Unha variedade de rincóns para explorar
DESCOBRE XUVENCOS
Formada por: A Almuzara, Boborás, Franza, O Penedo de Xuvencos, As Quintás, Rodas, Sande e A Xesteira.
CALENDARIO DE FESTAS
- 2º e 3º domingo de maio: Festa das Mudacións.
- 13 de xuño: Festa de San Antón en Boborás.
LUGARES DE INTERESE
CAPELA DE SAN ANTÓN
Capela sinxela no núcleo da capitalidade, de claro estilo popular, con peche de aparello de cadeirado, porta en arco de medio punto e pequena fiestra circular central sobre a porta, a modo de pequeno rosetón. Cuberta a dúas augas e remate en espadana simple con campanario. Planta rectangular de nave única.
IGREXA SANTA MARÍA DE XUVENCOS
Aínda que tivo sucesivas reformas enmárcase entre as igrexas de estilo románico rural con algunha alteración da estructura e trazo orixinal. A escultura e ourivaría pertence ao Barroco, sendo de gran interese as pilas de auga bendita. Construción de muros de cadeirado, presbiterio mais elevado, muros laterais con decoración de canzorros e portalón principal de arco apuntado con arquivoltas. Fachada principal con aletóns, espadana en dous corpos e decoración con pináculos e bolas. Cuberta da nave a dúas augas de tella curva, e corpo maior no aside a catro augas.
CRUCEIRO DE XUVENCOS
Cruceiro con tres chanzos ou escalos, sobre o último gran cubo de pedra a modo de base. Saíndo dela o fuste ou varal e por diante a escultura dun crego, varal octogonal ata chegar o capitel e volta a sección cadrada. Capitel dórico cadrado y sobre el a cruz coa escultura do cristo crucificado entre dúas figuras femininas. Atópase no fronte da igrexa e cemiterio.
PAZO DE ALMUZARA
Gran casarío de planta rectangular con peche de aparello de cadeirado granítico. De estilo sobrio e popular. Os ocos das ventás distribúense uniformemente, na planta alta ten solainas e unha galería central encima do portalón da entrada. Na actualidade atopase completamente rehabilitada e en uso como casa de turismo rural e polo tanto de aloxamento. Ten 10.000 m2 de xardíns. Conta con salóns abaixo e dormitorios na primeira planta.
REITORAL DE XUVENCOS
Casa rectoral de volume rectangular nunha sola planta sobre gran pedestal e practicamente xa derruída. A casa atopase o lado da Igrexa, a maleza invadiu o interior e a cuberta derrubouse. Hoxe e difícil o achegamento a ela polo estado de deterioro no que se atopa.