Category: concello
Aberta convocatoria para contratación do persoal para dúas brigadas de incendios para 2021

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense ven de publicar o 14/06/2021, o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal para dúas brigadas de incendios para Boborás, desta maneira os postos son:

– 2 xefes de brigadas

– 2 peóns conductores

– 6 peóns

 

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 15/06/2021 e remata o 21/06/2021.

 

Descarga aquí as bases:

Bases proceso selección 2021

*Actualizacións:

– 22/06 20210622_Resolución_DECRETO 2021-0284 [Listado provisional admitidos e excluidos BRIGADAS DE INCENDIOS]

-29/06  20210629_DECRETO 2021-0297 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

-05/07 20210705_ACTA TRIBUNAL DE SELECCION BRIGADA DE INCENDIIOS 2021

20210705_Resolución_DECRETO 2021-0320 [RESOLUCION DE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA BRIGADA]

 

 

 

 

Nova convocatoria de Axudas para a hostalaría, restauración e turismo rural de Boborás por mor do COVID-19

O BOP de Ourense ven de publicar hoxe, 29/05/2021, as bases que rexen a convocatoria de axudas para os negocios de hostalaría, restauración e turismo rural de Boborás, cunha contía total de 17.000 euros o que supón 1.000 euros de axuda por cada establecemento, con fin de axudar dada a situación de pandemia que afectou a este sector.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8/06/2021.

 

 

Consulta aqui as bases: 20210504_Declaración_Bases Axudas hosteleria

 

 

INSTRUCIÓN PARA A INCLUSIÓN DAS PERSOAS DESPRAZADAS E RESIDENTES EN GALICIA NO PLAN GALEGO DE VACINACIÓN FRONTE O COVID-19

 

A maioría da poboación residente en España ten recoñecido o dereito a protección da saúde con cargo os fondos públicos, incluíndo as persoas estranxeiras que encontrándose en España non teñan concedida a súa residencia legal. Toda esta poboación está sendo incluída nos diferentes grupos de vacinacion establecidos. Aínda así, hai persoas que residen en Galicia, con outro tipo de coberturas sanitarias: por exportación do dereito dende o seu país de orixe, privados ou calquera outra situación asimilada.

A comisión da Saúde Pública do Consello Interterritorial aprobou a vacinación fronte ó Covid-19 para as persoas estranxeiras residentes en España, no lugar onde se atopen desprazadas, co obxectivo de garantir a protección individual e colectiva para o conxunto da cidadanía, e iso inclúe a nosa poboación emigrante.

As persoas que estén nesa situación poden vir a Concello de Boborás a informarse e tamén se lle tramitará a solicitude para a vacinación.

 

Máis información: 988402008 e preguntar Rosy

 

 

 

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DA XUNTA DE GALICIA

Beneficiarios: As persoas físicas titulares dun ben inmoble, recurso ou elemento.

Actuacións subvencionables:

  • Tratamento de paredes medianeiras vistas.
  • Revestimendo e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir.
  • Renovación do acabado exterior das fachadas
  • Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento.
  • Acondicionmanento e mellora de peches de predios de gran dimesión.,
  • Revestimento de muros de cerramento de predios.
  • Sustitución de celosías e outros tipos semellantes.

 

Documentación:

  • Memoria técnica das actuación das acción
  • Documento que acredite a titularidade
  • Reportaxe fotográfica

 

O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

PRAZO: Ata o 31 de maio de 2021, pero terase en conta a a orde cronolóxica de entrada das solicitudes ao tratarse de concorrencia non competitiva.

 

Para máis información: servizo de urbanismo do Concello de Boborás ou no teléfono 988402008 ou no enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.html

 

Bando informativo limpeza das faixas secundarias para a prevención dos incendios
Faise público este bando para a limpeza das faixas dos cincuentas metros arredor nos núcleos de poboación co fin de protexelos dos incendios. Deberán estar limpos antes do 31 de maio de 2021, co mantemento da mesma durante todo o periodo do verán, todos os terreos sen restos de maleza así como das árbores como mimosas, piñeiros, eucaliptos… que son pirofitas.
No caso das parroquias de Albarellos e Xurenzás, declaradas pola Xunta de Galicia priorizadas, os que non o fixestes tendes a opción de adherirvos o Convenio coa Xunta para que sexa a empresa pública Seaga por un prezo de 0,35 céntimos de euro por m2. Nese caso, poden vir a informarse no concello.
Protexamos os nosos núcleos, e as nosas casas. E unha responsabilidade individual e colectiva.
Consulta aquí o bando:

 

Tarxeta bono turístico #QuedamosEnGalicia21

Obxecto

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).

2. O procedemento de concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

3. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

A quen vai dirixido?

Persoas físicas maiores de idade.

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.

3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.

Prazo

Prazo de presentación: 14/04/2021 – 02/11/2021

 

Enlace de tramitación:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU985D&ano=2021&numpub=1&lang=gl

A onde acudir

Xunta de Galicia

Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Axencia Turismo de Galicia

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546420

Email: xuridico.turismo@xunta.gal ou innovación.turismo@xunta.gal

https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2

Axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social da Covid-19 nos alugueiros de vivenda habitual da Xunta de Galicia

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual e convocar estas axudas para a anualidade 2021, que se tramitará co código de procedemento VI432E

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A quen vai dirixido?

As persoas físicas maiores de idade.

Obrigas das persoas beneficiarias .

As persoas beneficiarias, ademais das recollidas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, terán as seguintes obrigas:

1. Comunicarlle ao IGVS calquera modificación das condicións e requisitos que motivaron o recoñecemento da axuda.

2. Permitirlle ao IGVS a realización das inspeccións e as comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados e/ou o destino da subvención concedida.

3. Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.

4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

5. As demais obrigas que se derivan desta resolución.

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha duración mínima dun ano, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.

c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade familiar deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento á data da presentación da solicitude.

d) Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro correspondente ás tres últimas mensualidades inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, agás que o contrato tivese unha vixencia inferior, en cuxo caso deberá estar ao día do pagamento da renda desde o inicio do contrato. Para estes efectos, non se admitirán os pagamentos das rendas que se efectúen en metálico, debendo acreditarse mediante documento bancario.

e) Estar en situación de vulnerabilidade económica, conforme o establecido no ordinal terceiro.

f) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Non estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade familiar se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito tamén ás persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inhabitable ou inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade familiar.

b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda ou ser socias ou partícipes da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

c) Ter sido obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa que lles sexa imputable.

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

07/04/2021 – 30/09/2021

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Subvencións Plan Renove de electrodomésticos da Xunta de Galicia

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Actuacións que se subvencionan .

1. As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Son subvencionables a substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello). No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouza A, B ou C

Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación establecido no artigo 24 das bases reguladoras.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado nin o importe da subvención superar o custo do equipamento.

3. As solicitudes para a renovación de electrodomésticos presentaranse a través das entidades colaboradoras.

A quen vai dirixido?

As persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias .

1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

b) Xustificar ante o Inega, a través da entidade colaboradora, cando proceda, que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

c) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade á presentación da solicitude da axuda, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado tal e como se establece no artigo 16 destas bases reguladoras.

e) Cando non poida executar o proxecto, deberá desistir da súa solicitude.

f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os dous (2) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, calquera medio de difusión deberán incluír o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal).

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo

Prazo de presentación: 20/04/2021 – 30/09/2021

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos.

A onde acudir

Xunta de Galicia

Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541500

Fax: 981541515

Email: inega.info@xunta.gal

www.inega.gal

Presencialmente,previa cita no teléfono 981541500

Convocatoria contratación 4 peóns Servizos múltiples

O Concello de Boborás abre convocatoria para a contratación de 4 peóns de Servizos múltiples a 30 h/ semanais cunha duración de 9 meses de contrato.

Os aspirantes poden presentar a documentación a partir do día seguínte da publicación no BOP 12/04/2021 e cun prazo de 5 días hábiles.

Consulta aquí as bases:

20210412_BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEONS DE SERVIZOS MÚLTIPLES A TRAVÉS DO PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

*Actualización:

21/04/2021 20210421_Resolución_RESOLUCION LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

26/04/2021 Lista definitiva de admitidos e datas probas

20210426_Resolución_DECRETO 2021-0175 [RESOLUCION LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

30/04/2021

Acta: 20210430_actaempregabilidade

Resolución de nomeamento: 20210430_Resolución_DECRETO 2021-0189 [DECRETO DE NOMEAMENTO]

 

 

NOVO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PARA OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIR 2021

A DGT é o organismo que se encarga de emitir o permiso de conducir en España. Para elo, os aspirantes a condutores deben presentarse a un examen teórico e outro práctico para demostrar os seus coñecementos sobre as normas de circulación e habilidades ao volante.

