Category: concello
O Programa de “Coidados Porta á Porta” da Xunta de Galicia chega a Boborás os días 19, 20, 21 e 22 de setembro

O programa da Xunta de Galicia “𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚 𝐚 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚”, ven ao municipio de Boborás.
Esta unidades de atención estarán ubicadas na parte traseira do colexio publico e ofrecerán servizo gratuíto ás persoas maiores de 55 anos os días 19, 20, 21 e 22 de setembro en horario de 09:00 a 20:00 horas.
Para poder acceder a este servizo hai que pedir cita a través dos seguintes medios:
Chamada teléfonica: 𝟔𝟐𝟐 𝟕𝟒𝟖 𝟐𝟖𝟑
ou enviando un correo electrónico a 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚.𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥@𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚.𝐠𝐚𝐥.

Se tes dificultade para pedir a túa cita no concello axudámoste!

Convenio entre o Agader e o Concello de Boborás para a posta en valor das pontes históricas de Ponte Vella, da Cruz, Parada e Porto Pereiras

A Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural asinou un convenio de colaboración co Concello de Boborás para proxecto senlleiro para a posta en valor das pontes históricas de Ponte Vella e da Cruz, e a da de Porto Pereiras e Parada de Cameixa, o orientado á conservación do seu patrimonio e a súa promoción turística por valor de 28.202,56 euros.

Ponte da Cruz, un puente con historia

Aviso de convocatoria para contratación de brigada de incendios

O concello de Boborás abre a convocatoria para a contratación da brigada de incendios composta por un xefe de brigada, un peón conductor e tres conductores, a xornada completa cunha duración de contrato de 3 meses.

O prazo de presentación ábrese ao día seguinte da publicación do Boletín Oficial da Provincia de Ourense, é decir o 2o de xuño, cun prazo de 5 días hábiles.

 

Descarga aquí o anuncio do BOP: anuncio brigadas bop boboras

Descarga aquí as bases: 20220615_Outros_BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN

 

Descarga aquí listas definitiva de admitidos e datas das probas:20220629_Resolución_DECRETO 2022-0156 [LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS]

Descarga aquí a resolución coa proposta dos membros da brigada:resolucion proposta membros da brigada

Subvención do Agader para remodelación e integración da contorna do inmoble de usos sociais na Aldea Modelo do Penedo

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) concédelle ao Concello de Boborás unha subvención para a remodelación e integración da contorna do inmoble para usos sociais no núcleo rural da Aldea Modelo do Penedo de Xuvencos.

A proposta está enfocada na remodelación dos materiais de pavimento e no tratamento dos bordes para a rexeneración paisaxística da contorna, atendendo ao carácter e á identidade do núcleo. En base a estas premisas, trabállase con pavimentos pétreos presentes na paisaxe circundante, tales como o granito silvestre, en dous formatos combinables: por unha banda, grandes lousas de 80×40 cm para resolver as franxas que concentran as instalacións e arquetas rexistrables integradas e, por outra, adoquín pequeno (8×8 cm), que se adapta perfectamente ás morfoloxías complexas de borde do núcleo rural.
Nos límites entre o rueiro e as edificacións dispóñense, nos casos onde resulta compatible coa circulación, parterres vexetados con plantas arbustivas e trepadoras, para mellorar a infraestrutura verde e incrementar os servizos ecosistémicos dentro do núcleo. Esta solución detectouse en diversos rueiros do Penedo de Xuvencos, polo que resulta unha característica singular do núcleo rural a potenciar mediante esta intervención.
A actuación contempla o soterramento do cabreado aéreo de electricidade, iluminación e telecomunicacións presentes nos rueiros intervidos, co obxecto de reducir elementos de
impacto e distorsión da paisaxe do núcleo rural. Contémplase a colocación de arquetas rexistrables nos bordes da intervención para garantir que en posteriores fases sexa posible
continuar con estas intervencións de mellora da paisaxe, acadando a totalidade do núcleo.

Cadro de financiación:

Subvención de Agader para remodelación e integración paisaxística da eira do horreos da Aldea Modelo do Penedo

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) concédelle ao Concello de Boborás unha subvención para a remodelación e integración paisaxística da eira dos horreos no núcleo rural da Aldea Modelo do Penedo de Xuvencos.

A proposta para a eira dos hórreos pretende aproveitar as condicións xeomorfolóxicas do lugar para establecer un espazo de miradoiro que recupere as vistas panorámicas da contorna, xerando unha zona agradable de estancia con suficiente flexibilidade para acoller os diversos usos comunitarios. Préstase especial atención ao tratamento dos elementos patrimoniais, tanto dende o punto de vista da restauración das arquitecturas populares como no tratamento de borde entre as zonas pavimentadas e as preexistencias, tales como os afloramentos rochosos singulares existentes.

Así, para o rueiro proponse un pavimento de adoquín de granito silvestre moreno que permita adaptarse ben aos bordes irregulares, combinado cunha franxa central de lousas rectangulares (80×40 cm) do mesmo material. Baixo esta disponse unha zanxa de instalacións con diversas arquetas rexistrables integradas e as canalizacións necesarias que permitan soterrar o cabreado aéreo, mellorando a calidade da vista panorámica dende a eira.

Cos bordes entre a eira e os rueiros colindantes dispóñense igualmente franxas do mesmo pavimento, rexuntado con area para fomentar a aparición de herba entre as pezas, o que mellora a integración paisaxística e o diálogo co espazo de eira, no que se mantén o firme natural existente. Sobre este, nalgunhas zonas, e a petición dos veciños, disponse un empedrado de lousas de granito silvestre moreno asentadas e rexuntadas con area, característico neste tipo de espazos para realizar a tradicional malla. Este espazo empedrado conecta a zona da fonte coa zona de estancia e a lareira, e insinúa o acceso aos hórreos. Os límites do pavimento son difusos para favorecer a súa integración no espazo da eira.

