta baixa para os animais e apeiros mentres a planta nobre atopase no primeiro piso. Na actualidade atopase practicamente en ruínas e deshabitada.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal