Category: concello
Éxito na I edición da Feira do Castro de Moldes

O Concello de Boborás en colaboración cos veciños de Moldes, recuperaron a xa esquecida Feira do Castro. Nesta primeira edición cun éxito de participación os asistentes puideron ver como se traballan os antigos oficios, mercar nos postos, participar en diversas actividades e comer no tradicional xantar a base de pulpo e churrasco, todo amenizado pola música dos Biruxes e As Faíscas de Boborás.

II EDICIÓN DA FESTA “A BATALLA. 1809” EN PAZOS DE ARENTEIRO

O Concello de Boborás e a Asociación Cultural A Batalla organizan a 2ª edición da festa de recreación histórica “A Batalla. 1809” que recrea os feitos acontencidos o 2 de marzo de 1809 cando 300 valerosos autóctonos capitaneados por Cachamuiña se enfrentaron contra 1000 soldados do exército francés de Napoléon na Ponte da Cruz, evitando o avance das mesmas. A cita será o 18 e 19 de agosto en Pazos de Arenteiro, no término municipal de Boborás.

Tralo éxito do ano pasado, nesta ocasión os voluntarios preparan con ansia esta segunda edición na que se estrearán os traxes dos soldados recreando o do rexementos do 66, un dos que se atopaba en Ourense no momento do enfrentamento. Así mesmo, os galegos tamén lucirán as vestimentas da época.

Ademais coma o ano pasado as esceas feitas polos propios voluntarios, que suman 80 persoas,  sorprenderán a todos os asistentes, completando un programa cheo de actividades.

Ven e víveo!!

O Concello inviste 65.000 euros en mellora de estradas co Plan Marco 2018/2019

O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora en varias estradas do municipio por valor de 65.006,04 euros, que se suman os 65.000 euros anunciados semanas antes. Estes traballos que comezarán nas próximas semanas e estarán rematados antes do outono de 2018. Desta cantidade, 53.724 euros son aportados a través do Plan Marco 2018/2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, mentres que a contía de 11.282,04 euros correspondente o IVE será asumido polo propio Concello.

Así as actuacións a realizar son as seguintes: vial na parroquia de Brués, paralelo a rúa de Santa Isabel, estrada de Cameixa a Albarellos, camiño que comunica o lugar de Cameixa con Figueiroa pasando por onde o campo da festa, a que vai de Ensalde a Ventosa e o acceso dende a N-541  Fonte Moreiras chegando a Moreiras.

Desta maneira os traballos consistirán na reparación do firme, con eliminación de raiceiras onde existan, bacheo e cobertura asfáltica así como limpeza da vexetación existente nas beiras das mesmas. No caso de Brués, ademais ten que colocarse sistemas de drenaxe posto que na actualidade é un vial no que acumula moita auga cando chove.

O Concello de Boborás anunciará nos próximos días novas actuacións estradas municipais para este 2018.

Convocatoria contratación brigadas de incendios 2018

O Concello de Boborás convoca a contratación para dúas brigadas de obras para a campaña 2018 conformada polos seguintes postos 2 xefes de brigada, 2 péons condutores e 6 peóns.

Consulta aquí o anuncio do bop.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Consulta aquí as bases:

bases incendios 2018

 

Consulta aquí a lista provisional de admitidos/excluídos:

DECRETO 2018-0333 [LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS]

 

Consulta aquí a lista definitiva de admitidos, tribunal e data das probas:

DECRETO 2018-0346 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

 

 

Para máis información nas oficinas do Concello ou no teléfono 988402008.

O Concello de Boborás e a Confederación arranxarán a ponte de Balboa por 60.500 euros

O Concello de Boborás en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño Sil comezará coas obras do arranxo da Ponte de Balboa nos próximos días e logo de que chegara finalmente o último permiso pertinente para a mesma.  O importe total da obra ascende a  60.500 euros.

As obras deseñadas teñen por obxecto a restauración, o reforzo e a consolidación da pila central da ponte.

Ao ser un ben catalogado no PXOM foi precisa para a súa reparación diferentes informes sectoriais, sendo o último deles o do control arqueolóxico ao ser unha ponte de orixe medieval, que chegou nos últimos días e polo que sufriu retrasos o inicio dos traballos de reparación.

A Ponte sufriu danos no seu pilar central por mor dos golpes recibidos por diversos troncos e nas enchentes do río Viñao. Neste sentido o Concello de Boborás solicitou un informe do enxeñeiro especialista de pontes que calculou os danos e a situación da estruturas para valorar o risco de derrube da mesma. Nese momento o concello a espera da resolución pechou o acceso por precaución e tralo informe do experto abriuna o tráfico, xa que a pesar de precisar unha intervención non presentaba perigo algún.

Boborás arranxará catro estradas con cargo ao Plan Marco 2017/2018 por valor de 65.000 euros

O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora en varias estradas do municipio por valor de 65.006,04 euros. Estes traballos que comezarán nas próximas semanas terán que estar rematados antes do 1 de setembro de 2018. Desta cantidade, 53.724 euros son aportados a través do Plan Marco 2017/2018 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, mentres que a contía de 11.282,04 euros correspondente o IVE será asumido polo propio Concello.

Así as actuacións a realizar son as seguintes: acceso á Fenteira dende a N-541, acceso ao núcleo do Curro (Féas) dende a estrada da Deputación, vía que comunica a N-541 cos núcleos de Rodas e As Quintás na parroquia de Xuvencos e por último o acceso a Paredes en Albarellos.

Os traballos consistirán na limpeza das marxes, reparación da capa de rodadura degradada para finalmente facerlle dobre rego asfáltico.

O Concello de Boborás anunciará nos próximos días novas actuacións estradas municipais para este 2018.

Boborás e a Deputación de Ourense presentan os “Venres Interpretados” en Pazos de Arenteiro

O municipio de Boborás prepárase para acoller os “Venres interpretados”, unha iniciativa coa que da a coñecer os lugares máis emblemáticas da zona antiga de Pazos de Arenteiro, como a igrexa, a casa reitoral, os pazos, e outros lugares destacados, a través dun total de 11 visitas interpretadas. A presentación desta proposta cultural tivo lugar o día 26 de xuño no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e a representante de “Plan B”, entidade organizadora da actividade, Sonia Buján.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa cultural que “pon en valor e da a coñecer o noso patrimonio, tanto aos turistas coma aos propios veciños, para que a través do teatro, poidan descubrir os lugares máis emblemáticos da zona antiga desta aldea”, explicou Rosendo Fernández.

O lema desta edición é “Saca o artista que levas dentro” e as visitas comezarán o 29 de xuño, e repetiranse tódolos venres ata o día 7 de setembro, ás 22.00 horas, para aproveitar a escuridade para unha mellor ambientación da trama. Nas visitas, cunha duración aproximada dunha hora, participarán catro actores que irán saíndo ao encontro dos participantes, creando unha atmosfera de misterio na que, chegado o momento, o grupo terá que implicarse na procura de descifrar un feito esencial relacionado co evento.

“A sorpresa é parte do atractivo desta actividade coa que se destaca o valor dos lugares de tanta riqueza patrimonial desde o punto de vista lúdico”, explicou Sonia Buján, afirmando que facer estas visitas por medio da interpretación “permite chegar a máis xente”.

A concelleira de Cultura e Turismo de Boborás agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense para poder desenvolver esta iniciativa, e salientou o éxito que está a ter esta proposta cultural tanto con veciños do municipio e da contorna como por parte de turistas” posto que no ano 2017 esta iniciativa acolleu 700 participantes.

Os interesados en participar nestas visitas, que son de balde e para tódolos públicos, deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622. O aforo de cada visita está limitado a 30 participantes por sesión, “co obxectivo de que todos poidan gozar da actividade ao cen por cen”, sinalou Sonia Buján.

Aprol rural: contratación de dous péons

O Concello de Boborás procederá a seleccionar a dous péons para traballar nesta instutición a través da Subvención da Xunta de Galicia, Aprol Rural. A preselección será feita directamente polo INEM e logo fara o concello a selección das dúas persoas seleccionadas tendo en conta as bases establecidas e que se adxunta a continuación.

DECRETO 2018-0306 [BASES PROCESO SELECTIVO APROL RURAL FORESTAL]

*Actualización 28/06:

acta aprol 1

acta aprol 2

 

Máis información nas oficinas do Concello de Boborás ou no teléfono 988402008.

Nova convocatoria para contratación de guía turistico

Logo de que na anterior convocatoria a praza quedou deserta, a Xunta de Goberno Local aprobou novamente as bases polas que se rexerán a contratación. O prazo para a presentación de solicitude é de 5 días hábiles a partir do día de publicación do BOP (neste caso o 30/05/2018).

Titulación mínima requerida: Título de grao en turismo ou equivalente, ciclo superior en turismo, FPII ou equivalente. Titulo de grao en Historia. Titulo de grao en Historia de Arte.

