O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas,  para continuar e rematar o mes de maio o 28 visitamos Brués.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso a casa de Turismo Rural Casa Brués.  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!