TURISMO
Moito que descubrir
O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial. O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio. Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.
As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao. As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio. As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.
A historia do concello comeza a ser notable durante a Idade Media, xa que é nesta época cando se asentan na zona distintas ordes relixiosas e militares coma a do Santo Sepulcro, o Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas estas ordes deixaron a súa pegada nas moitas construcións tanto de carácter civil coma relixioso que hai pola zona e que espertan un gran interese histórico-artístico.
Por todo isto e moito máis, invitámolos a que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias aínda esconden.
COMO CHEGAR
MAPA E GUÍA DE BOBORÁS
Descarga os teus
NOVAS DE TURISMO
O Concello de Boborás impulsará a mellora da contorna da igrexa románica de San Martiño de Cameixa
Ler Máis
Apertura das piscinas municipais de Boborás 2026
Ler Máis
30 de maio de 2026 | Boborás celebra “1809. A Batalla” en Pazos de Arenteiro
Ler Máis
O Goberno de España financia con máis de 2,6 millóns de euros a posta en valor do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro
Ler Máis
O 18 DE XANEIRO CELEBRASE O XXV CROSS DE BOBORÁS
Ler Máis
0 20 de xuño abrimos as piscinas de Boborás para este 2025
Ler Máis
Boborás recibe unha proposta de financiamento de 2,6 millóns de euros para a mellora do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro
Ler Máis
1809. A Batalla, festa de recreación histórica napoleónica, celebráse o 13 e 14 de xullo
Ler Máis
Inauguración de piscinas públicas de Boborás o 1 de xullo
Ler Máis
Os Reis Magos veñen a Boborás
Ler Máis






