O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora en varias estradas do municipio por valor de 65.006,04 euros, que se suman os 65.000 euros anunciados semanas antes. Estes traballos que comezarán nas próximas semanas e estarán rematados antes do outono de 2018. Desta cantidade, 53.724 euros son aportados a través do Plan Marco 2018/2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, mentres que a contía de 11.282,04 euros correspondente o IVE será asumido polo propio Concello.

Así as actuacións a realizar son as seguintes: vial na parroquia de Brués, paralelo a rúa de Santa Isabel, estrada de Cameixa a Albarellos, camiño que comunica o lugar de Cameixa con Figueiroa pasando por onde o campo da festa, a que vai de Ensalde a Ventosa e o acceso dende a N-541  Fonte Moreiras chegando a Moreiras.

Desta maneira os traballos consistirán na reparación do firme, con eliminación de raiceiras onde existan, bacheo e cobertura asfáltica así como limpeza da vexetación existente nas beiras das mesmas. No caso de Brués, ademais ten que colocarse sistemas de drenaxe posto que na actualidade é un vial no que acumula moita auga cando chove.

O Concello de Boborás anunciará nos próximos días novas actuacións estradas municipais para este 2018.