 

Para realizar ditos exames, os aspirantes deben presentar unha solicitude previa e deberán informarse sobre as medidas frente ao COVID-19 para a seguridade de todos. Dita información atoparana no seguinte enlace: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/


Para obter os coñecementos necesarios para presentarse ao exame, poden prepararse de dúas formas: A través dunha autoescola, onde eles se encargarán de proporcionar o material preciso, ou por libre. Neste caso, podrán consultar os manuais clásicos de circulación e repasar o aprendido con tests gratuitos en formato on-line.

Aberto prazo para a solicitude das axudas para a hostalaría e o turismo rural de Boborás

O Concello de Boborás abre o prazo para a solicitude das axudas destinadas para á hostalaría e o turismo rural do municipio, actividade afectada polo COVID-19, nunha contía de 300 euros por beneficiario. Os interesados teñen 10 días naturais para a presentación das solicitudes, a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP  de Ourense que saiu o 2 de febreiro de 2021.

Nos seguintes enlaces podedes descargar as bases e dos diferentes anexos.

BASES DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA O SECTOR DA HOSTELERIA DO CONCELLO DE BOBORÁS

PUBLICACION NO BOP DE 2 DE FEBREIRO DE 2021

ANEXO I (SOLICITUDE)

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV (DECLARACION RESPONSABLE)

 

Para máis información:

 

Telefóno 988402008 e o correo electrónico secretaria@boboras.gal

Protección Civil realiza 800 horas en operativos no 2020

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boborás realizou 182 intervencións, o que supón 800 horas adicadas á veciñanza de Boborás. Nestes momentos son 17, as persoas dadas de alta na agrupación.

Foron vitais na pandemia provocada polo COVID-19.

– Desinfeccións de viais e espazos públicos.

– Compra e reparto a domicilio de alimentos para veciños.

– Compra e reparto a domicilio de medicamentos para veciños

– Reparto de Alimentos do Excendente comunitario en apoio os Servizos Sociais

– Recollida de Animais abandonados

– Asistencia en accidente

– Apoio actividades deportivas e culturais

– Retirada de árbores en estradas

– Reparto de mascarillas

E moitas máis actuacións.

O Concello de Boborás agradece o voso traballo desinteresado, prestando o voso tempo libre en prol da veciñanza de Boborás.

Abertas as inscricións para o Campamento de Nadal 2020
Cómo tódolos anos o Concello de Boborás pon en marcha o campamento de nadal, con carácter gratuíto. Neste sentido, queda aberto o prazo de inscrición para o campamento de Nadal para nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.
Debido a situación do COVID-19, terán prioridade nas prazas, todos os nenos/as cuxos proxenitores traballen ambos, (situación acreditada coa presentación dos contratos de traballo)
A data límite para a inscrición é o día martes 15 de Decembro.
A recollida e entrega das inscricions e contratos, será nas oficinas do Concello, en horario de 8 a 15.00 h.
O Concello de Boborás dará axudas de 300 euros ao sector das hostelería e turismo rural
O Concello de Boborás aprobará no pleno ordinario deste xoves unha modificación de crédito para dar axudas ao sector da hosteleria e do turismo do municipio. En total serán 300 euros por autónomo (15) e unha Pyme ascendendo a un total de 4.800 euros. Estas axudas serán compatibles coas autonómicas e demáis organismos.
O grupo de Goberno toma esta decisión para apoiar o sector máis castigado pola Covid-19, coa restricción perimetral de mobilidade e tamén co peche da actividade non esencial. Así beneficiaranse tanto bares, restaurantes e casas de turismo rural.
En breve publicaranse as bases que rexerán as axudas.

 

O Concello de Boborás elabora o seu Plan de Acción para o Clima ea Enerxía Sustentable

O Concello de Boborás, a través dunha axuda da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  para a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)  por un importe de 3.630 euros, subvencionada ao 100% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.