Actividades Físico-Deportivas do Concello de Boborás 2019/2020
O Concello de Boborás pon en marcha novamente o calendario de actividades Físico Deportivas no Concello de Boborás 2019/2020
– Ximnasia de Mantemento en Feás ( luns, mercores e venres das 17.00 a 18.00 h por 12 euros mes)
– Ximnasia Mantemento en Boborás ( martes e xoves de 19.45 a 20.45 h por 10 euros)
– Xerontoximnasia en Brués (martes e xoves de 17.00 a 18.00 horas por 10 euros)
– Xerontoximnasia en Vecoña (xoves de 17.00 a 18.00 h por 6 euros o mes)
– Xerontoximnasia no Regueiro ( xoves de 19.00 a 20.00 h por 6 euros o mes)
– Pilates en Boborás ( luns e mercores de 18.15 a 19.15 h por 10 euros o mes)
– Bailes Latinos en Boborás ( venres de 20.00 a 21.00 h por 10 euros o mes)
– Baile Tradicional en Boborás ( sábados de 11.30 a 12.30 h por 10 euros o mes)
Comenzan as actividades a partir do 21 de outubro!
Anótate no Concello de Boborás ou no teléfono 988402008 e tamén podes probar un día e se che gusta inscribirte!
Trail Nocturno en Boborás o 2 de novembro de 2019
Nova data para o “Trail Nocturno” de Boborás. Será o 2 de novembro, con saída ás 18.30 horas dende a Ponte da Cruz de Pazos de Arenteiro, lugar o que se chegará en autobús dende o Pavillón Municipal.
A distancia a percorrer é de 16,1 kilómetros e o remae da proba haberá un avituallamento final.
Inscricións en www.emesports.es ata o xoves 31 de outubro ás 23.59 h.
Ven a disfrutar do deporte, nun lugar encantado como é Boborás. O circuito inclúe o tramo da Ruta do Pozo dos Fumes.
BOBORÁS REABRE AO PÚBLICO A RUTA DO POZO DOS FUMES
O Concello de Boborás reabre a Ruta do Pozo dos Fumes de Pazos de Arenteiro ao público, logo das obras de legalización e posta a punto da mesma. Trátase dun dos sendeiros máis coñecidos non só do Concello, senón de toda a comarca dada a súa beleza e por transcorrer polo marxe esquerdo do río Arenteiro, cun mirado cara unha fervenza coñecidas como Fumes.
O sendeiro fora denunciado no seu día por Move Boborás, e a pesar de que fóra construída en 1999, a Confederación solicitude a legalización da mesma. Nese sentido, o que solicitou foi a elevación das pequenas pontes de madeira que salvaban pequenos regatos que remataban no río. Así mesmo, tamén a colocación de vallas de protección en diferentes pasarelas.
O permiso para a legalización da mesma chegou ao Concello en febreiro de 2018, e o Concello meteu as obras na subvención do Fondo de Compensación Ambiental na súa vertente non competitiva, ascendendo a obra a 21.000 euros dos cales a Xunta aportou 10.400 euros. As obras foran rematadas neste caso en novembro de 2018, e agora logo do visto bo da CHMS o Concello levou a cabo as obras que faltaban.
Neste sentido, e dado que mentres que non estivera legalizada a ruta o Concello non podía facer ningún tipo de obra de mantemento na mesma, a entidade local unha vez realizadas as accións solicitadas pola Confederación e unha vez que a técnica lle deu o visto bo ás mesmas levou a cabo unha rehabilitación integral da ruta repoñendo toda a madeira en mal estado por unhas novas e asegurando a instalación existente co fin de garantir a seguridades das persoas que pasean pola mesma.
XIX Cross de Boborás 2019
E coma sempre coa chegada do novo ano repetimos o xa consolidado Cross de Boborás, que xa vai na 19 edición! As inscrición, cun coste de 5 euros, poderán facerse na web www.championchipnorte.com
Esta proba está incluida no circuito AviamanCross, xunto coas de Beariz e Maside!!
Descarga o regulamento: Regulamento cross 2019
Consulta os resultados:
Clases de Bailes Latinos en Boborás
O Concello de Boborás pon en marcha unha nova actividade, Bailes Latinos. Será todos os venres de 20.00 a 21.00 horas no Pavillón Municipal. O coste desta actividade é de 10 euros ao mes por persoa.
Podes anotarte ou obter máis información nas oficinas do Concello ou no teléfono 988402008.
Comezamos o venres 23 de novembro!!!
Roteiros Culturais polo Concello de Boborás 2018
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto á concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres, e o arqueólogo Jorge Lamas os “Roteiros culturais 2018”, unha iniciativa didáctica e de lecer que conta co apoio da Deputación de Ourense e que ten como obxectivo “pór en valor para veciños e visitantes o gran legado histórico e as calidades paisaxísticas do municipio de Boborás, unindo natureza e tradición nun dos concellos con maior riqueza patrimonial, un tesouro para os sentidos, que mantén viva a memoria do territorio”, afirmou Manuel Baltar.
As rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, a flora e a fauna, os castros a época medieval e as antigas fábricas de papel, cera e serradoiros, son algunhas das propostas para esta edición. O presidente do goberno provincial destacou a intensa actividade cultural que mantén o concello de Boborás, “protagonista hai días coa entrega do premio “Losada Diéguez” en Moldes, e tamén como escenario para a rodaxe a última película de Isabel Coixet, no fermoso marco de Pazos de Arenteiro e tamén en Moldes”, engadindo que os roteiros “son un exemplo da alianza da Deputación de Ourense e Boborás para seguir promovendo os importantes valores culturais e históricos do municipio”.
Patricia Torres dixo que os 84 quilómetros cadrados que ten o concello “contan cunha grande diversidade xeográfica, que poderemos contemplar nos roteiros, para os cales contaremos coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado; o mestre, investigador e músico Juan José Álvarez; o biólogo Diego Reboredo, e o arqueólogo Jorge Lamas”. Precisamente Lamas remarcou “o importante labor divulgativo que está a facer o concello de Boborás do seu patrimonio, un territorio que conta co rexistro de: 40 mámoas, cinco castros, pontes medievais, unha ducia de igrexas románicas e antigas fábricas da época moderna, factorías de papel, cera e serradoiros, lugares todos eles polos cales discorrerán os roteiros culturais”, destacou. Ademais dixo que durante os percorridos os guías ofrecerán explicacións sobre a historia do viño na zona e tamén das minas romanas e as de principios do século XX, así como da tradición do mel na comarca.
Preto de mil persoas participaron na pasada edición nos roteiros, unha iniciativa de grande éxito que a Deputación de Ourense segue potenciando xunto co concello de Boborás para divulgar e protexer o patrimonio e o medio natural desta contorna. As rutas, que se iniciaron neste mes de xuño, continuarán ata novembro, os domingos en horario de 9.30 a 13.30 horas, sendo o punto de encontro o núcleo de Boborás. Os percorridos teñen unha distancia duns cinco quilómetros e a diferenza das andainas, nesta modalidade o grupo vai facendo paradas nas parroquias da contorna, onde os guías explican as peculiaridades de cada lugar.
As datas dos seguintes roteiros -actividade coa que tamén colabora o centro de estudos “Chamoso Lamas”- son: en xullo, días 8 e 29, Feás e Cardelle, respectivamente; o 4 de agosto en Moldes; en setembro, os días 2 e 23, Pazos de Arenteiro-Albarellos e O Regueiro-Feás; 0 14 de outubro, a ruta Laxas-Pazos de Arenteiro; e en novembro, os días 4 e 18, a ruta de Moreiras-Xendive e a de Cameixa, respectivamente.
Para participar non é necesario realizar ningunha inscrición, abonda con presentarse á hora de comezo da ruta no punto de encontro, recomendándoselle ás persoas que participen levar calzado cómodo, así como auga e froita ou froitos secos para o percorrido.
Carteis das rutas:
Boborás acollerá a Copa de España de Mushing Tierra 2018
O Concello de Boborás será o lugar no que se celebre a Copa de España de Mushing Tierra 2018. Este deporte de inverno no que participan persoas e cans deportistas terá a súa competición aquí o 8 de decembro de 2018.
O circuito será nas pistas do entorno do depósito da auga de Boborás, e haberá diferentes modalidades de competición:
Un deporte de inverno no que os deportistas compiten cos seus cans en diferentes modalidades.
As inscricións poden facerse a través deste enlace: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=7640
Se non podes participar, si podes disfrutar deste espectáculo deportivo!!!! Anímate!!
Campamento de Verán 2018
Como tódolos anos o Concello de Boborás pon en marcha o seu campamento de verán, que ademais comeza nada máis rematar o cole e acaba o venres anterior ao comezo deste. Trátase dunha pequena axuda á conciliación das familias e para que os nenos e as nenas pasen un verán divertido e cheo de actividades. Tamén sabemos que é importante que os nenos e as nenas descansen, e pasen tempo coas familias, e neste sentido invitamoslas tamén a que aproveiten este periodo vacacional para estar cos pequenos e pequenas da casa.
Os nenos e as nenas que están no cole levarán nestos días a ficha na mochila, mentres que os demáis poderán facer a inscrición no propio Concello.
O campamento é para nenos e nenas empadroados/as, escolarizados/as en Boborás e aqueles/as que pasen as súas vacacións nas casas dos seus familiares neste municipio.
Podedes descargar as fichas de inscrición aquí:
Para máis información chamar ao teléfono 988402008.
X MUSHING BOBORÁS 2018
O 20 de xaneiro de 2018 celébrase en Boborás a X edición de Mushing, coas modalidades de CaniCross, Bikejoring, Relevos, Patín, Canicross Popular.
As inscricións faranse a través da seguinte web: http://acade.galitiming.com/
Podese consultar o regulamento aquí.
XVIII CROSS CONCELLO DE BOBORÁS
O vindeiro 21 de xaneiro de 2018 celebrarase como tódolos anos o “XVIII Cross Popular Concello de Boborás”.
A proba dará comezo ás 10.00 horas, e ao remate das mesma haberá un catering no pavillón polideportivo municipal.
As inscricións serán a través da web: https://championchipnorte.com/evento/detalle/page/4/id/1345/xviii-cross-popular-do-concello-de-boboras-ourense
O custo da inscrición é de 5€ para os adultos e 1 € máis polo aluguer do chip só para aqueles que non dispoñan do mesmo. No caso dos menores de idade o custo é totalmente gratuíto.
CONSULTA AQUÍ O REGULAMENTO DA PROBA:
ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA PROVINCIAL EN BOBORÁS
A Deputación de Ourense dada a numerosa matrícula do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos” ofrece aos nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, ambos incluídos, unha Escola Deportiva de Fútbol Sala profesional.
Esta escola estará atendida por adestradores da Federación provincial de Fútbol Sala, e terán 2 horas semanais a determinar cos propios pais con nenos e nenas inscritos, pero que se poderán compatibilizar co BOBORÁS CONCILIA.
O coste da actividade será de 9 euros mensuais.
A Escola Deportiva de Fútbol Sala comezará a funcionar no mes de xaneiro e ata o de xuño de 2017, con previsión de continuidade para o vindeiro curso SETEMBRO 2018-XUÑO 2019.
PRAZO LIMITE PARA ANOTARSE: 29 de decembro de 2017.
Para máis información chamar ao 988 402 008 ou nas oficinas municipais.
Mándarase a folla de inscricion tamén polo colexio.
15º Roteiro Cultural: Molín, un ano despois
O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para rematar o programa para este ano toca o 5 de novembro a visita a Molín, na que ademais de ver o seu rico patrimonio arqueolóxico e mineiros veremos como se recupera tralo incendio que sufrio en setembro de 2016.
Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é a Igrexa de Brués. É importanteg levar calzado cómodo, auga e algunha froita.
Duración aproximada: 4 horas.
Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!
14º Roteiro Cultural: Parroquia de Astureses
O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para seguir este mes de outubro a parroquia a visitar é a de Astureses o día 15.