Category: deportes
Outono Xoven
Novas actividades agora que comeza o outono!! II Xornadas Micolóxicas que se farán no Concello de Boborás con saídas ao monte. Curso de fotografía de Outono, vamos a sacar a cámara e aprender a mellor maneira de fotografar eses escenarios e paisaxes tan bucólicos cas cores tan características desta estación do ano. E para rematar faremos un curso de fotografía nocturna no lugar da Fenteira, espazo no que poderemos observa o ceo en todo o seu esplendor. Anímate a participar. Son actividades gratuítas e financiadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Voluntario e Participación da Consellería de Política Social.
Máis información no 988402008 e no correo cultura@boboras.org!!
Actividades físico-deportivas para 2017/2018

O Concello de Boborás comeza un novo curso cun novo calendario de actividades físico deportivas coa novidade este ano de PILATES.

Así temos Ximnasia de Mantemento tanto en Boborás como en Feás, Xerontoximnasia en Brués e Pilates en Boborás que ademais se fixo coincidir co horario do servicio de conciliación familia “Boborás, Concilia” para que así as nais ou os pais que asistan teñan onde deixar aos seus fillos e as súas fillas.

Pincha no cartel e consulta os horarios.

Anótate no teléfono 988402008 ou directamente nas oficinas do Concello de Boborás.

Comezamos xa en OUTUBRO!! Anímate a probar que a primeira clase é GRATUITA.

VII Ruta MTB BIKE&TRAIL Os Mosqueteiros

Os días 7 e 8 de outubro celebrarase novamento unha edición da xa tradicional cita deportiva que organiza a Asociación Deportiva “Os Mosqueteiros” e para non varias o 80 por centro do percorrido transcorre polas terras de Boborás. Que terán as nosas vistas, os nosos paraxes, os nosos camiños….que ano tras ano repiten.

Anotádevos en

7º Roteiro: Feás

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, para este mes de xullo continuamos o día 9 de xullo coa parroquia de Feás.Read More

I BTT solidaria en favor da AECC

A todos nos pode tocar!! Por iso súmate e participa na I BTT Solidaria do Concello de Boborás en favor da Asociación Española Contra o Cancro, organizada co apoio do Club Ciclista do Carballiño e a Deputación de Ourense, e que se celebrará o vindeiro 18 de xuño de 2017. A metade da cota irá destinada para esta boa causa.Read More

3º Roteiro Cultural: Cardelle 14/05

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas,  xa no mes de maio comezamos co da Parroquia de Cardelle, logo da asistencia de medio cento de persoas tanto ao de Moldes como ao de Xurenzás.Read More