O Concello de Boborás comeza un novo curso cun novo calendario de actividades físico deportivas coa novidade este ano de PILATES.

Así temos Ximnasia de Mantemento tanto en Boborás como en Feás, Xerontoximnasia en Brués e Pilates en Boborás que ademais se fixo coincidir co horario do servicio de conciliación familia “Boborás, Concilia” para que así as nais ou os pais que asistan teñan onde deixar aos seus fillos e as súas fillas.

Pincha no cartel e consulta os horarios.

Anótate no teléfono 988402008 ou directamente nas oficinas do Concello de Boborás.

Comezamos xa en OUTUBRO!! Anímate a probar que a primeira clase é GRATUITA.