Concilia Verán de Boborás 2020
O Concello de Boborás como todolos anos pon en marcha o seu campamento de verán, pero nesta ocasión debido ás medidas a tomar pola crise sanitaria do COVID-19 realizarase pero con condicionantes e normas adaptadas a esta situación para nenos e nenas de entre os 4 e os 13 anos de idade entre o 6 de xullo e o 31 de agosto nas instalacións do Edificio Sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás. Ten carácter gratuíto, sendo unha actividade subvencionada pola Deputación de Ourense e o propio municipio.
Deste xeito trátase un campamento terán prevalencia no acceso os nenos e as nenas empadroados/as no noso concello, habendo prazas limitadas para dar cumprimento a ratio establecida nestes momentos polo Coronavirus. Ademáis daráselle prioridade a hora de obter prazas os nenos e nenas cuxos ambos proxenitores traballen ambos debendo acreditalo no momento de facer a solicitud de praza. Tamén terán nese sentido prioridade as familias monoparentais.
Habendo prazas libres o acceso as prazas virá determinado por estricto orde de presentación da solicitude no rexistro do Concello de Boborás.
Os nenos e nenas admitidos deberán asistir con mascarilla.
Neste campamento levaranse a cabo as rutinas hixiénicas e de distancia fisica que marca a Lei.
Pedimos colaboración das familias, o importante é a saúde de todos nos en especial neste caso dos máis pequenos. Neste sentido, destacar que se trata dun campamento para conciliar e colaborar coas familias que teñen que traballar e non tanto nun espazo de divertimento como nos anos anteriores.
Para máis información podedes chamar ao Concello de Boborás no teléfono 988402008.
Cartel da actividade:
Descarga aqui os formularios de inscrición: