Día: 30 de setembro, sábado

Hora: 22.30 hrs.

Punto de encontró: Bar A Ponte

Custo da visita: De balde

Contacto: 681166180

O Concello de Boborás, a través da Concellería de Cultura e Turismo, organiza unha visita guiada nocturna ao patrimonio cultural de Pazos de Arenteiro, que terá lugar o vindeiro sábado, día 30 de setembro, ás 22.30 hrs. A concentración dos visitantes farase diante do bar A Ponte, desde onde sairá a visita a cargo do guía turístico do Concello. O percorrido levará aos participantes polo núcleo do Igrexario, considerado conxunto histórico artístico desde 1973. Coñecerán a historia do pobo coa presenza das órdenes que o rexiron; o viño, a arquitectura, a arte, a música, os arrieiros…

A duración da visita estímase en dúas horas e será de balde. As persoas interesadas en facela poden avisar chamando ao número de teléfono 681 166 180.  A Concellería de Turismo de Boborás leva a cabo dúas visitas diurnas semanais a Pazos de Arenteiro, os sábados, ás 18.00 hrs. e os domingos, desde as 11.00 hrs. Nesta ocasión deuse un paso máis polo que se oferta esta singular visita nocturna do día 30. Os participantes deberán acudir con roupa e calzado cómodos e portar linternas. O pequeno casco histórico ten iluminación artística pero as linternas farán falta para a segunda parte da visita, que nos levará ata a ponte do Santo Sepulcro, e tamén para o patio da Encomenda.

Esta iniciativa englóbase no proxecto turístico municipal de Boborás de dar a coñecer o seus patrimonio cultural e natural intentando inculcar no visitante a necesidade de preservar os bens patrimoniais porque son únicos e irrepetibles. Coñecer para preservar. Respectar o noso patrimonio supón conservar os alicerces da nosa identidade como pobo.