O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2022/2023. Como novidade este ano tamén se fan axudas aos alumnos de bacharelato e FP e todas serán compatibles coas de outras administracións.

 

O prazo de presentación ábrese o día 03 de novembro de 2022 e durará un mes, rematando o 3 de decembro. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Contía das axudas.
• Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

• Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

• Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

• Alumnos de Bacharelato: 130 euros por beneficiario
• Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria:20220914_Declaración_BASES MATERIAL ESCOLAR CASTELAN