A todos nos pode tocar!! Por iso súmate e participa na I BTT Solidaria do Concello de Boborás en favor da Asociación Española Contra o Cancro, organizada co apoio do Club Ciclista do Carballiño e a Deputación de Ourense, e que se celebrará o vindeiro 18 de xuño de 2017. A metade da cota irá destinada para esta boa causa.

O sábado 17 de xuño, terá lugar a partir das 16.30 horas a recollida de dorsais e haberá un mercadillo solidario, todo o recadado na venta será para Asociación Española contra o Cancro. Haberá un Dj e un bar para amenizar a tarde.

Para os/as máis pequenos/as tamén o sábado haberá un Circuíto ciclista infantil, para idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, onde participarán coas súas bicis e o casco (obrigatorio). Actividade composta dun circuíto de  educación vial con sinais de tráfico e semáforo e unha parte de adestramento formada por unha gymkana de habilidade con conos, xogos e saltos.

Haberá tamén unha carpa taller de reparación de bicis, para información e posible avarias, que atenderán técnicos titulados polas Federacións de Ciclismo.

Ademáis tamén teremos un hinchable e monitores/as para atender os nenos e as nenas. As actividades para nenos e as nenas son de carácter gratuíto.

Máis información: www.btt-boboras.com

Inscripcións: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1185/i-btt-carreira-solidaria-a-favor-da-loita-do-cancro-concello-de-boboras-ourense