Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE ASTURESES

Formada polos lugares de: Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán, Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela e Xoane.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 24 de agosto: San Bartolomeu
  • 19 de setembro: Romaría da Saleta

LUGARES DE INTERESE

ANTIGA CAPELA DE ASTURESES
Capela de planta rectangular. Cadeirado de perfecta labra e porta metálica inadaptada. Ten tellado a dúas augas de tella plana. Ten unha inscrición en un dos laterais cunha fecha de 1639. No seu día pertencía a familia dos Cervela de Pazos de Arenteiro. Os membros da mesma eran soterrados no seu interior.

CAPELA DE NOSA SEÑORA DA SALETA

Capela de planta rectangular e de dimensións medias. De aparello de cadeirado nos muros exteriores con bo estado de conservación. Pináculo caliciforme a ambos lados da fachada. Porta con lintel e pequena solaina encima da mesma. Está situada o sur este do núcleo de Fondo de Vila e ten o entorno habilitado para seu uso e unha boa situación e acceso. Nela celébrase a tradicional Romaría da Saleta.

CASA GRANDE DE ASTURESES
Casa de forma rectangular cos peches de cadeirado granítico, ventás distribuídas uniformemente, cuberta de tella a catro augas e cabe destacar unha gran cheminea, de lareira, cuadrangular en pedra.

CASA GRANDE DE XOANE
Gran casarío de planta rectangular. Con peche de aparello de cadeirado granítico. De estilo sobrio e popular. Con cubertas de tella curva a catro augas, varias solainas, galerías e pórticos cubertos o seu redor. Na traseira, e acaroada, atopamos unha pequena capela de cuberta a dúas augas e planta rectangular.

CRUCEIRO NA SALETA

Cruceiro na área da capela da Saleta, disposto sobre o cumio dunha rocha, con base circular, o mesmo que o fuste mentres que o capitel e cruz son de sección cadrada. Situado o sur este do núcleo de Fondo de Vila.

CRUCEIRO NO OUTEIRO

Cruceiro simple sen chanzos e directamente a base. Fuste de sección inicial cadrada para pasar de seguido a octogonal ou cadrado coas esquinas en chafrán. Capitel escalado invertido e cruz simple sen esculturas.

IGREXA DE SAN XULIÁN

Igrexa do románico de transición coa influencia do gótico nos arcos ca envolven. Planta rectangular de unha soa nave e ábsida semicircular. Na fachada ten unha portada de triplo arquivolta con tres pares de columnas de capiteis con motivos vexetais e  pombas afrontadas. A porta enmarcada entre dous contrafortes unidos por un quita chuvias na parte superior apoiado en 5 canecillos. Porta norte alta e estreita con tímpano sobre mochetas lisas. Na ábsida gran profusión decorativa, tanto nas 3 ventás como nos canecillos con formas de monstros e animais con libros e instrumentos musicais. 

Foi declarada Monumento por Decreto o 29 de Marzo de 1946. (BOE do 10/04/46).

MUÍÑOS NO RÍO PEDRIÑA

Dous muíños, un deles de dúas moas aínda que un so canle de traída do auga e completamente rehabilitado con peche de cachotería e cuberta de tella curva. O segundo muíño cunha soa moa atopase en completa ruína.

POMBAL ASTURESES
Pombal no centro dunha finca, posiblemente pertencente a unha casa grande do núcleo. De planta circular, con peches de cachotería de pedra encalada. Pousadoiro no propio peche vertical sobre o que se abren os ocos de acceso para pombas. Cuberta circular de tella curva. Ten o redor de 200 nichos interiores para os niños das pombas e conserva a pedra que fai de mesa para o alimento. De reducidas dimensións con porta duns oitenta centímetros de altura e no total da edificación uns tres metros.

POZA FONTE DE FONDO DE VILA

Fonte de pedra situada na entrada do núcleo. Consta de un frontón, de perpiaños de pedra rematado cun pináculo, do que sae o caño de pedra redondo. Dedúcese que foi remodelada por a cubrición de cachotería que ten o seu redor.

REITORAL DE ASTURESES
Pequena edificación sinxela de pedra, organizada en dúas plantas con accesos independentes a cotas distintas e remate cunha cuberta a catro augas de tella plana. Atopase a veira da igrexa e camposanto, de xeito entrase directamente dende a mesma. Na traseira ten unha pequena parcela de froiteiras.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal