Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE BRUÉS

Formada por: Barro, Brués, Conchouso, A Fontela, O Igresario, A Ponte, Santa Isabel, O Souto, A Teixeira e O Torrón.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 1º Fin de semana de Agosto: Festa do Carme e do San Roque

LUGARES DE INTERESE

AGUAS TERMAIS DE BRUÉS

Augas de excelente calidade e cun caudal apreciable que emana a unha temperatura de 27,4 graos. O finado Doutor Luís Miguez referíase a elas como as “mellores augas de Europa” pola súas características adecuadas para doenzas do aparato dixestivo, procesos reumáticos e enfermidades da pel.

A fonte de Brués encóntrase a cinco metros do río Viñao. Fai arredor de 25 anos había dúas casetas que funcionaban como vestiarios. Enmarcase nunha paraxe natural de incalculable valor onde árbores como os plátanos, ameneiros, sobreiras e carballos conviven en harmonía.

O manancial nace por debaixo dun monólito de pedra de granito do país que vai dar a un espazo cuadrangular, semellante a unha pequena poza de 70 cm de altura que a súa vez conta cun orificio que verte a auga ao Río Viñao. Nos meses de primavera e verán, os usuarios empozan a auga e desfrutan do baño.

A auga a súa saída deixa fíos brancos, en abundancia, é o que se coñece como o paso do Ión sulfuroso a xofre. A auga ule a ovos podres e é untuosa ao tacto. A clasificación da auga: mineralización moi débil, hipotermal (27,4 ºC), alcalina, sulfurada e fluorada.

CRUCEIRO EN BRUÉS

Cruceiro de tres chanzos previos a base de sección cuadrangular, fuste, columna ou varal octogonal rematado en capitel corintio, sobre o que atopamos unha cruz con cristo crucificado no fronte principal e virxe no reverso. No primeiro chanzo apoiase directamente unha mesa, ara, ou altar de pedra sobre xambas.

IGREXA DE SAN FÉLIX DE BRUÉS

Igrexa con aparello de cadeirado granítico. De nave única co presbiterio máis elevado a catro augas e sancristía acaroada. A fachada principal de estilo barroco mais con molduras e ornamentación neoclásica en portas e ventás, rematando cunha espadana moito máis sobria. Pináculos piramidais e de bolas nas esquinas. Varios ocos en muros laterais e porta no muro sur.

PONTE DAS POLDRAS

Ponte peonil situada no río Viñao en Brués nas proximidades do manantial de augas termais. Segundo as últimas investigacións foi construído cos restos do antigo Castelo do Orcellón. Recentemente restaurada conserva os seus orixinarios piares de pedra.

PONTE VELLA DE BRUÉS

Localízase sobre o río Viñao o seu paso pola parroquia de Brués o sur este do núcleo da Ponte, nun antigo camiño real que leva de Ourense cara a Pontevedra. Ponte de sillería medieval con arcos oxivais, varanda e desaugadoiro alintelado e dous vanos. Marcas de canteiro nos seus sillares, pavimento de lousas e pedras de río. O seu carón, a 8,80m polo E, ten un pequeno cipo co escudo da familia dos Ulloa e as letras “MT” o que está a indicar o viaxeiro que entra en terras do Conde de Monterrei

REITORAL DE BRUÉS

Casa tradicional con data de edificación de entre 1850 -1900 en forma de “L” entorno a un patio delimitado polo muro e portalón de acceso. Muros de pedra, cadeirado e cachotería de gran espesura e cubertas a catro augas. Planta baixa con adegas, pendellos, cortellos e vivenda na planta  superior.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal