Aberto o prazo de inscrición para o programa Boborás Concilia 2026/2027
O Concello de Boborás abre, a partir do 1 de setembro, o prazo para solicitar praza no programa Boborás Concilia para o curso 2026/2027, un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
👨👩👧👦 O programa está dirixido a familias que traballan e teñen nenos e nenas escolarizados en Boborás, ofrecendo un espazo de atención aos menores fóra do horario lectivo.
🕐 Horario do servizo:
Mañás: de 7:00 a 9:30 h
Tardes: de 16:00 a 20:00 h

📝 Solicitudes
As familias interesadas poderán recoller e presentar a ficha de inscrición:
- No propio servizo Boborás Concilia.
- Nas oficinas do Concello de Boborás.
- Descargándoa na web municipal: www.boboras.gal
As monitoras Jessy e Almu estarán tamén a disposición das familias para resolver dúbidas e recibir as fichas cubertas.
💙 Boborás Concilia nace para axudar ás familias a compatibilizar os seus horarios de traballo co coidado dos seus fillos e fillas.
O servizo está financiado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Ben Ourense da Deputación de Ourense.
📞 Máis información: 988 402 008.
Descarga aquí os formularios:










