O Concello de Boborás recibe unha subvención para fomentar o emprego xuvenil
O Concello de Boborás é beneficiario dunha subvención de 16.902,64 euros, concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Esta axuda permite a contratación dunha persoa moza durante 9 meses, a xornada completa, co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral, mellorar a súa empregabilidade e facilitar a adquisición de experiencia profesional mediante o desenvolvemento de servizos de interese municipal.
A actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, a través do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027, dentro da Prioridade 5 «Emprego xuvenil», co obxectivo de mellorar o acceso ao emprego das persoas mozas desempregadas.
Datos da actuación:
- Entidade beneficiaria: Concello de Boborás.
- Expediente: TR350E-2026-00000007-00.
- Subvención concedida: 16.902,64 €.
- Persoas contratadas: 1.
- Duración do contrato: 9 meses.
- Xornada: 100 %.
- Cofinanciamento da Unión Europea: 60 %.
- Resultado previsto: favorecer a inserción laboral e a mellora da empregabilidade dunha persoa moza mediante a adquisición de experiencia profesional.
Esta actuación contribúe ao obxectivo dunha Europa máis social e inclusiva, promovendo oportunidades de emprego para a mocidade.




