A BATALLA

Máis que unha festa

Festa histórica baixo o nome de “1809 A Batalla”, e que atrae ao municipio ourensán de Boborás a centos de curiosos tanto do lugar como doutros puntos nacionais e internacionais. A diversión, a emoción, o reencontro coa historia é o que vivirán todas persoas que o 3º fin de semana de agosto de acheguen a Pazos de Arenteiro, lugar que ademais de ser Monumento Nacional ten dende 1973 a declaración de Conxunto Histórico Artístico. Con esta festa retrocederemos ata o ano 1809, e poderán vivir en primeira persoa os episodios ocorridos durante a batalla que alí se librou contra os franceses, sendo un exército formado por voluntarios do lugar e dos arredores capitaneados polo coronel Bernardo González del Valle “Cachamuiña” os que conseguiron a súa retirada definitiva despois de varios intentos.

Trátase dun dos conatos vividos na Guerra da Independencia (1808-1814), a tamén chamada “La francesada”, na que o monarca galo José Bonaparte -a instancias do seu irmán Napoleón-, quixo facerse co trono hispano. Os anfitrións non cederon, e Fernando VII acabaría impondo a súa orde, liberando a España das forzas estranxeiras. Para teatralizar este capítulo da nosa historia, preto de 100 voluntarios -tanto do mesmo pobo como doutras parroquias do concello como Brués, Astureses, Cameixa… así como de O Carballiño, Lalín, Leiro, Maside ou Ourense, -entre outros lugares- vístense de combatentes dos dous bandos durante estes dous días.

 

Consulta aquí o cartaz e programa da edición de 2018: