Category: concello
Eduard Velasco e Camilo Nogueira premios Antón Losada Diéguez 2020

O fallo do premio Antón Losada Diéguez que organiza tanto o Concello de Boborás como o do Carballiño coa colaboración da Deputación de Ourense , que xa vai pola súa XXXV edición e que se celebrou no edificio sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás ás 11.00 horas de hoxe deu co seguinte resultado.

CREACIÓN LITERARIA

Por parte dos membros do Xurado analízanse todas e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria e como resultado do estudo e deliberación resulta premiada por maioría o libro “Os días felices de Benvido Seixas” do autor Eduard Velasco e da editorial Xerais.

Neste caso o  xurado explica “Eduard Velasco que se revelou na literatura de noso con dous poemarios, estréase na narrativa cunha novela ben estruturada na que participan personaxes moi traballados e cun ton humorístico logrado, de agradecer no sistema literario galego. Os días felices de benvido Seixas evita as modas, e o autor decide contar as peripecias con frescura”.

INVESTIGACIÓN E ENSAIO

Neste caso tamén resulta premiada por maioría  tras un amplo debate a obra “Unha nación no munod. A razón resistente (1480-2010)” do autor Camilo Nogueira e da editorial Xerais, segunda vez que resulta premiado no Antón Losada Diéguez.

O xurado considerou que este ensaio de Camilo Nogueira é o derradeiro elo dunha triloxía adicada a Galicia como nación no mundo: unha interpretación suxestiva que se basea nun importante coñecemento e reflexión da Galicia dos últimos cinco séculos”

 

Cabe destacar que tanto nas modalidade de Creación Literaria como no de Investigación e Ensaio o xurado destacou a gran calidade das obras presentadas que foron de 17 e 19 respectivamente.

Ambas categorías están dotadas con 6.000 euros cada unha delas.

A entrega do premio será o vindeiro 7 de novembro de 2020 no Pazo de Moldes.

O xurado estivo composto nesta ocasión polas seguintes persoas:

PRESIDENTA:

– Dona Ana Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás

VOGAIS:

– Don Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño

– Don Luis González Tosar,  representante da Deputación de Ourense

–  Don Xosé Manuel Núñez Seixas, representante do Consello da Cultura Galega.

– Don Clodio González, representante da Real Academia Galega

– Don Xosé Fernández Salgado, representante da Universidade de Vigo

– Don Xosé Manuel Salgado Rodríguez, representante da Universidade de Santiago de Compostela.

– Don Manuel Ferreiro Fernández, representante da Universidade da Coruña

SECRETARIA:

  • Dona Carmen Janeiro Estévez, funcionara do Concello de Boborás

 

Non asiste Francisco Fariña Busto, representante do Museo do Pobo Galego, xustificando a súa ausencia.

Boborás, 03 de outubro de 2020

 

 

Axudas para material escolar para infantil, primaira e secundaria para o curso 2020/2021

O Concello de Boborás convoca as axudas para o material escolar para o curso 2020/2021. Pódesen solicitar coa traballadora do Concello dende hoxe 28 de setembro de 2020, logo da súa publicación no BOP de Ourense o sábado 26 de setembro.

 

A continuación podedes consultar as bases:

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto a cofinanciación do material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Concíbese como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

SEGUNDA: Orzamento

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

TERCEIRA: Beneficiarios.

 

Poderán ser beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o cal se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos  matriculados para o curso escolar 2020/2021 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando aos alumnos da parroquia de Astureses que teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renta per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pas dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

 

Aos efectos desta orde, a renta per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renta da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, toda vez que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

 

A renta neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base a la declaración de la renta do exercicio 2019:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da auto liquidación.

 

Segundo isto, a renta familiar aos efectos da auto declaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración del IRPF:

 

Casiña 435+ casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

 

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado O borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos membros computables que obteñan ingresos propios seguirase co procedemento descrito no punto primeiro e do resultado  restaranse os gastos reducibles e as retencións ou pagos á conta efectuados.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual  familiar

 

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos conxugues, ou  calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen deber de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente, que é o habitual, ou ben a declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos conxugues, ou calquera outro integrante percibe rendas pero só un deles ten o deber de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentara declaración do IRPF máis importe que resulte, para outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador dono IRPF excepto os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da auto liquidación, dado que o contribúente non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberán sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagos a conta efectuados.

-Cando ambos conxugues perciban rendas pero non  teñan deber de presentar declaración da renda ou ben cando o conxugue ou os conxugues non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestos supostos, os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas ao igual que no apartado anterior.

 

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

  1. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renta per cápita da unidade familiar.

 

CUARTA: Contía das axudas.

 

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Estas axudas serán  incompatibles con  cualquier otra ayuda solicitada para el mismo concepto (material escolar noutras Administracións).

 

QUINTA: Solicitude e documentación.

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

 

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2019. De non estar obrigados a presentala , requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite os ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será precisa a presentación de Declaración xurada.
  5. Tarxeta de demandante de emprego de ser o caso.
  6. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  7. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  8. Certificado do número de conta.
  9. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que este xa fora  realizado.

 

SEXTA: TRIBUNAL DE VALORACIÓN

 

Será designado pola alcaldesa e terá a seguinte composición:

-Presidenta: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación, habilitado de carácter nacional ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello, ou habilitado de carácter nacional ou da  Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

 

SÉPTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no  Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das  Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terán prioridade os que posúan unha menor renda.

O órgano competente para a instrución será a Concelleira de Educación.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será a Alcaldesa-Presidenta, en base á  proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación. Comunicarase a resolución a persoa interesada no prazo dunha semana.

 

OCTAVA: Criterios de avaliación e baremo.

 

Teranse en conta o seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o que sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5 puntos.
  • Familia numerosa: 5 puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3 puntos.
  • Familia na  que o sustentador principal sexa vítima de violencia de xénero: 5puntos.

 

  1. Factores sociais:
  • Familia incluida no Programa de Educación Familiar: 5 puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

 O prazo será dun mes a partir do día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na Base de Datos Nacional de subvencións.

 

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

 

Procederase ao pago da axuda concecida unha vez sexa presentada a factura ou faturas oficiais correspondentes o gasto en material escolar. A data límite da presentación das facturas será o 16 de decembro de 2020.

 

 

 

 

 

Fran Rei, contacontos, actuará en Boborás o 19 de setembro no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas

O contacontos Fran Rei, estará en Boborás, o 19 de setembro no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas ás 18.30 h. Será unha actuación gratuíta, dixirida a nenos e nenas e as súas familias, co título “Superheroe”. 

A historia é a seguinte :En ausencia, por motivos laborales, de Supermamá, nuestro Superheroe deberá salvar a la humanidad de terribles amenazas, sin olvidar la conciliación. Así, deberá luchar contra peligrosos agentes malignos mientras prepara las meriendas, pone una lavadora o cambia un pañal. Y todo, en el ajustado tiempo que le deja la apretada agenda de actividades extraescolares de sus hijos. Una desventura cómica que bebe tanto de las grandes y populares producciones cinematográficas de superheroes, tan de moda en los últimos años, como de la apasionante experiencia de la paternidad, que pretende ser un sentido y sincero homenaje a todos y todas los/as superheroes y superheroínas que, día a día, nos hacen la vida más fácil, más hermosa y más feliz.

 

Esta actividade encádrase no programa “Cultura no camiño” do AGADIC, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

 

A actuación contará con todas as medidas preventivas do COVID-19.

 

Podedes obter máis info do espectáculo na seguinte enlace: http://www.culturactiva.org/es/espectaculo/superheroe

Mulleres Empoderadas: Curso de fotografía

Outro dos Obradoiros que avanzamos nestos días, e que se fai gracias a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, é o de Fotografía, con parte formativa teórica o xoves 10 de setembro dende ás 19.00 h e parte práctica o sábado 12 ás 10.30 h, no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás.

Anotádevos nas oficinas do concello ou no teléfono 988402008.

É un obradoiro gratuito e con prazas limitadas.

Os/as interesados/as traede a vosa cámara, tamén vale para os que teñades móbiles.

Desastronauts, circo acrobático, na Saleta o 5 de setembro
Co comezo do mes de setembro imos a programar unha serie de actividades para a veciñanza patrocinadas polo Agadic, da Conselleira de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Con todos os protocolos Covid-19 que garante a seguridade dos asistentes comezamos coa primeira delas.
Trátase de Desastronauts co seu espectáculo “Máis alto ainda”. Trátase dun espectáculo de circo acróbatico, que xa ten sido un éxito por todos os lugares polos que ten pasado.
Será o sábado 5 de setembro no Campo da Saleta, Astureses, ás 19.30 h. Apto para todos os públicos.
Anímadevos a disfrutar deste espectáculo.
Podedes obter máis información sobre este espectáculo neste enlace: http://www.culturactiva.org/gl/artista/desastronauts
NOVA ESCAVACIÓN DO CASTRO DE CAMEIXA EN BOBORÁS

O Castro de Cameixa no municipio de Boborás volve a ser obxecto de escavación durante un mes, por terceiro ano consecutivo, grazas a dotación orzamentaria por parte da Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Cultura da Xunta, cun coste total dos traballos de 12.000 euros, a petición do grupo de goberno do concello.

Desta maneira, o equipo de arqueólogos e restauradora, dirixidos por Jorge Lamas comezaron xa nesta semana cos traballos de escavación e posta en valor do xacemento arqueolóxico, seguindo o xa descuberto nas dúas temporadas anteriores.

Ata o momento, as zonas do Castro que se escavaron formaban parte do xa explorado entre os anos 1944 e 1946 por Florentino López Cuevillas e o Xocas, polo que se descubriron as estruturas que xa no seu día foran atopabas pero tapadas de novo, a petición do propietario da parcela. Nesta ocasión, os traballos centraranse nunha zona nova, polo que a expectación polos posibles descubrimentos é maior ante as sorpresas que se poidan atopar.

Lamas, o arqueólogo director, afirma “esperamos que esta campaña sexa frutífera en canto o achado de novas estruturas e materiais arqueolóxicos que supoñan un avance no coñecemento do xacemento”. Pola súa parte a alcaldesa, Patricia Torres, explica que “coma tódolos anos estamos expectantes ante o que poida aparecer, sen dúbida reforza o coñecemento do noso pasado e tamén incrementa o atractivo turístico e cultural do noso municipio.”

Nas campañas anterior, apareceron 6 metros de muralla, os restos dunha casa de palla barro, varios fogares, dúas vivendas (unha circular e outra cuadrangular) e restos de cerámica, así como fíbulas que formaban parte da vestimenta dos que alí viviron entre os anos VI a.C. e I d.C. que foi o período de ocupación do Castro.

O Concello de Boborás arranxara as estradas de Vecoña, acceso á Granxa e un vial en Cameixa con cargo o Plan Marco

O Concello de Boborás arraxará mediante a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia as estradas dende o Curro (Feás) a Vecoña, o acceso á Granxa e un camiño de Cameixa, por un importe de 46.034,45 euros dos cales as arcas municipais asumen o ive.

Esta obra é moi necesaria xa que son viais que se atopan en mal estado. A situación do Covid retrasou a tramitación da subvención, pero agora o Concello sacará a licitación da obra que comezará a máis tardar no mes de outubro.

 

Este é un dos proxectos de asfaltados que vai realizar o Concello de Boborás neste ano, anunciando nos próximos días outras das inversión a realizar neste sentido.

 

 

Concilia Verán de Boborás 2020

O Concello de Boborás como todolos anos pon en marcha o seu campamento de verán, pero  nesta ocasión debido ás medidas a tomar pola crise sanitaria do COVID-19 realizarase pero con condicionantes e normas adaptadas a esta situación para nenos e nenas de entre os 4 e os 13 anos de idade entre o 6 de xullo e o 31 de agosto nas instalacións do Edificio Sociocultural  “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás. Ten carácter gratuíto, sendo unha actividade subvencionada pola Deputación de Ourense e o propio municipio.

Deste xeito trátase un campamento terán prevalencia no acceso os nenos e as nenas empadroados/as no noso concello, habendo prazas limitadas para dar cumprimento a ratio establecida nestes momentos polo Coronavirus. Ademáis daráselle prioridade a hora de obter prazas os nenos  e nenas cuxos ambos proxenitores traballen ambos debendo acreditalo no momento de facer a solicitud de praza. Tamén terán nese sentido prioridade as familias monoparentais.

Habendo prazas libres o acceso as prazas virá determinado por estricto orde de presentación da solicitude no rexistro do Concello de Boborás.

Os nenos e nenas admitidos deberán asistir con mascarilla.

Neste campamento levaranse a cabo as rutinas hixiénicas e de distancia fisica que marca a Lei.

Pedimos colaboración das familias, o importante é a saúde de todos nos en especial neste caso dos máis pequenos. Neste sentido, destacar que se trata dun campamento para conciliar e colaborar coas familias que teñen que traballar e non tanto nun espazo de divertimento como nos anos anteriores.

Para máis información podedes chamar ao Concello de Boborás no teléfono 988402008.

 

Cartel da actividade:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descarga aqui os formularios de inscrición:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEREITOS DE IMAXE

RECOLLIDA

Convocatoria de selección de persoal de 5 peóns para brigada 2020

O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar hoxe a convocatoria de selección de persoal do Concello de Boborás para 5 peóns de servizos múltiples para a brigada municipal.

O prazo para a presentación de solictudes é de 5 días hábiles.

Podedes consultar a no seguinte enlace as bases:BASES PROCESO DE SELECCION PEONS SERVIZOS MÚLTIPLES

*Actualización 05-06-2020 Lista Provisional Admitidos/as e Excluídos/as

20200605_DECRETO 2020-0172 [LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS]

*Actualización 11/06/2020 Lista Definitiva de Admitidos

20200611_Resolución_DECRETO 2020-0187 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

*Actualización 23/06/2020 Acta do Tribunal e Resolución de Nomeamento e lista de reserva

20200623_ACTA ASINADA

20200623_Resolución_DECRETO 2020-0199 [RESOLUCION DE NOMEAMENTO]

 

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

Convocatoria para contratación de 2 brigadas de incendios 2020

O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar hoxe a convocatoria de selección de persoal do Concello de Boborás para 2 brigadas de incendios composta dos seguintes postos: 2 xefes de brigada, 2 peóns conductores e 6 peóns.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles.

Descarga no seguinte enlace as bases: BASES PROCESO DE SELECCION BRIGADAS INCENDIOS

 

*Actualización de información 10/06/2020

Lista Provisional de Admitidos/as e Excluídos/as

20200609_Resolución_DECRETO 2020-0184 [LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS BRIGADA DE INCENDIOS]

*Actualización Definitiva de Admitidos e data de probas física e escrita 15/06/2020

20200615_Resolución_DECRETO 2020-0191 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

 

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

Concello e Asociación Cultural anuncia a suspesión da Festa “1809. A Batalla” por mor do COVID-19

O Concello de Boborás e a Asociación Cultural “1809 A Batalla” comunican a decisión da suspensión da que sería a IV edición da festa “1809. A Batalla” que se ía celebrar o primeiro fin de semana de xullo en Pazos de Arenteiro, Boborás.

A crise do Covid-19 afectou o desenvolvemento normal dos preparativos desta festa, xa que nos meses previos era habitual levar a cabo os traballos de organización da mesma, que non só incluían a preparación das escenas, senón que tamén a adecuación e mellora do vestiario, a decoración e a programación, que dada esta situación é imposible.

A opción do aprazamento foi unha posibilidade que tamén se barallou mentres se tomaba esta decisión, pero debido a incerteza actual e sen coñecer cal será o desenvolvemento dos acontecementos derivados desta crise sanitaria e as medidas que se van a levar a cabo para a volta á normalidade, decidimos que a mellor opción era a cancelación deste evento festivo e cultural.

 

Así é que, con moita pena e agardando principalmente que todo volva á normalidade e se controle esta situación sanitaria, dende a organización esperamos que canto antes se poida comezar cos preparativos do vindeiro ano, con máis forza se cabe.

Alimentos para familias afectadas polo Covid-19

O Covid-19 cambiou a vida de todos, pero hai persoas que de repente perderon a súa estabilidade económica, minorando os seus ingresos, nun momento convulso e no que a incertidume impera.
Por iso, dende o Concello de Boborás queremos seguir colaborando coas persoas máis vulnerables, que agora o son máis se cabe, e tamén coas que debido a estas circunstancias se están vendo afectadas duramente.


Se algunha persoa ou familia, precisa alimentos ou ten algún problema pode chamar o Concello, tanto o teléfono 988 402 008 como o 667 552 726 e o Departamento de Servizos Sociais atenderá as súas demandas.

Non estades sós.

Agradecemos difusión para que chegue a información a quen a poida precisar.

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR POLO COVID-19

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

COMO SOLICITAR AS AXUDAS NO CENTRO EDUCATIVO

Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede electrónica ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos mediante os seguintes métodos:

a) Correo electrónico (preferentemente) no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e os datos seguintes:

· Nomes, apelidos dos proxenitores.

· Nomes, apelidos e condición de comensal do alumnado (dicir se é comensal gratuíto ou, en cambio, semigratuíto de 1 €).

· Número de conta bancaria para o aboamento da axuda.

· Vontade de solicitar a axuda de comedor polo COVID-19.

A dirección de correo electrónico para enviar estes datos é a seguinte:

ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es

b) No caso de que non sexa posible enviar o correo electrónico, poderanse enviar os mesmos datos ó teléfono móbil do colexio, a través da aplicación whatsapp.

O número do móbil do centro é : 626 336 107

Bando informativo sobre o Coronavirus

    BANDO INFORMATIVO

 

ANA PATRICIA TORRES MADUREIRA, ALCALDESA DO CONCELLO DE BOBORÁS

 

Con motivo da situación actual de contención reforzada contra a transmisión do coronavirus (COVID-19) e seguindo as recomendacións establecidas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para evitar os contaxios; Concello de Boborás cancela ata novo aviso todas as actividades culturais e deportivas dependentes do ente público.

Asimesmo, o Punto de Atención á Infancia (gardería) e o servizo de conciliación familiar, “Boborás Concilia” suspéndese dende o luns 16 de marzo, durante o mesmos período que os centros educativos de Galicia, como CEIP de Boborás.

Primarase a atención telefónica ou telématica ao público no Concello na medida do posible. O teléfono de contacto é o 988402008, o correo electrónico é administracion@boboras.gal e a sede electrónica https://boboras.sedelectronica.es.

No Concello colocáronse dispensadores de solución hidroalcohólica para que a xente poida úsalo e limpar as mans.

Se algunha persoa precisa información sobre o coronavirus pode facelo chamando o teléfono gratuíto 900 400 116. Os principais síntomas son febre, tose e sensación de falta de aire.

As medidas de protección básica recomendadas pola OMS:

  • Lavar as mans con frecuencia
  • Cubrir a boca e o nariz co cóbado o un pano desbotable ao tusir ou esbirrar.
  • Evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca.
  • Evitar espazos con moita xente.

Todas estas medidas son de carácter preventivo, pregando a calma e o sentido común da veciñanza.