SAÚDO DA ALCALDESA
Ana Patricia Torres Madureira
Diríxome a vostedes como alcaldesa dun municipio onde a arte e a natureza camiñan da man.
Xa sexan veciños e veciñas do noso Concello, ou visitantes das nosas terras; práceme darlles a benvida. Este é un lugar, entre o Ribeiro e o Paraño, regado polos ríos Avia, Arenteiro, Viñao…entre outros, de cores verdosas e no outuno ocres e marróns, onde a natureza ten sons, ten vida, e a historia adiviñase e intúese en cada pedra, en cada monumento.
Pazos, pontes medievais, igrexas románicas e barrocas, castros, mámoas, restos de torres, eiras, horreos, cruceiros…forman parte da nosa riqueza arquitectónica.
Traballamos a diario para por en valor o noso, para que cada vez sexan máis os que nos visitan pero sobre estamos enfocados na mellora dos servizos, das políticas sociais, nas infraestruturas, en diferentes actividades culturais, deportivas…para que Boborás sexa un lugar ideal para vivir. Cerca de todo, na natureza, coa paz do rural…aquí hai vida.
Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa-Presidenta
BIOGRAFÍA DA ALCALDESA
Ana Patricia Torres Madureira naceu o 02 de setembro de 1984 en Caracas, Venezuela. Con 7 anos chegou a Boborás, terra paterna, onde se criu vivindo no lugar de Pazos de Arenteiro. Casada e con dous fillos, un neno e unha nena, estudou Xornalismo coa especialidade de Audiovisiual na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que exerceu ata pouco antes de iniciarse na política en medios de comunicación como a Cadena Ser Ourense, o Faro de Vigo, a produtora de La Región ou a Televisión de Galicia.
No 2011, entrou como concelleira de Cultura, Turismo, Deporte e Xuventude no Concello de Boborás polo Partido Popular, sendo alcalde Cipriano Caamaño. No 2015, asumiu a concellería de Educación e a portavocía a maiores. O 26 de maio de 2019, encabezou as listas do PP por Boborás nas eleccións municipais acadando 8 das 11 actas de concelleiros/as posibles.
O 15 de xuño foi investida como alcaldesa do Concello de Boborás.
Dende 2015 pertence a Xunta Directiva e o Comité Executivo do Partido Popular de Ourense.
No seu tempo libre encántalle viaxar, escoitar música, estar coa familia e amigos e tiralle moito o patrimonio.