Pulsa no seguinte enlace para descargar as bases:

BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN GUIA TURISTICO-1

*Actualización 08/06: Lista definitiva de Admitidos, nomeamento de tribunal e data do exame

DECRETO 2018-0282 GUIA TURISTICO LISTA DEFINITIVA

*Actualización 18/06: Proposta de nomeamento

DECRETO PROPOSTA GUIA TURISTICO

 

Pulsa no seguinte enlace para ver a publicación no BOP:

 

 

 

Ciclo de Maxia polas parroquias de Boborás

O Concello de Boborás na procura da dinamización social e cultural do municipio pon en marcha para este 2018 un ciclo de “Maxia” por tódalas parroquias, e baixo o título “Unha viaxe fantástica” espectáculo dunha hora de duración e a cargo do mago “Le Grand Martin”.

Con carácter gratuíto, é apto para tódolos públicos.

Este é o calendario de actuacións:

  23/06: Xurenzás- 19.00 h- Area Recreativa
  30/06: O Regueiro-  19.00 h- Entorno Igrexa    
 08/07: Feira de Feás -12.00h – Campo da Festa
  14/07: Xendive -19.00 h  –  Entorno Cruceiro
  21/07: Moreiras- 19.00 h – Campo da Festa de Becoña
  28/07: Laxas- 19.00 h -Campo dafesta
  04/08: Feira de Moldes- 12.00 h- Campo da Feira
  11/08: Albarellos -19.00 h- Capela de Paredes 
 16/08: Pazos de Arenteiro- 19.00 h -Praza da Vila
 25/08: Astureses-19.00 h- Cruceiro Outeiro
  01/09: Cardelle- 19.00 h -Praza da Igrexa
 08/09: Xuvencos- 19.00 h – Local Social Almuzara
 15/09: Brués-19.00 h- Local Social
 22/09: Cameixa- 19.00 h – Praza de Cameixa

 

Para máis información chamar ao teléfono 988402008.

 

Campamento de Verán 2018

Como tódolos anos o Concello de Boborás pon en marcha o seu campamento de verán, que ademais comeza nada máis rematar o cole e acaba o venres anterior ao comezo deste. Trátase dunha pequena axuda á conciliación das familias e para que os nenos e as nenas pasen un verán divertido e cheo de actividades. Tamén sabemos que é importante que os nenos e as nenas descansen, e pasen tempo coas familias, e neste sentido invitamoslas tamén a que aproveiten este periodo vacacional para estar cos pequenos e pequenas da casa.

Os nenos e as nenas que están no cole levarán nestos días a ficha na mochila, mentres que os demáis poderán facer a inscrición no propio Concello.

O campamento é para nenos e nenas empadroados/as, escolarizados/as en Boborás e aqueles/as que pasen as súas vacacións nas casas dos seus familiares neste municipio.

Podedes descargar as fichas de inscrición aquí:

FICHACAMPAMENTO

DEREITOS DE IMAXE (1)

RECOLLIDA (1)

 

 

Para máis información chamar ao teléfono 988402008.

Convocatoria para contratación laboral temporal de un/ unha guía turístico

O Concello de Boborás por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 11/04/2018, aprobou as bases reguladoras para a contratación temporal dun/dunha guía turístico municipal.

A continuación podes consultar as bases:

BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN GUIA TURISTICO

Pulsa aquí para descarga o anexo I

*Actualización 07/05/2018: Publicación lista provisional de admitidos/as e excluídos/as

DECRETO 2018-0198 [RESOLUCION APROBACION LISTA PROVISIONAL GUIA TURISTICA]

*Actualización 14/05/2018: Publicación lista definitiva de admitidos/as e data das probas

DECRETO 2018-0211 [RESOLUCION LISTA DE ADMITIDOS]

* Actualización 22/05/2018: Publicación acta asinada polo tribunal

ACTA ASINADA POLO TRIBUNAL-1

*Actualización 23/05/2018: Publicación decreto praza deserta

DECRETO 2018-0223 [DECLARACION PRAZA DESERTA]

Convocatoria para contratación laboral temporal de 2 operarios de servizos múltiples

O Concello de Boborás por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 11/04/2018, aprobou as bases reguladoras para a contratación laboral temporal de dous operarios/as de servizos multiples.

Consulta aquí:

BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO DE 2 PEONS DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Pincha aquí para descargar o anexo I

 *Actualización 07/05/2018: Publicación provisional de lista de admitidos/as e excluídos/as para o proceso selectivo.

Consulta aquí:

DECRETO 2018-0199 [RESOLUCION APROBACION LISTA PROVISIONAL]

*Actualización 14/05/2018:Publicación defintiva da lista de admitidos/as para o proceso selectivo e data das probas.

