O proxecto de obradoiros coeducativos é un programa coeducativo para o alumnado de infantil e primaria do Concello de Boborás que está composto por 9 obradoiros co obxecto de erradicar os estereotipos e a violencia de xénero e de promover a Igualdade e a resolución pacífica de conflitos.
Esta proposta pedagóxica coeducativa contén actividades que promoven a creatividade, oaprendizaxe cooperativo, a capacidade comunicativa, a actitude crítica e a educación para a paz libre de estereotipos, mediante o emprego das metodoloxías educativas máis innovadoras como o teatro, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

Do mesmo xeito, a proposta pedagóxica coeducativa promove a creatividade, a comunicación e a interpretación, mediante o emprego de metodoloxías educativas innovadoras como o teatro, a música, o baile, as TIC´S e o aprendizaxe cooperativo.

PROGRAMA 1:

Actividades coeducativas para alumnado de infantil e primaria para traballar os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a visualización das mulleres da súa contorna e a coeducación emocional.

5 de agosto. Fóra estereotipos: neste día traballaranse actividades coeducativas deseñadas para o alumnado de infantil e de primaria co fin de erradicar os estereotipos de xénero entre o alumnado.

5 de agosto: A colaborar no fogar: neste día traballaranse actividades coeducativas diferenciadas entre infantil e primaria para traballar a corresponsabilidade no fogar.

6 de agosto: As mulleres da miña contorna: actividade para visibilizar a vida das mulleres da súa contorna e visualizar os avances acadados neste momento o cal rematará cun collage das mulleres do concello.

6 de agosto. As nosas emocións e conflitos: mediante actividades de coeducación emocional para o alumnado de infantil e de primaria aprenderán a xestionar as emocións, así como a resolver os seus primeiros conflitos de maneira pacífica.

7 de agosto. Contacontos e teatro fronte a violencia de xénero: mediante improvisacións teatrais traballaranse situacións de conflito e de violencia de xénero que no caso de infantil se pautarán a través de contacontos.

 

PROGRAMA 2.

Desenvolveranse catro obradoiros co obxecto de erradicar estereotipos e previr a violencia de xénero ao tempo que se promove a igualdade e a resolución pacífica de conflitos.

8 de agosto. Cine coeducativo: mediante a visualización dunha película traballarase co alumnado a prevención da violencia de xénero nas parellas e pautaranse formas de relacións saudables.

9 de agosto. Baile coeducativo: o alumnado escoitará diferentes cancións que promoven ou ben a igualdade ou a violencia de xénero. Acto seguido escollerase unha canción que promova a igualdade e prepararase unha coreografía grupal.

12 de agosto. Teatro coeducativo: o alumnado interpretará diferentes improvisacións onde se amosarán formas saudables de parella, de resolución de conflitos e formas de violencia de xénero que o alumnado terá que identificar e analizar.

13 agosto: Radio Coeducativa: o alumnado asistente ao programa Concilia elaborará un programa de radio para promover a Igualdade con noticias, tertulia e presentación en directo.

 

Estas actividades son financiadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia,  a través da Secretaria Xeral de Igualdade,  e do Goberno de España, por medio do Minsiterio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade.