Category: cultura
Concello e Asociación Cultural anuncia a suspesión da Festa “1809. A Batalla” por mor do COVID-19

O Concello de Boborás e a Asociación Cultural “1809 A Batalla” comunican a decisión da suspensión da que sería a IV edición da festa “1809. A Batalla” que se ía celebrar o primeiro fin de semana de xullo en Pazos de Arenteiro, Boborás.

A crise do Covid-19 afectou o desenvolvemento normal dos preparativos desta festa, xa que nos meses previos era habitual levar a cabo os traballos de organización da mesma, que non só incluían a preparación das escenas, senón que tamén a adecuación e mellora do vestiario, a decoración e a programación, que dada esta situación é imposible.

A opción do aprazamento foi unha posibilidade que tamén se barallou mentres se tomaba esta decisión, pero debido a incerteza actual e sen coñecer cal será o desenvolvemento dos acontecementos derivados desta crise sanitaria e as medidas que se van a levar a cabo para a volta á normalidade, decidimos que a mellor opción era a cancelación deste evento festivo e cultural.

 

Así é que, con moita pena e agardando principalmente que todo volva á normalidade e se controle esta situación sanitaria, dende a organización esperamos que canto antes se poida comezar cos preparativos do vindeiro ano, con máis forza se cabe.

Roteiro Cultural o Castro de Cameixa

O 29 de decembro de 2019 faremos o Roteiro Cultural ao Castro de Cameixa, para visitar a última escavación feita no mesmo. Será o arqueólogo director, Jorge Lamas, o que fará a explicación do roteiro e mostrará algunha das pezas atopadas.

 

Punto de encontro: Campo da Festa de Cameixa

Hora: ás 10.30 h
 

Animate a coñecer os tesouros do noso Concello, é unha boa forma de rematar o ano!

Convocado a XXXV edición do Premio Antón Losada Diéguez para o 2020

Os Concellos de Boborás e O Carballiño, así como a Deputación de Ourense, veñen de convocar unha nova edición do Premio Antón Losada Diéguez, que xa ten 35 anos de vida, consolidandose como un dos galardóns literarios máis prezados de Galicia no que se loa e lembra a figura do pensador, filósofo, escritor e guieiro da Xeración Nós; nacido nas terras de Moldes (Boborás).

Os interesados en participar deberán de mandar 9 exemplares das obras a presentar a dirección postal do Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón 46 Boborás CP 32514, Ourense). Un dos requisitos principais e que sexa unha obra publicada en galego durante o ano 2019. As categorías son Investigación e Ensaio con 6.000 euros de premio e Creación Literaria, tamén con 6.000 euros.

O fallo do premio será o 25 de abril de 2020 no Concello de Boborás, e a entrega do mesmo o 13 de xuño do mesmo ano.

Consulta aquí as bases do premio.

 

Boborás celebra o seu magosto popular o 16 de novembro

O Concello de Boborás organiza como novidade, para este ano, un magosto para todos os veciños do noso municipio. Será o 16 de novembro a partir das 19.30 horas no pavillón municipal.

Haberá amenización musical a cargo dun trio e tamén un hinchable para os nenos. O menú constará de chourizos, pan, empanadas, panceta, viño, bebidas, castañas e chocolate quente con queique. Anímate a participar e pasar un rato agradable coa comunidade de Boborás. É gratuito para a veciñanza!

 

Arrepío na Freixa, unha pasaxe de terror en San Bartolomeu

Os sábados do mes de novembro as 21.30 horas , a partir do día 9, serán de medo en San Bartolomeu da Freixa no concello de Boborás.

Dar Trela Teatro, dirixida por Maribel Rodriguez, teatralizará unha pasaxe de arrepios e terror por este fermoso pobo no que cando cae a noite…todo por pasar.

Dende mañá fai a túa reserva no teléfono 682 370 623!! Prazas limitadas!

 

Axudas para material escolar do Concello de Boborás curso 2019/2020

O Concello de Boborás abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para o curso 2019/2020. O prazo para solicitudes remata o 17 de outubro de 2019.  A continuación veñen detalladas as bases reguladoras, para calquera dúbida pode consultar nas oficinas do concello ou no teléfono de contacto 988 402 008.

PREME EN SOLICITUDE PARA OBTER OS FORMULARIOS:

SOLICITUDE

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria das axudas para adquisición de material escolar do alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para o curso académico 2019/20.

 

PRIMEIRA: Obxecto da convocatoria.

As axudas convocadas mediante as presentes bases, teñen como obxecto o cofinanzamento de material escolar dos alumnos que cursen educación infantil, primaria e secundaria.

Concíbense como un apoio ás familias empadroadas no Concello de Boborás con dificultades socioeconómicas que dificulten a correcta escolarización dos alumnos.

SEGUNDA: Orzamento.

O orzamento dispoñible para a concesión das axudas, ascende á cantidade de 1.166,66 €. No caso de que a demanda supere o orzamento dispoñible, priorizarase a concesión segundo a puntuación obtida despois da correspondente baremación, ata esgotar o orzamento.

TERCEIRA: Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar empadroados todos os membros da unidade familiar (pai e/ou nai e fillo para o que se solicitan as axudas) no Concello de Boborás.
  2. Ter fillos matriculados para o curso escolar 2019/2020 en educación infantil, primaria ou secundaria. No caso de educación infantil e primaria, será requisito indispensable que se atopen matriculados no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, exceptuando ós alumnos dos lugares de Astureses que teñen asignados os centros educativos de O Carballiño.
  3. Que a renda per cápita anual non supere uns ingresos netos de 6.000 €. Computaranse os ingresos de todos os membros da unidade familiar. A estes efectos, enténdese por unidade familiar os pais dos menores escolarizados así como todos os descendentes e ascendentes que convivan no mesmo domicilio.

Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2018 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2018:

– Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

– Deste resultado restarase a cota líquida resultante da auto liquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da auto declaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

Casiña 435+ casiña 460-casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Se solicitado o borrador na AEAT esta unicamente comunica os datos fiscais, e polo tanto non o remite, para determinar a renda dos membros computables que obteñan ingresos propios seguirase o procedemento descrito no punto primeiro e do resultado restaranse os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos á conta efectuados.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

– Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente- que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes , ou calquera outro integrantes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis importe que resulte, para o outro integrante da unidade familiar, dos datos do borrador doo IRPF agás os datos que figuren na casiña 537 correspondente á cota resultante da auto liquidación, dado que o contribuínte non presentou a declaración polo IRPF. No caso de que un dos membros en vez de borrador dispoña dun certificado de imputación de rendas, para realizar o cálculo dos seus ingresos deberá sumar os rendementos íntegros e restar os gastos deducibles e as retencións ou pagamentos a conta efectuados.

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita á tributación no IRPF. Nestes supostos ,os interesados deberán consignar os datos do borrador do IRPF ou no seu caso os datos que figuren no certificado de imputación de rendas do mesmo xeito que no apartado anterior.

  1. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
  2. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

CUARTA: Contía das axudas.

  • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario
  • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario
  • Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra axuda solicitada para o mesmo concepto (material escolar en outras Administracións).

QUINTA: Solicitude e documentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello de Boborás ou segundo o establecido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Acompañaranse da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI do/a solicitante, pasaporte ou NIE.
  2. Fotocopia do Libro de Familia.
  3. Certificado de convivencia.
  4. Acreditación da situación económica e laboral de todos os membros da unidade de convivencia: declaración da renda do 2018. No caso de non estar obrigado a presentala, requerirase o certificado negativo de Facenda e os xustificantes que acrediten os ingresos (certificado do INEM sobre as prestacións de desemprego, certificado de pensións, convenio regulador, de ser o caso, ou calquera outro documento que acredite ingresos). De non poder acreditar documentalmente a situación económica, será preciso a presentación de Declaración xurada.
  5. Informe de vida laboral para os membros da unidade familiar en idade laboral.
  6. Tarxeta de demandante de emprego, de ser o caso.
  7. Fotocopia do certificado do grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia, de ser o caso.
  8. Certificado do centro educativo que acredite a matrícula e o nivel escolar que cursa o alumno.
  9. Certificado do número de conta.
  10. Facturas acreditativas do gasto en material escolar no caso de que éste xa fose realizado.

SEXTA:TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Será designado polo alcalde e terá a seguinte composición:

– Presidente: A traballadora social do Concello.

-Secretario: Un funcionario   da Corporación, persoal laboral fixo da Corporación , habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

-3 vogais: funcionarios ou traballadores do Concello, ou habilitado de carácter nacional. ou da Deputación de Ourense designados pola Alcaldía.

SÉTIMA: Procedemento.

Unha vez presentadas as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio recollido no artigo 16 da lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, procederase á valoración por parte do Tribunal da documentación presentada e a posterior baremación para establecer unha orde de prioridade, no caso de que sexa preciso. De existir expedientes coa mesma puntuación e esgotar o crédito dispoñible, terá prioridade o que posúa unha menor renda.

O órgano competente para a instrución será a Concelleira de Educación.

O órgano competente para resolver a concesión ou denegación será a Alcaldesa-Presidenta, en base á proposta do Tribunal de Valoración unha vez realizada a avaliación e baremación.

Comunicarase a resolución á persoa interesada no prazo dunha semana.

OITAVA: Criterios de avaliación e baremo.

Terán se en conta os seguintes factores para determinar unha puntuación segundo o maior grao de necesidade:

  1. Situación socioeconómica:
  • Familia na que o sustentador principal se atope en situación de desemprego: 5puntos.
  • Familia numerosa: 5 puntos.
  • Familia monoparental: 3puntos.
  • Familia na que algún membro teña recoñecido o grao de discapacidade e/ou valoración de dependencia: 3 puntos.
  • Familia na que o sustentador principal sexa vítima de violencia de xénero: 5puntos.
  1. Factores sociais:
  • Familia incluída no Programa de Educación Familiar: 5 puntos.
  • Familia beneficiaria de RISGA: 5 puntos.

 

NOVENA: Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo será de un mes a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

DÉCIMA: Xustificación e pago das axudas.

Procederase ó pago da axuda concedida unha vez sexa presentada a factura ou facturas oficiais correspondentes ós gastos en material escolar. A data límite para a presentación de facturas será o 16 de decembro de 2019.

 

 

Susana Baños, gañadora do IV Concurso fotográfico de Boborás coa foto “Paisaxes de auga, pedra e viño”

Susana Baños, é a gañadora do IV concurso fotográfico “Boborás, Arte e Natureza”, coa foto “Paisaxes de auga, pedra e viño”. O fallo do concurso levouse acabo o pasado 31 de agosto no Concello de Boborás.

Logo do debate do xurado, que tiña que decidirse entre 17 fotógrafos e 45 fotografías, o mesmo dictaminou o seguinte resultado coas correspondentes fotos.

1º Premio: Susana Baños González por Paixades de auga, pedra e viño”

2º Premio David Lozano Fernández por “Irmáns do Tempo”

3º Premio: David Rodríguez Caride por “Fusilamento”

1º accésit: Víctor Manuel Gulias Riande por “Igrexa de Cameixa”

2º accésit: Víctor Manuel Fernández Díaz por “Camiño de Vida”

3º accésit: Daniel Vázquez Añel por “Un camiño por recorrer”

 

 

As outras fotos participantes pódense consultar no seguinte elace de facebook.

Excursión á Ribeira Sacra

O Concello de Boborás organiza unha excursión a Ribeira Sacra para o 28 de setembro de 2019. ?

? O prezo por persoa é de 45 euros e inclúe os traslados, visitas, catamará e a comida do medio día.

? Prazas limitadas! Data límite de reserva e pago o 23 de setembro de 2019.

? Anótate no Concello de Boborás. Para máis información chama o teléfono ? 988 402 008.

 Actividade organizada pola Concellería de Participación e Dinamización Cidadá.

 

Excursión ao parque de atraccións Magikland o 30 de agosto

Excursión ao parque de atraccións de MAGIKLAND en Portugal que organiza o noso Concello para o día 30 de agosto, con volta o mesmo día. A saída será ás 8.30 horas dende o cole de Boborás.

Reserva e pago de prazas antes do 23 de agosto.

Os/as menores deben ir acompañados/as dun/ha adulto.

Para comer hai alí sitios dentro do mesmo parque, pero tamén cada un pode levar a súa propia comida habendo sitios habilitados para iso.

O Concello faise cargo do transporte e do seguro, e cada participante ten que facerse cargo da súa entrada.

Así as tarifas son:

– ata 4 anos: gratis

-de 5 a 12 anos: 9 €

– de 13 a 64 anos: 13,10 €

– de 65 en adiante: 9 €

Inscricións e máis información no concello e no 988 402 008

Descarga aquí a  ficha de inscricion Magikland.

 

 

 

Concerto de lírica medieval na igrexa románica de San Martiño de Cameixa o 15 de agosto

A música medieval é a protagonista das actividades estivais organizadas por LÍRICA, que elixe o noso Concello de Boborás para un dos seus concertos.

Será na Igrexa Románica de San Martiño de Cameixa o vindeiro 15 de agosto de 2019, ás 19.30 horas con entrada gratuíta.
Actuarán Sara Maria Fantini, Giordano Ceccotti e Miguel Abad Frutos, chegados dende Italia e o concerto leva por título “Vai lavar cabelos na fontana fria”

Deixámosvos o cartaz e o programa.

Visitas teatralizadas “O Segredo do Peregrino” en Pazos de Arenteiro os venres do verán de 2019
Se non tendes plan para as noites dos venres dos meses de xullo e agosto de 2019, a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás dentro da programación “Do Teu Xacobeo” propoñémosvos as visitas teatralizadas a Pazos de Arenteiro a partir das 22.30 horas e coa saída do bar A Ponte, baixo o título “O Segredo do Peregrino”.
Son gratuítas pero é preciso reservar nos teléfonos 645 865 080 e 619 442 622.
 
Comezamos o venres 12 de xullo! Pero podes asistir o 19 e 26 de xullo e o 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto!
 
Ven e disfruta dunha maneira diferente de coñecer a historia dun lugar histórico da nosa Galicia.
Consulta aquí o cartel:
II Feira do Castro de Moldes o 3 de agosto de 2019

O Concello de Boborás por segundo ano consecutivo pon en marcha a II Feira do Castro de Moldes. Trátase dunha iniciativa que pretende recuperar as tradicións do noso municipio, ao igual que se fai ca de Feás. Nese sentido haberá mercado, artesáns de oficios antigos, música tradicional en directo…..e por suposto o xa típico pulpo para comer. Facendo referencia a un pouco de historia a Feira de Moldes, é das poucas de orixe medieval documentada. Iniciou como a “Feira do Castro”, no entorno da Antiga Fortaleza de Castro Cavadoso, situada estratexicamente nun camiño comercial entre o Ribeiro e Santiago de Compostela. Posteriormente trasladouse ao lugar de Moldes, onde hai uns antigos alpendres que eran onde se colocaban para a venta dos produtos. Era unha das grandes feiras da zona. Celebrabase todolos meses, é habia un día especialmente marcado no calendario, a do 1 de novembro, coñecido como o “Feirón de Santos”. Nesta feira “tratabase” de todo…dende animais vivos, como telas, xabón, produtos da terra…negocio do viño, sementes…os que acordan din que “era moi boa”. Despareceu a mediados do século XX.

 

Podes consultar aquí o cartel:

Visitas guiadas turísticas no Concello de Boborás

O Concello de Boborás igual que nos anos 2016,2017 e 2018, programa para este 2019 as visitas guiadas ao seu patrimonio máis representativo. Comenzarán o 7 de xullo e rematarán o 15 de setembro. Estas visitas con carácter gratuíto e que se desenvolverán os venres, sábados e domingo programanse en función da demanda dos nosos visitantes en anos anteriores. Aínda así, e fora das visitas organizadas tamén se da a opción, previa reserva de ver outros monumentos.

Para as reservas pódese chamar o 681 166 180 que tamén ten whatsapp ou no correo electrónico turismo@boboras.gal

Non deixedes de visitarnos!!!

O Premio Antón Losada Diéguez descobre a súa faceta como arqueólogo

Héctor Cajaraville pola súa obra “Nova Nursia”, e Carlos Castelao por “As Orixes da Fotografía en Galicia”, nas modalidades de creación literaria e investigación e ensaio, respectivamente, recibiron este sábado no pazo da familia Losada, en Moldes (Boborás), os galardóns da 34 edición do Premio Antón Losada Diéguez, que está dotado de 12.000 euros a repartir entre ambos.

Despois da celebración da misa na igresa de San Mamede, e dunha ofrenda floral nas tumbas de Antón Losada e Manuel Chamoso Lamas, cuxa glosa realizou a integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Ana Gordín, o mantedor do acto, o arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, facía referencia a unha das facetas máis descoñecidas do ilustre galeguista e que ten que ver cos seus traballos arqueolóxicos desenvolvidos en Moaña e no Castro de Vigo, ademais da importante aportación que fixo na catalogación dos castros galegos, dedicando un fascículo ao patrimonio da comarca do Carballiño.

 Jorge Lamas ensalzou ademais a súa figura por a “defensa do espíritu galeguista dignificando a realidade galega e conectando con Europa”.

Por os concellos organizadores falaron Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, quen apuntou que este premio  “deixa patente o noso compromiso coa cultura e a lingua galega”; e en representación de Boborás, a alcaldesa Patricia Torres, que se referiu a importancia de seguir na defensa da cultura galega, da lingua e do patrimonio.

Manuel Doval, responsable de Cultura na Deputación de Ourense, apelou ao compromiso coa terra  e destacou o premio como un dos máis importantes que se celebra en Galicia. O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, referíase a importancia destas iniciativas que deixan proxectos literarios e de investigación que “nos van marcando camiños nese proceso de construción que temos como pobo”.

Os gañadores, Héctor Cajaraville e Carlos Castelao agradecían este primeiro premio que recibiron e falaron das súas respectivas obras, sobre Frei Rosendo Salvado, e sobre a historia da fotografía. A música correu a cargo da Coral Polifónica do Casino e de Terras do Arenteiro.

Fonte: La Región