Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE PAZOS DE ARENTEIRO

Formada por: Figueiredo, O Igrexario, O Pazo, Pazos de Arenteiro, Requeixo, e A Vila.

CALENDARIO DE FESTAS
  • 16 de xullo: Festa da Virxe do Carmen
  • 6 de agosto: Festa de San Salvador
  • 17 de agosto: Festa do San Roque

LUGARES DE INTERESE

CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO PAZOS DE ARENTEIRO

Pazos de Arenteiro é o único Conxunto Histórico- Artístico dende 1973 que existe no rural galego sendo un dos 27 centros históricos de Galicia. Pazos de Arenteiro é unha das xoias mellor conservadas no que a arquitectura galega se refíre, está formado por unha igrexa románica, un conxunto de pazos e casonas importantes e dúas pontes de orixe medieval.

Pazos de Arenteiro pode presumir de ser un lugar con 1000 anos de historia documentada. A primeira referencia aparece en 1158 no testamento ou carta de doazón dada pola abade Pelagio Gonçálvez ao seu mosteiro de San Clodio. Neste documento déronlle o nome de Palacios de Argentario.

O esplendor desta vila veu por un lado primeiro dende o século XII  pola Orde do Santo Sepulcro e en 1542 pola Encomenda de San Xoán de Xerusalén a auténtica dinamizadora da vida socioeconómica desta parroquia e xa no século XVI o favorable comercio do viño, que aportan gran benestar económico o que da lugar a un cambio no urbanismo produto do esplendor que Pazos acadará en época barroca.

A igrexa románica de San Salvador, s. XII, é un impoñente edificio. No seu interior destaca o Retablo dos Aroúxeles do Mestre de Sobrado e  a Virxe do Leite do s. XVI. No exterior a portada románica é un gran expoñente deste estilo ao igual que a ábsida e a portada renacentista.

Se visita Pazos de Arenteiro, abra ben os ollos, desfrute, o paseo por estas rúas farao viaxar no tempo.

 

Fotografía: Juan José Álvarez

CASA DE ARRIBA
Coñécese como “Pazo de Arriba” e pertence a mesma familia Cervela que ten outro no mesmo núcleo. Ten planta rectangular de perpiaño e distintas alturas polo desnivel do terreo. Fachada principal sobria cun balcón con repisa sostida por catro canzorros moldurados e con varanda de ferro.  Ten tres chemineas con cornixas e remates piramidais de bola. Cuberta a catro augas de tella totalmente restaurada. Na actualidade divídese en dúas partes, unha habilitada e acondicionada e outra en proceso de restauración. Ten un escudo na fachada principal. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro.

CASA DO MÉDICO

 Casarío de planta cadrada e dúas alturas polo desnivel do terreo. Fachadas semellantes, sobrias e con solaina. Cuberta a catro augas de tella. Gran patio traballado e privado o seu redor e boas vistas por atoparse no limite do núcleo. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro. 

CASA DO PALENQUE
Casarío en forma cuadrangular e muros en aparello de cadeirado granítico. De estilo sobrio e popular con un balcón apoiado sobre canzorros e varanda de forxa. Carpintería de madeira e cuberta a tres augas de tella. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro.

CASA DE PENEDO

Casa solariega sita en Pazos de Arenteiro. A pesar de non ter escudo, é unha edificación de gran importancia xa que no seu momento foi a morada do Inquisidor de Santiago. A varanda principal procede do balcón do Mosteiro de Oseira, logo da desamortización de Mendizábal. Actualmente foi rehabilitada e o seu estado de conservación é óptimo.

CONXUNTO ARTÍSTICO DE PAZOS DE ARENTEIRO

Pazos de Arenteiro é o único Conxunto Histórico- Artístico dende 1973 que existe no rural galego sendo un dos 27 centros históricos de Galicia. Pazos de Arenteiro é unha das xoias mellor conservadas no que a arquitectura galega se refíre, está formado por unha igrexa románica, un conxunto de pazos e casonas importantes e dúas pontes de orixe medieval.

Pazos de Arenteiro pode presumir de ser un lugar con 1000 anos de historia documentada. A primeira referencia aparece en 1158 no testamento ou carta de doazón dada pola abade Pelagio Gonçálvez ao seu mosteiro de San Clodio. Neste documento déronlle o nome de Palacios de Argentario.

O esplendor desta vila veu por un lado primeiro dende o século XII  pola Orde do Santo Sepulcro e en 1542 pola Encomenda de San Xoán de Xerusalén a auténtica dinamizadora da vida socioeconómica desta parroquia e xa no século XVI o favorable comercio do viño, que aportan gran benestar económico o que da lugar a un cambio no urbanismo produto do esplendor que Pazos acadará en época barroca.

 

 

 

 

A igrexa románica de San Salvador, s. XII, é un impoñente edificio. No seu interior destaca o Retablo dos Aroúxeles do Mestre de Sobrado e  a Virxe do Leite do s. XVI. No exterior a portada románica é un gran expoñente deste estilo ao igual que a ábsida e a portada renacentista.