Consulta aquí:

DECRETO 2018-0210 [RESOLUCION LISTA DE ADMITIDOS]

  • Actualización 23/05/2018: Publicación acta do Tribunal

Consulta aquí:

ACTA ASINADA POLO TRIBUNAL

 

Luis Axeitos e Xosé Benito Reza, gañadores do Antón Losada Diéguez 2017

ACTA DO FALLO DO XXXIII EDICIÓN DO PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

 

Na casa do Concello de Boborás, sendo as once horas e once minutos do día vinteoito de abril de 2018, reúnese segundo o previsto nas Bases o Xurado para fallalo PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ na súa XXXIII EDICIÓN, composto polos seguintes membros.

 

PRESIDENTA:

– Dona Ana Patricia Torres Madureira, concelleira de Cultura de Boborás

VOGAIS:

– D. Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño

– D.  Manuel Doval Soto, deputado de Cultura da Deputación de Ourense

– Dona María Xesús Pato Díaz, representante da Real Academia Galega

– D. Francisco Calo Lourido, representante do Museo do Pobo Galego

– D. Pegerto Fernández Saavedra, representante do Concello da Cultura Galega

– Dona María Teresa López Fernández, representante da Universidade da Coruña

– D. Xosé Manuel Salgado Rodríguez, representante da Universidade de Santiago de Compostela

 

SECRETARIO:

  • Jorge Moreno Martín-Caloto, secretario do Concello de Boborás.

NON ASISTE:

  • Xosé Henrique Costas González, represente da Universidade de Vigo.

 

 

Despois do saúdo aos membros do xurado por parte da Concelleira de Cultura do Concello de Boborás, presidenta do xurado, declarase aberta a sesión.

Seguidamente procedese polo xurado a deliberar sobre as obras presentadas e admitidas segundos as bases, separando as de Creación Literaria e as de Investigación e Ensaio.

INVESTIGACIÓN E ENSAIO

Polos membros do xurado analízanse unha e cada unha das obras que se incluíron no campo de investigación e ensaio.

O xurado, despois dun intenso debate dada a calidade das obras presentadas decidiu por maioría conceder o premio a seguinte obra:

“MANUEL ANTONIO. UNHA VIDA DE REBELDÍA”

AUTOR: XOSÉ LUIS AXEITOS

EDITORIAL: XERAIS

 

Xustificación:

“Unha achega moi ben definida: á vida do poeta rianxeiro, analizada por un investigador de grande altura que leva moitos anos dedicado a desvelar o misterio do autor recoñecido dende sempre, pero non sempre ben coñecido. Con este libro o profesor Axeitos culmina o seu proxecto de presentarnos a Manuel Antonio, o poeta vangardista e o cidadán liberado de convencionalismo, tal cal foi, sempre á procura da liberdade.

É o ramo a edición completa da obra de Manuel Antonio. Un traballo filolóxico monumental. Extraordinario traballo de investigación nos diversos campos e no que prima o selo contrastado sobre calquera especulación.

Achega unha extraordinaria información sobre o autor, familia, contexto, formación, escola de náutica e navegación, participación política e literaria, enfermidade…

Unha visión significativa e nova sobre Manuel Antonio.”

 

 

 

 

CREACIÓN LITERARIA

Polos membros do xurado analízanse unha e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria.

O xurado, despois dun intenso debate dada a calidade das obras presentadas decidiu por maioría conceder o premio a seguinte obra:

 

“TERRADENTRO”

Autor: Xosé Benito Reza

Editorial: Xerais

Xustificación:

“Esta obra, escrita nun galego de grande riqueza, e cunha firme raíz, ou variante lingüística ourensá, achéganos a un mundo a piques de desaparecer, con personaxes moi ben trabados e construídos, especialmente o avogado da vila, un arquetipo de Galicia interior que, por diversas circunstancias,  vai ter que se enfrontar a tres misteriosos asuntos: A morte violenta dun vedraio fidalgo na súa casa, a busca da fronteira dos tesouros do que falan as lendas, tesouros soterrados dos mouros e unha inesperada aparición que conmociona a vila: a cadela do alcalde un bo día aparece pintada de verde.

A perda do equilibrio e da perfecta simbiose do pasado, xunto coa recreación e a evocación da paisaxe determinan un ritmo áxil e atractivo. En definitiva, Terradentro recolle o mellor da narrativa galega do pasado, en concreto a descrición dos lugares e dos accidentes xeográficos, introducindo novidosos elementos de avangarda que fan da novela o retrato literaturizado da realidade da Galicia interior.”

Non habendo máis asuntos dos que tratar, levantase a sesión da orde da presidencia sendo as doce horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día do que o secretario certifica.

 

A entrega do premio será o vindeiro 9 de xuño, en Moldes.