8º Roteiro Cultural: Xuvencos
O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para rematar este mes de xullo faremolo o 23 na parroquia de Xuvencos.
Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é o aparcamento do Pazo de Almuzara. É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.
Duración aproximada: 4 horas.
Distancia: 3 km aproximadamente.
Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!