IGREXA DE SAN SALVADOR

Igrexa románica con certos elementos góticos. Ten nave única e ábsida semicircular. Foi emprazamento dunha encomenda da orde de San Xoán de Malta. Ten unha portada de gran riqueza decorativa con dentes de serra e pequena cruz no tímpano. Dous pares de columnas con capiteis con motivos vexetais e aves. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro. 

MUÍÑO DA CARAUQUELA
Muíño de gran tamaño e actualmente en ruínas. No seu tempo tiña dous rodas de moer. Situado o carón do río Avia e preto do ponte de acceso a Pazos. Ten grandes muros e peche de cadeirado dos que mantense tres en pe. Non ten cuberta, pero as moas e os canais de paso da auga seguen no seu sitio.

MUÍÑO DO ARENTEIRO

Muíño actualmente en ruínas. Situado o marxe dereito do río Arenteiro e preto do ponte medieval. Ten grandes muros e peche de cadeirado pero sen a cuberta. No interior podemos ver as moas e os canais de paso da auga seguen no seu sitio. 

O PALENQUE

Situado na subida que da acceso a igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro. Agora mesmo é unha balconada que da acceso a un grupo de vivendas. Na súa orixe trátabase dun espazo pechado no que se celebraban espectáculos públicos de tortura, ordenados polo inquisidor.

PAZO DE CERVELA

Gran casarío con muros en aparello de cadeirado granítico. Corpo elevado debaixo do cal está o portalón de entrada de madeira moldurada con doelas en forma de lintel na parte superior e que conduce a través de un amplo limiar a o patio. Sobre o portalón gran escudo heráldico, con grandes motivos decorativos, vexetais e de boa talla. Cuberta a dúas e tres augas, con tella curva e adornos con pináculos de bola. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro. 

PAZO DOS FEIXOO

Situado xunto a estrada local que vai a Pazos. A súa construcción comezou no 1553 e mais tarde aumentou e foi reconstruído. Hoxe conservase unha edificación pequena, de ampla solaina formando ángulo, apoiada sobre arcos de medio punto que descansan sobre piares. Varanda de pedra e cuberta soportada por piares de sección cadrada. Portalón de entrada desde a carreteira con lintel e tres pedras de armas. Xunto o mesmo edificio atopamos outro reconstruído, onde noutra época abícase a adega. O patio e  a finca rodean os edificios. 

PAZO DE DOÑA ELISA

Casarío en forma de U con patio interior e muros en aparello de cadeirado granítico. Na fachada a praza ten un balcón con repisa moldurada e varanda metálica  na que se pode ver un gran escudo na parede, flanqueado por aleróns e coroado con penacho vexetal de boa talla. Cubertas a dúas  augas de tella. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro. 

PETO DE ÁNIMAS

Peto de ánimas saínte do muro de peche do ábsida da igrexa, dando a praza principal do núcleo. Aínda así ten as tres partes clásicas, a base rematada en mesa, a parte central onde atópase a ornacina como pequena capela iconográfica con arco de medio punto e releve no seu interior pechado con pequeno enreixado metálico, e a terceira parte superior remata en frontón con molduras. Ao ser Pazos de Arenteiro un lugar de paso entre o Ribeiro e Santiago de Compostela, os camiñantes, arrieiros e  comerciantes que transitaban por esa ruta, depositivan unha pequena ofrenda neste peto para que tiveran unha boa viaxe. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro.

PONTE DA CRUZ

Disponse sobre o río Avia. Gran monumentalidade, e ata fai pouco semellaba mais ben unha ruína polos danos da guerra da independencia. Na actualidade da ponte antiga conservase unicamente unha arcada de boa labra das catro orixinais, das que temos os baseamentos, mais fíxose unha intervención actualizada cunhas estructuras metálicas e pavimento de madeira, todo elo apoiado nos antigos baseamentos. No seu orixe tivo catro arcadas completas pero debido a construcción do embalse nas proximidades, o leito do río diminuíu e de aí a desproporción da súa dimensión.    

PONTE DO SANTO SEPULCRO

Ponte medieval sobre o río Arenteiro no antigo camiño A Pazos, de dous vans con luces de 10 e 4,82 metros, de sillería con arcos de medio punto e desaugadoiro alintelado. Rasante lixeiramente alombada. Presenta un robusto machón no que estriban os dous arcos, sobre a clave da arcada maior apreciase a cruz do Santo Sepulcro e o releve dun Santo. Obsérvanse abundantes marcas de cantería. 

REITORAL PAZO DA ENCOMENDA

Edificio de planta rectangular e dúas plantas con cubertas a dous e tres augas. Bo peche de muros de cadeirado de boa factura. Antigamente mosteiro de moito maior tamaño e importancia, reduciuse o que queda.

Está unido a igrexa por un portalón de gran arco de ½ punto con lintel, ten escudos na faciana, escadas de acceso a vivenda e unha solaina de gran tamaño na fachada lateral. Posúe varios símbolos como a cruz e a estrela de Malta. Xa atópase rehabilitado como nova hospedaría. Forma parte do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal