O Concello de Boborás colocou un total de 89 elementos de sinalización turística que facilitan información na metade do municipio. Trátase dunha primeira fase cunha inversión de 52.223 euros, dos que Turismo aporta o 80% e o Concello o 20% restante, e que terá continuidade noutra anualidade ata completar todo o territorio. A portavoz do grupo de goberno, Patricia Torres, declaraba que con estas señais persiguese poñer en valor os recursos patrimoniais e naturais, facilitando información aos turistas, e o mesmo tempo orientando as súas visitas aos lugares de interese, en moitos casos dende a N-541, que era algo que viñan demandando, fundamentalmente os clientes das cincos casas de turismo rural dispoñibles.

Sete destas señais son atrís interpretativos e xa están instalados en Pazos de Arenteiro, Ponte do Santo Sepulcro, Igrexa de San Xoan de Laxas, Igrexa de San Martiño de Cameixa, Igrexa de San Mamede de Moldes, Igrexa de Santa María de Xuvencos e no Castro de Xurenzás.

Ademais, instalaronse 12 señais de madeira, 69 metálicas e un plano detallado na Almuzara para poder realizar as visitas sen guía.

Para a execución deste proxecto, o Concello contou coas autorizacións favorables da Deputación, Medio Ambiente, do Ministerio de Fomento e tamén de Patrimonio, que esixiu que a información contida fose facilitada por historiadores, para o que se contou cos membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que habitualmente colaboran co Concello con as como os “Roteiros Culturais polas parroquias”.

Desta forma, en cada igrexa aportase a información histórica e sobre a súa estrutura e arte, e tamén camiños reais e castros. A aldea de Pazos de Arentiero, declarada Conxunto Histórico- Artístico ca categoría de Monumento Nacional dende 1973 , é outro dos lugares sinalizados, ademáis de Moldes, Cameixa, Laxas, Almuzara e Brués.