O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas,  xa no mes de maio comezamos co da Parroquia de Cardelle, logo da asistencia de medio cento de persoas tanto ao de Moldes como ao de Xurenzás.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso o Palco da Festa de Cardelle.  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!