Category: servicios sociais
O Concello de Boborás convoca as axudas para a adquisición de material escolar do curso 2026/2027

O Concello de Boborás abre o prazo de solicitude das axudas destinadas á adquisición de material escolar para o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional correspondente ao curso académico 2026/2027.

Esta convocatoria ten como finalidade apoiar economicamente ás familias empadroadas no municipio que presentan maiores dificultades socioeconómicas, contribuíndo a sufragar parte dos gastos derivados da escolarización.

 

 

Contías das axudas

As cantidades establecidas por alumno ou alumna son as seguintes:

  • Educación Infantil: 70 euros.
  • Educación Primaria: 90 euros.
  • Educación Secundaria: 110 euros.
  • Bacharelato: 130 euros.
  • Formación Profesional: 130 euros.

Requisitos das persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas as familias que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras, entre eles:

  • Estar empadroados no Concello de Boborás, cunha antigüidade mínima de seis meses anteriores á convocatoria ou cinco anos no padrón histórico.
  • Ter fillos ou fillas matriculados no curso 2026/2027 nas ensinanzas incluídas na convocatoria.
  • Non superar unha renda anual per cápita de 6.000 euros.

No caso de Educación Infantil e Primaria, o alumnado deberá estar matriculado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, coa excepción prevista para o alumnado dos lugares de Astureses que ten asignados centros educativos do Carballiño.

Gastos subvencionables

As axudas poderán destinarse á adquisición de material escolar, libros de lectura establecidos polos centros educativos e libros de texto de Educación Infantil.

Quedan excluídas as mochilas, o material informático e os produtos de hixiene.

Estas axudas son compatibles con outras subvencións destinadas á mesma finalidade.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o venres 6 ata o xoves 12 de novembro de 2026, ambos incluídos.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boborás ou a través de calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas solicitantes deberán achegar a documentación establecida nas bases reguladoras, incluíndo a acreditación da situación económica familiar, a matrícula escolar e as facturas xustificativas dos gastos realizados.

Información e documentación

As bases reguladoras completas e o modelo de solicitude están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Boborás:

https://boboras.sedelectronica.es/

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais ou contactar no teléfono 988 402 008.

 

Descarga aquí as bases e resolución de alcaldia:

20261104_Outros_BASES REGULADORAS GALEGO

20261104_Outros_BASES_REGULADORAS_CASTELLANO

20261104_Resolución_DECRETOS DE ALCALDIA 2024 2026-0579 [DECRETO APROBACION BASES]

Aberto o prazo de inscrición para o programa Boborás Concilia 2026/2027

O Concello de Boborás abre, a partir do 1 de setembro, o prazo para solicitar praza no programa Boborás Concilia para o curso 2026/2027, un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

👨‍👩‍👧‍👦 O programa está dirixido a familias que traballan e teñen nenos e nenas escolarizados en Boborás, ofrecendo un espazo de atención aos menores fóra do horario lectivo.

🕐 Horario do servizo:
Mañás: de 7:00 a 9:30 h
Tardes: de 16:00 a 20:00 h

📝 Solicitudes
As familias interesadas poderán recoller e presentar a ficha de inscrición:

  • No propio servizo Boborás Concilia.
  • Nas oficinas do Concello de Boborás.
  • Descargándoa na web municipal: www.boboras.gal

As monitoras Jessy e Almu estarán tamén a disposición das familias para resolver dúbidas e recibir as fichas cubertas.

💙 Boborás Concilia nace para axudar ás familias a compatibilizar os seus horarios de traballo co coidado dos seus fillos e fillas.

O servizo está financiado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Ben Ourense da Deputación de Ourense.

📞 Máis información: 988 402 008.

Descarga aquí os formularios:

FICHA INSCRICION

AUTORIZACION IMAXE

AUTORIZACION RECOLLIDA

Imos a Pazolandia o 26 de decembro!!!!

🎡 Pazolandia 2025-2026!
O Concello de Boborás organiza unha visita totalmente GRATUITA para nenos e nenas o 26 de decembro ao maior parque infantil cuberto de Galicia.

🕙 Saída: 10:15 h dende o CEIPP Xuvencos
📅 Inscricións ata o 22 de decembro a través do colexio, nas oficinas do concello ou no servizo Boborás Concilia.
☎️ Máis info: 988 402 008

📌 Lembra: Os/as menores de 6 anos deberán ir acompañados dun adulto.

Un día cheo de diversión asegurada! 🎈✨
Organiza: Concello de Boborás en colaboración coa Deputación de Ourense e o Pazo dos Deportes Paco Paz.

 

Descarga aquí a ficha de inscrición: AUTORIZACION PAZOLANDIA 20252026

 

CAMPAMENTO DE NADAL CONCELLO DE BOBORÁS 2025/2026

🎄 Campamento de Nadal 2025/2026 – Concello de Boborás

O Concello de Boborás pon en marcha o Campamento de Nadal para nenos e nenas empadroados/as ou escolarizados/as no CEIPP Xuvencos.

📝 Inscricións: no servizo Boborás Concilia
⏰ Horario de inscricións: de 7:00 a 9:30 h e de 16:00 a 20:00 h
📞 Máis información: 988 402 008

🎡 O 26 de decembro realizarase a visita a Pazolandia.

🕗 Horario do campamento: de 8:00 a 14:00 h
📅 Días de actividade:
22, 23, 26, 29 e 30 de decembro
2, 5 e 7 de xaneiro


📍 Lugar: Aula Concilia no Edificio Manuel Chamoso Lamas

 

✨ Actividade financiada polo Concello de Boborás e polo Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Un espazo seguro, divertido e conciliador para as familias durante as vacacións escolares de Nadal. 🎅❄️

 

Convocatoria de axudas para material escolar 2025/2026

A sede electrónica do Concello de Boborás ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar do municipio para o curso 2025/2026

 

O prazo de presentación ábrese o día lunes 20 de outubro e estará aberto ata o 24 de outubro, incluído dito día. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións.

  • Contía das axudas.
    • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

    • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

    • Alumnos de secundaria: 110 euros por alumno 
  • Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario
  • Alumnos de bacharelato: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20251017_Outros_BASES REGULADORAS GALEGO

Enlace de publicación: https://boboras.sedelectronica.es/

 

 

 

 

Progama de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero “Mulleres Empoderadas de Boborás” 2025

O Concello de Boborás ven de ser recepctor dunha axuda de 15.000 euros para o programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Secretaria Xeral de Igualdade, que se enmarcan nas actividades do proxecto de “Mulleres Empoderadas”

Estás actividades están financiadas con Fondo Social Europeo nun 60% dentro do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4.

Obxectivos:

– Facilitar ferramentas para que as mulleres do concello gañen poder, autonomía e coñecementos además de reforzar a súa autoestima, as súas potencialidades a nivel persoal  e social, a seguridade física e a fortaleza psicolóxica, de forma que poidan enfrontarse con maior solvencia aos estereotipos de xénero e as limitacións que pon a cultura patriacal na que vivimos.

– As mulleres participantes sairán  das casas, recuperarán o contacto co seu entorno, cun lugar no que compartir, disfrutar e gañar poder de EMPODERARSE.

– Creación de redes de apoio mutuo entre mulleres de distintas idades.

É así, que celebraremso estes diferentes obradoiros nestos meses. Podedes anotarvos ou solicitar máis información nas oficinas municipais ou no teléfono 988402008.

Resultados:

Todos os obradoiros incluídos no Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero cumpliron co obxectivo principal destas axudas que soné previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, conseguindo así acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria de axudas para material escolar 2024/2025

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2024/2025

 

O prazo de presentación ábrese o día 22 de outubro e estará aberto ata o 29 de outubro, incluído dito día. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións.

  • Contía das axudas.
    • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

    • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

    • Alumnos de secundaria: 110 euros por alumno 
  • Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario
  • Alumnos de bacharelato: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20240827_Outros_BASES REGULADORAS

 

 

Descarga aqui o anuncio do Bop: anuncio bop

 

Convocatoria de axudas para material escolar 2022/2023

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2023/2024.

 

O prazo de presentación ábrese o día 15 de decembro de 2023 e estará aberto ata o 21 de decembro, incluído dito día. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións.

  • Contía das axudas.
    • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

    • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

    • Alumnos de secundaria: 110 euros por alumno 
  • Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario
  • Alumnos de bacharelato: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria:

20231117_Outros_BASES REGULADORAS

 

Descarga aqui o anuncio do Bop:

 

O Concello de Boborás celebra a primeira xuntanza da mesa de coordinación intersectorial en materia de saúde

Trala aprobación en pleno o pasado 28 de setembro da adhesión á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, o concello de Boborás ven de constituír este unha mesa de traballo na que ademais de representantes do concello, participan representantes do centro de saúde, farmacia local, centros de día, residencia de persoas maiores, colexio, punto de atención a infancia, protección civil e servizos sociais, coa finalidade de propor actuacións a realizar en función das problemáticas detectadas.

A incorporación do Concello de Boborás á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, xunto ca inclusión na Rede Española de Cidades Saudables, promovida polo Ministerio de Sanidade en colaboración coa FEMP, contribuirá á posta en marcha de actuacións para mellorar a saúde e a prevención de enfermidades entre a súa poboación, ademais de situar ao concello de Boborás nunha rede nacional con gran experiencia en proxectos similares.

Na primeira fase desta estratexia, as actuacións consistirán en compartir información entre os distintos servizos para facilitar a participación en actividades,  ofrecer recomendacións á cidadanía sobre como facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables, e elaborar un mapa cos recursos dispoñibles no territorio para promover estes hábitos.

Estas accións focalizaranse na poboación de maior idade, incidindo no problema da soedade, sen descoidar a promoción da alimentación saudable e da xestión emocional entre os nenos e nenas do centro educativo.

Convocatoria de axudas para material escolar para o curso 2022/2023

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2022/2023. Como novidade este ano tamén se fan axudas aos alumnos de bacharelato e FP e todas serán compatibles coas de outras administracións.

 

O prazo de presentación ábrese o día 03 de novembro de 2022 e durará un mes, rematando o 3 de decembro. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Contía das axudas.
• Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

• Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

• Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

• Alumnos de Bacharelato: 130 euros por beneficiario
• Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria:20220914_Declaración_BASES MATERIAL ESCOLAR CASTELAN

O Programa de “Coidados Porta á Porta” da Xunta de Galicia chega a Boborás os días 19, 20, 21 e 22 de setembro

O programa da Xunta de Galicia “𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚 𝐚 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚”, ven ao municipio de Boborás.
Esta unidades de atención estarán ubicadas na parte traseira do colexio publico e ofrecerán servizo gratuíto ás persoas maiores de 55 anos os días 19, 20, 21 e 22 de setembro en horario de 09:00 a 20:00 horas.
Para poder acceder a este servizo hai que pedir cita a través dos seguintes medios:
Chamada teléfonica: 𝟔𝟐𝟐 𝟕𝟒𝟖 𝟐𝟖𝟑
ou enviando un correo electrónico a 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚.𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥@𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚.𝐠𝐚𝐥.

Se tes dificultade para pedir a túa cita no concello axudámoste!

Xornada de Portas Abertas para coñecer as CASAS DO MAIOR do noso municipio de Boborás.

Xornada de Portas Abertas para coñecer as CASAS DO MAIOR do noso municipio de Boborás.

Será o sábado 19 de febreiro. Das 10 as 14 horas poderase coñecer a Casa Maior “O muiño” situada en Feás. Das 16.00 as 20.00 horas, será o turno de “A Garatuxa” de Cameixa.

Lembramos que son Servizos gratuitos a modo de centro de día para ata 5 persoas por centro.

Deixamos abaixo a info correspondente a solicitude de praza. Os trámites fanse nos Servizos Sociais do Concello de Boborás.

+ info: 988402008

As potenciais persoas beneficiarias do servizo Casas do maior son as persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia en graos I e II, ou que, tendo presentada a solicitude de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema, non se lle recoñecese grao por non acadar a puntuación suficiente, e que residan nos concellos onde se pon en marcha unha destas casas do maior.

 

Requisitos:
1. Ter recoñecida unha situación de dependencia en grao I ou II.
2. Ser maior de 60 anos de idade.
3. Cumprir un dos seguintes requisitos:
a. Non recibir ningún outro recurso do SAAD
b. Estar recibindo o Servizo de Axuda no Fogar
c. Estar recibindo a Libranza para coidados no contorno familiar
4. Estar en fase de elaboración ou revisión do seu PIA e solicitar este servizo. O órgano de valoración da dependencia determinará se é a modalidade de intervención máis adecuada, e en caso de que a proposta difira da solicitude, deberá motivalo adecuadamente.

 

Compatibilidades:
1. Co Servizo de axuda no fogar (SAF)
Grao de dependencia SAF Casa do maior
Grao I Ata 10 horas/mes Ata 80 horas/mes
Grao II Ata 23 horas/mes Ata 80 horas/mes
2. Coa libranza para o coidado no entorno familiar
Grao de dependencia LCEF Casa do maior
Grao I e II Ata 80 horas/mes Ata 80 horas/mes

Concerto de CALDO polo 25N na Saleta

Para conmemorar o 25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller-

O Concello de Boborás abordará esta data dende o folk galego, coa actuación do grupo CALDO.
A actuación terá lugar na Saleta e comezará as 18:30h.

 

Durante o concerto expórase un vídeo con mensaxes.

 

En caso de choiva levarasa a cabo no pavillón.

Convocatoria de axudas para material escolar para o curso 2021/2022

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2021/2022.

 

O prazo de presentación ábrese o día 22 de outubro de 2021 e durará un mes. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Contía das axudas.
• Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

• Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

• Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20211001_Declaración_BASES MATERIAL ESCOLAR GALEGO

INSTRUCIÓN PARA A INCLUSIÓN DAS PERSOAS DESPRAZADAS E RESIDENTES EN GALICIA NO PLAN GALEGO DE VACINACIÓN FRONTE O COVID-19

 

A maioría da poboación residente en España ten recoñecido o dereito a protección da saúde con cargo os fondos públicos, incluíndo as persoas estranxeiras que encontrándose en España non teñan concedida a súa residencia legal. Toda esta poboación está sendo incluída nos diferentes grupos de vacinacion establecidos. Aínda así, hai persoas que residen en Galicia, con outro tipo de coberturas sanitarias: por exportación do dereito dende o seu país de orixe, privados ou calquera outra situación asimilada.

A comisión da Saúde Pública do Consello Interterritorial aprobou a vacinación fronte ó Covid-19 para as persoas estranxeiras residentes en España, no lugar onde se atopen desprazadas, co obxectivo de garantir a protección individual e colectiva para o conxunto da cidadanía, e iso inclúe a nosa poboación emigrante.

As persoas que estén nesa situación poden vir a Concello de Boborás a informarse e tamén se lle tramitará a solicitude para a vacinación.

 

Máis información: 988402008 e preguntar Rosy