Category: cultura
VI edición do “Xoguete Solidario”

Como todolos anos o Concello de Boborás organiza a campaña de recollida de xoguetes para entregar nestas datas de Nadal as familias con menos recursos do municipio e con cativos ao seu cargo. Calquer momento do ano é bo para ser solidario, pero neste caso ainda máis se cabe. Por iso se tes xoguetes, libros, xogos de mesas… que xa non uses e que presenten bo estado podes entregalos ata o 19 de decembro no Concello de Boborás, no Cole de Boborás ou na consulta do Pediatra José Villanueva do Carballiño.

Para máis información: 988 402 008

 

Boborás sinaliza parte dos recursos turísticos do concello

O Concello de Boborás colocou un total de 89 elementos de sinalización turística que facilitan información na metade do municipio. Trátase dunha primeira fase cunha inversión de 52.223 euros, dos que Turismo aporta o 80% e o Concello o 20% restante, e que terá continuidade noutra anualidade ata completar todo o territorio. A portavoz do grupo de goberno, Patricia Torres, declaraba que con estas señais persiguese poñer en valor os recursos patrimoniais e naturais, facilitando información aos turistas, e o mesmo tempo orientando as súas visitas aos lugares de interese, en moitos casos dende a N-541, que era algo que viñan demandando, fundamentalmente os clientes das cincos casas de turismo rural dispoñibles.

Sete destas señais son atrís interpretativos e xa están instalados en Pazos de Arenteiro, Ponte do Santo Sepulcro, Igrexa de San Xoan de Laxas, Igrexa de San Martiño de Cameixa, Igrexa de San Mamede de Moldes, Igrexa de Santa María de Xuvencos e no Castro de Xurenzás.

Ademais, instalaronse 12 señais de madeira, 69 metálicas e un plano detallado na Almuzara para poder realizar as visitas sen guía.

Para a execución deste proxecto, o Concello contou coas autorizacións favorables da Deputación, Medio Ambiente, do Ministerio de Fomento e tamén de Patrimonio, que esixiu que a información contida fose facilitada por historiadores, para o que se contou cos membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que habitualmente colaboran co Concello con as como os “Roteiros Culturais polas parroquias”.

Desta forma, en cada igrexa aportase a información histórica e sobre a súa estrutura e arte, e tamén camiños reais e castros. A aldea de Pazos de Arentiero, declarada Conxunto Histórico- Artístico ca categoría de Monumento Nacional dende 1973 , é outro dos lugares sinalizados, ademáis de Moldes, Cameixa, Laxas, Almuzara e Brués.

15º Roteiro Cultural: Molín, un ano despois

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para rematar o programa para este ano toca o 5 de novembro a visita a Molín, na que ademais de ver o seu rico patrimonio arqueolóxico e mineiros veremos como se recupera tralo incendio que sufrio en setembro de 2016.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é a Igrexa de Brués.  É importanteg levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

14º Roteiro Cultural: Parroquia de Astureses

O Concello de Boborás continúa co programa de Roteiros Culturais para este 2017, co apoio económico da Deputación de Ourense e a través do Centro de Estudio Chamoso Lamas, e para seguir este mes de outubro a parroquia a visitar é a de Astureses o día 15.

Os/as interesados/as deberán de estar ás 9.30 horas no punto de encontro, neste caso é a Capela da Saleta..  É importante levar calzado cómodo, auga e algunha froita.

Duración aproximada: 4 horas.

 

Abride ben os ollos, e descubride os tesouros do noso Concello!!

 

Outono Xoven
Novas actividades agora que comeza o outono!! II Xornadas Micolóxicas que se farán no Concello de Boborás con saídas ao monte. Curso de fotografía de Outono, vamos a sacar a cámara e aprender a mellor maneira de fotografar eses escenarios e paisaxes tan bucólicos cas cores tan características desta estación do ano. E para rematar faremos un curso de fotografía nocturna no lugar da Fenteira, espazo no que poderemos observa o ceo en todo o seu esplendor. Anímate a participar. Son actividades gratuítas e financiadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Voluntario e Participación da Consellería de Política Social.
Máis información no 988402008 e no correo cultura@boboras.org!!
Emprende Xoven: Obradoiro de búsqueda de emprego e orientación laboral

O Concello de Boborás organiza para os días 2 e 3 de outubro de 16.00 a 19.00 h un obradoiro de búsqueda de emprego e orientación laboral a través do Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Obradoiro con carácter gratuíto. Entre outros temas aprenderase a facer o curriculum e daranse claves para a búsqueda activa de traballo, claves nas entrevistas….

Anótate no 988402008 ou no correo electrónico cultura@boboras.org

Venres teatralizados en Pazos de Arenteiro

O Concello de Boborás dará a coñecer a riqueza cultural e patrimonial da súa aldea Pazos de Arenteiro a través das “Noites teatralizadas” que se celebrarán todos os venres, do día 14 de xullo ata o 15 de setembro, ás 22.30 horas, unha actividade para todos os públicos e de balde. A presentación desta proposta cultural tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e o representante da Asociación Cultural Plan B, Darío Rodríguez.

Read More