Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE XURENZÁS

Formada por: A Almuzara, Boborás, Franza, O Penedo de Xuvencos, As Quintás, Rodas, Sande e A Xesteira.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 29 de xuño: San Pedro de Xurenzás

LUGARES DE INTERESE

CASA CON CANZORROS EN VENTOSA

Casa tradicional con peche de cachotería e por tramos grandes perpiaños de pedra. Ten balcón con repisa moldurada apoiado sobre canzorros e o primeiro deles apoiado sobre piar de pedra. Gran portalón de entrada con lintel.

CASA CON CANZORROS EN XURENZÁS

Casarío de gran robustez con peches de cadeirado granítico. Ten solaina apoiada sobre canzorros e piares, pórche apoiado sobre piares en outra fachada e patio lateral. De estilo sobrio e popular con cubertas a catro augas en tella curva totalmente restaurada.

CRUCEIRO DO IGREXARIO
Cruceiro dun chanzo previo a base de sección cuadrangular, fuste columna ou varal octogonal rematado en capitel dórico simple e cruz sinxela. Ten unha mesa a modo de ara, ou altar de pedra sobre xambas. Atopase fronte a Igrexa a 80 metros aproximadamente.

CRUCEIRO ENTRE PRADO E VENTOSA

Cruceiro sobre dous chanzos con varal octogonal que xusto antes de chegar o capitel remata a sección cuadrangular. Capitel dórico graduado e cruz con pequeno relevo doutra cruz no centro. Atópase situado nunha beira da estrada entre Prado e Ventosa.

EIRA E CONXUNTO DE HORREOS
Agrupación de hórreos con estrutura principal mixta: en pedra son os “pes dereitos” de pedra troncocónica coroados por molas coa cara superior convexa e voando contra os ratos, as vigas de base, as columnas intercaladas, e as das esquinas, mentres os peches e portas son de madeira maiormente pino ou castaño. Cubertas de tella plana a dúas augas. Ten unha eira, cunha pavimentación feita a base de lousas de pedra, variables segundo a zona. Nela facíase unha parte da colleita como era a malla, colócanse os palleiros, deposítanse aveños, etc.

FONTE DO LAVADOIRO DE BALBOA

Conxunto de fonte, bebedeiro e lavadoiro en pedra labrada rusticamente. Non ten cubrición. Trátanse de construccións populares e necesarias para as comunidades aproveitando a auga sobrante das fontes fanse os lavadoiros de forma rectangular, cunha plataforma de pedra inclinada cara a auga para refregar.

HORREO DE XURENZÁS
Hórreo con estructura principal en pedra: ten os “pes de mesa” coroados por moas coa cara superior convexa e voando contra os ratos, as vigas de base, as columnas intercaladas, e as das esquinas en pedra igual que o peche frontal e posterior, mentres os laterais e a porta son de madeira. Cuberta a dúas augas decorada con pináculo e cruz.

HORREO DE SEIS CLARO

Conxunto de fonte, bebedeiro e lavadoiro en pedra labrada rusticamente. Non ten cubrición. Trátanse de construccións populares e necesarias para as comunidades aproveitando a auga sobrante das fontes fanse os lavadoiros de forma rectangular, cunha plataforma de pedra inclinada cara a auga para refregar.

IGREXA DE SAN PEDRO
A Igrexa de Xurenzás, é un templo de gran simplicidade constructiva con fábrica de cadeirado e cachotería de pedra e ausencia xeneralizada de decoración no exterior. Da nave principal pasa o presbiterio o traveso de un arco triunfal lixeiramente apuntado. Por a parte sur engádese unha pequena capela. No interior ten dúas alturas laterais cubertas por baldaquinos de pedra e interpretación oxival, utilizando como elementos de sostén a figuras de Santos y una columna angular con capitel de estilo bizantino. Estes baldaquinos só se conservan en cinco igrexas de toda Europa, motivo polo que recibe diversas visitas de expertos tantos nacionais como internacionais para poder ver de preto esta obra de arte.

MUIÑO DE PONTE NOVA

Gran muíño no río Viñao, propiedade do Pazo de Munín. Coa cuberta a catro augas de peche de cachotería de pedra. O máis significativo e o feito de ser tres muíños nun so, xa que ten dúas canles de saída e tres pedras de moer e sitúase coma unha ponte sobre o oco común de saída da auga das canles, e que leva a conexión co río. Ten o seu carón outra pequena edificación de baixo e un tamén en cachotería de pedra, e todo o conxunto atopase na actualidade en uso, aínda que lle faría falla unha pequena mellora.

PAZO MUNÍN

Gran edificación de varias dependencias separadas, pazo, hórreos, alpendre, capela, de muros de aparello de cadeirado e por tramos de cachotería. Ten varias solainas apoiadas sobre canzorros. Cubertas a dúas augas. Cheminea sobresaínte e rematada con pináculos. Portalón con lintel con gran brasón moldurado con baquetas sobre o mesmo. Na finca ten un hórreo de cinco claros, con estructura principal mixta, con cámara asentada sobre mesas en pedra coa cara superior convexa e voando contra os ratos. 

As columnas intercaladas, e os frontais tamén son en pedra, mentres que os peches e portas son de madeira. Cuberta de tella plana a dúas augas e remate cunha cruz grega. O nivelde protección do Hórreo e Integral e ten a categoría de B.I.C. Tamén conta cunha pequena capela, faltalle a pequena campá e o cumio no fronte. Planta rectangular, peche de aparello de cadeirado e porta principal con lintel e de madeira.

PONTE DE BALBOA
Ponte de sillería granítica de época moderna e medieval, con dous arcos de medio punto formaría parte do camiño medieval de Pontevedra a Terra de Orcellón. Está completamente alterada e refeita, con partes en formigón e unha estrada local asfaltada por encima, conserva moi pouco da fábrica orixinal.

NÚCLEO SINGULAR DE VENTOSA

Núcleo cas características típicas do tradicional, con casas en mampostería e cachotería de pedra e cubertas de lousa as mais vellas e tella do pais as outras.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal