Concello de BoborásConcello de Boborás
     
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo da Alcaldesa
    • Corporación Municipal
    • Descarga de formularios
  • Cultura
    • 1809. A Batalla
    • Danza de Xuvencos
    • Premio Antón Losada Diéguez
    • Entroido
    • Curiosidades
  • Turismo
    • Turismo por Parroquias
      • Albarellos
      • Astureses
      • Brués
      • Cameixa
      • Cardelle
      • Feás
      • Laxas
      • Moldes
      • Moreiras
      • Pazos de Arenteiro
      • O Regueiro
      • Xendive
      • Xurenzás
      • Xuvencos
    • Calendario de Festas
    • Aloxamentos e Restaurantes
    • Rutas de Sendeirismo
  • Deportes
  • Servizos Sociais
  • Novas
  • Contacta
Unha variedade de rincóns para explorar

DESCOBRE CAMEIXA

CALENDARIO DE FESTAS
  • 15 de xaneiro: San Mauro de Parada de Cameixa
  • 2 de xullo: Festa do Rosario de Cameixa
  • 5 de agosto: Festa das Neves de Parada de Cameixa
  • 24 de agosto: Romaría de San Bartolomeu da Freixa
  • 11 de novembro: Festa do San Martiño de Cameixa

LUGARES DE INTERESE

ADEGA MEDIEVAL PARADA DE CAMEIXA

Adega documentada na Idade Moderna como pertencente ao Mosteiro de Acibeiro. Tería planta rectangular agora integrada noutra edificación, fábrica de perpiaños con dúas plantas, portalón de acceso con lintel en pedra e unha inscrición. No interior pódense ver unhas escaleiras en pedra e outro portalón de aceso as bodegas con arco de media punta cegado en parte. 

CAPELA SAN BARTOLOMEU DA FREIXA

Capela pequena dun estilo mais ven colonial das Américas que propio da terra. Ten atrio cuberto que non pechado. Planta rectangular e cuberta a catro augas cun campanario metálico.

CAPELA DA VIRXE DAS NEVES
Pequena capela de planta rectangular situada en Parada de Cameixa. Fachada principal dun estilo neoclásico popular, con porta con lintel e decoración simple de releve rectangular o seu redor na pedra. Fiestras con enrellado. Sobre a porta pequena ornacina para figura con remate en seme-cúpula cilíndrica con decoración dunha concha de vieira. Pináculos con bolas nos piares ou balaústres das esquinas o mesmo que a cada lado do pequeno campanario rematado con cruz. Nas esquinas traseiras ten estatuas en vez de pináculos.

CASTRO DE CAMEIXA

Ubicado en Cameixa, na cima dun outeiro sobre o curso do río Viñao . Ten 532 metros de altitude. Foi excavado por López Cuevillas e Xaquín Lorenzo Fernandez entre os anos 1944 e 1946. Proporcionou a primeira secuencia estratigráfica nun castro da provincia de Ourense. Conta con dous recintos: un interior e outro exterior, ámbolos dous amurados. Ademáis hai otro foxo máis externo , que era un refuxio para o gando.

O historiador Manuel Chamoso Lamas foi un dos arqueológos que traballou na súa exploración.

Durante as exacavacións atoparonse restos cerámicos da Idade do Ferro e da etapa romana que nestes momentos que se encontra no Museo Arqueolóxico de Ourense.  Durante a construcción da canalización do gas atopouse unha xarra.

Na croa do castro na actualidade está erguido un cruceiro. Accédese a el a través dunha estrada local que parte dende a Almuzara da N-541 e conduce directamente a Cameixa. Alí tómase a rúa que leva a San Martiño, e polo camiño de terra chégase ó castro.

CRUCEIROS DE CAMEIXA
Cruceiro na estrada. Non ten chanzos. A base é de sección cadrada mentres o fuste ou varal ten sección circular. Capitel simple tronco piramidal invertido en chanzos, e remata en cruz simple.

En San Bartolomeu da Freixa atopamos outro cruceiro típico con tres chanzos ou escalos en forma de pirámide truncada. Base simple ou mais ben inexistente por non diferenciarse do fuste ou varal salvo no cambio de sección de cuadrangular a octogonal ou a mesma con chafráns nos cantos. 

Capitel traballado dun tipo corintio o con motivos vexetais. Cruz superior con escultura única do cristo crucificado. Situado o norte do núcleo no campo da festa, xunto o río e o muíño.

FORNO COMUNAL DE CAMEIXA
Forno comunal acaroado a outra edificación, con tellado ou capoeira de lousas a un auga, e parte dela derruída. Muros de cachotería de pedra. Porta ou boca con lintel. A lareira, buraco e fornalleira atópanse en bo estado, mais xa non e empregado por ninguén.

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CAMEIXA

A igrexa de San Martiño de Cameixa pertence ó estilo románico e data do século XII. No exterior consta dunha soa nave e unha ábsida máis unha capela lateral que funciona como sancristía. A decoración concéntrase sobre todo nas portadas principal e lateral.Na ábsida esta decoración redúcese a unha fila de arquiños cegos sobre canicelos. A portada principal está flanqueada por dous contrafortes e dous pares de columnas acodilladas con capiteis decorados con motivos vexetais. 

No interior o que máis destaca e o Arco Triunfal que dá paso á ábsida. Repousa sobre capiteis con decoración de motivos xeométricos e vexetais.A ábsida acolle no fondo o resplandecente Retablo, realizado en madeira polo Mestre Sueiro. Atópase presidido pola imaxe de San Martiño obispo. Á súa esquerda a figura dun Sagrado Corazón e na outra rúa unha escultura da Inmaculada.

Na policromía imponse a cor dourada.

 

MUÍÑO DE SAN BARTOLOMEU DA FREIXA
Muíño de fábrica de pedra variada, con grandes pedras nas esquinas e cachotería no resto. Cuberta a dúas augas de lousas e semi-derruída. Acceso principal no lateral e porta e ventá cara o oco de saída do auga, cara o regato. Tipo de muíño de regato, ou sexa con auga traída dende un regato, posiblemente do tipo “con canle” con auga directa e rodicio que o seu movemento fai xirar a  vara. Gran dimensión.

POMBAL DO PAZO DE CURRELO

Pombal de planta circular pertencente o Pazo de Currelo. Peche de cadeirado de pedra e todo o redor un pousadoiro o que se abre certa cantidade de ocos de acceso para as pombas. Cuberta circular con tella plana. Ten un tamaño maior o normal. No interior e o redor do muro ten nichos para os niños con tornarratos.

OS PAZOS DE CAMEIXA

PAZO DA GRANXA

Atópase encravada na freguesía de San Martiño de Cameixa, dentro dunha enorme finca adicada á explotación gandeira e vitícola. Pertenceu en séculos pasados a Don José Benito de Zúñiga e Zárate, marqués de Bosqueflorido. Ó longo dos anos sufriu numerosas transformacións.

Ten unha planta que se aproxima a un rectángulo, na que sobresae unha gran solaina en forma de U, orientada cara ó mediodía, con barandela de ferro apoiada sobre pilares que sosteñen dinteis. A fachada sur atópase recorrida por un balcón voado cunha gran ménsula continua balaustrada en ferro. Na planta baixa destaca a orixinal portada enmarcada por unhas pilastras acanaladas que sosteñen o lintel moldurado. Na cornixa da fachada intercálanse catro grandes caños de desaugue a modo de gárgolas. Conta con tres chemineas, construídas en forma trapeizodal, e adornadas con pináculos. No patio hai unha fonte decorada cun escudo cuartelado, e un hórreo construído en pedra e madeira, colocados sobre un muro e cos tornarratos de lousa continua. Cabe citar o pombal e aa capela, na que se amosa un escudo coas armas dos Taboada, Vilamarín e outros. O estado de conservación é bo.

 

PAZO DE CURRELO

Ubicado na freguesía de San Martiño de Cameixa. Sufriu varias transformacións. Ten planta rectangular con dúas escaleiras exteriores. O Pazo enmárcase nun amplo patio rodeado por un alto muro nas que se abren en tres das súas caras portalóns alintelados cunha cruz de pedra como remate. A Capela, sitúase en fronte da fachada principal. Nunha das fachadas laterais ergueuse unha espadana sobre o tellado que coa cornixa forma unha liña quebrada. Consérvanse dous hórreos de pedra sobre pilares formados por lousas continuas e peches de madeira, e pombal circular de sillares sen encalar.

PONTE MEDIEVAL DE PARADA
Localizada gracias as referencias do historiador X L Sobrado Pérez. Ponte abandonada e cuberta pola vexetación pero enteira, cun solo arco de medio punto apoiado nas rochas, no punto mais estreito do canón do Viñao. So se lle ve unha posible marca de canteiro polo que créese que a fábrica conservada debe ser de época moderna s XVII ou XVIII, pero sobre o trazado do camiño medieval.

REITORAL DE CAMEIXA
Casa tradicional con planta en L e patio interior delimitado polo muro do cemiterio. Muros de cadeirado de pedra e cachotería e cubertas a dúas augas con laxas. A casa atopase en estado de ruína, o tellado cedeu e os muros levan o mesmo camiño. Está directamente comunicada por pasarela de pedra e pequena portada co area da igrexa. 

ROMARÍA DO SAN BARTOLOMEU DA FREIXA

A romaría de San Bartolomeu da Freixa celébrase tódolos anos o 24 de agosto. A celebración céntrase nunha misa na honra do santo cunha procesión polo pobo que logo da paso a unha comida ao aire libre, nas inmediacións do Río Avia amenizada por con música de charangas e bandas de gaitas. A noite a verbena faise a cargo dunha orquestra. Ten unha grande tradición en todo o municipio e resto da comarca, sobre todo entre a poboación máis nova.

Sede Electrónica

Séguenos en Facebook
CONCELLO DE BOBORÁS
  • Rúa Cristobal Colón s/n, 32514, Boborás, Ourense.
  • 988402008
  • administracion@boboras.gal
Aviso Legal
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Actividades de Tratamiento

Concello de Boborás. Todos os direitos reservados. - Aviso Legal