 

Cuadro de financiación:

CONVOCATORIA DE CONTRATACION TEMPORAL PARA PEÓNS FORESTAIS A TRAVÉS DO PROGRAMA APROL

Aberta convocatoria para contratación temporal para peóns forestais a través do programa de fomento de emprego da Xunta de Galicia, aprol rural.

Trátase dunha contratación dunha duración de 9 meses e a xornada completa.

 

A selección realizárase a través dunha oferta emprego o INEM e o proceso de selección será o día 12 de maio de 2022, ás 11.oo h, na Casa do Concello de Boborás

 

Descarga aquí as bases:20220502_Outros_BASES PROCESO DE CONTRATACIÓN

 

Descarga aquí a acta do tribunal: 20220513_Acta_ACTA DO TRIBUNAL DE SELECCIÓN

Bases contratación temporal de 4 peóns para o Concello de Boborás

O BOP de Ourense de data 14/03/2022 ven de  publicar o anuncio da convocatoria para a contratación temporal de 4 peóns durante  6 meses.

Prazo de presentación a partir do 15/03/2022 durante 5 días naturais.

 

Descarga as bases: 20220315_Declaración_BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEONS DE SERVIZOS MÚLTIPLES A TRAVÉS DO PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Descarga aquí o anuncio do bop: 20220314_BOP

Listado definitivo de admitidos e horario de probas: Resolución de alcaldía de listado de admitidos definitiva e probas

Acta asinada: 20220325_ACTA ASINADA

Decreto de nomeamento: 20220325_Resolución_DECRETO 2022-0070 [DECRETO DE NOMEAMENTO]

 

Xornada de Portas Abertas para coñecer as CASAS DO MAIOR do noso municipio de Boborás.

Xornada de Portas Abertas para coñecer as CASAS DO MAIOR do noso municipio de Boborás.

Será o sábado 19 de febreiro. Das 10 as 14 horas poderase coñecer a Casa Maior “O muiño” situada en Feás. Das 16.00 as 20.00 horas, será o turno de “A Garatuxa” de Cameixa.

Lembramos que son Servizos gratuitos a modo de centro de día para ata 5 persoas por centro.

Deixamos abaixo a info correspondente a solicitude de praza. Os trámites fanse nos Servizos Sociais do Concello de Boborás.

+ info: 988402008

As potenciais persoas beneficiarias do servizo Casas do maior son as persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia en graos I e II, ou que, tendo presentada a solicitude de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema, non se lle recoñecese grao por non acadar a puntuación suficiente, e que residan nos concellos onde se pon en marcha unha destas casas do maior.

 

Requisitos:
1. Ter recoñecida unha situación de dependencia en grao I ou II.
2. Ser maior de 60 anos de idade.
3. Cumprir un dos seguintes requisitos:
a. Non recibir ningún outro recurso do SAAD
b. Estar recibindo o Servizo de Axuda no Fogar
c. Estar recibindo a Libranza para coidados no contorno familiar
4. Estar en fase de elaboración ou revisión do seu PIA e solicitar este servizo. O órgano de valoración da dependencia determinará se é a modalidade de intervención máis adecuada, e en caso de que a proposta difira da solicitude, deberá motivalo adecuadamente.

 

Compatibilidades:
1. Co Servizo de axuda no fogar (SAF)
Grao de dependencia SAF Casa do maior
Grao I Ata 10 horas/mes Ata 80 horas/mes
Grao II Ata 23 horas/mes Ata 80 horas/mes
2. Coa libranza para o coidado no entorno familiar
Grao de dependencia LCEF Casa do maior
Grao I e II Ata 80 horas/mes Ata 80 horas/mes

Boborás conta cun punto limpo móbil para fomentar a reciclaxe entre a veciñanza

O camión do punto limpo irá rotando por todas as parroquias, onde se poderá reciclar todo tipo de residuos, unha iniciativa que conta coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, subvencionada o 100% cun coste total de 69.127,30 euros.

Hoxe, coa presencia da Alcaldesa, Patricia Torres, en Boborás no entorno do colexio público, presentouse o camión e explicáronse os detalles do seu funcionamento. O servizo do punto limpo chega así a tódalas parroquias do Concello de Boborás. Un modo de reciclar diferentes residuos que se pon ao carón da veciñanza para xerar maior impacto e facilitar a correcta xestión dos residuos domésticos.

Este camión ten un funcionamento bastante sinxelo. Deixase unha plataforma no lugar desexado, a cal está dividida nas diferentes fraccións que se poden reciclar, como por exemplo os pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro, roupa, calzado, entre outros residuos. Con esta iniciativa o concello pretende sensibilizar á veciñanza na necesidade de reciclar para protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático.

Polo que queremos animar a todos os veciños e veciñas de Boborás a separar correctamente os residuos e usar este novo servizo posto en marcha polos concellos para facilitar esta boa acción. O único requisito para participar e ter gañas de reciclar  e de defender a nosa natureza.

Durante o día de hoxe e mañá persoas promotoras percorreran o concello para explicar o detalle do funcionamento deste punto limpo móbil, falando directamente coa veciñanza e cos comercios. Entregaran folletos e carteis.

No ano 2022, esta previsto facer unha actividade nos centros educativos, para que a través dos nenos e nenas a concienciación chegue a tódolos fogares.

A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Podes descargar aquí o díptico informativo: DIPTICO-boboras-web-1

Concerto de CALDO polo 25N na Saleta

Para conmemorar o 25N – Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller-

O Concello de Boborás abordará esta data dende o folk galego, coa actuación do grupo CALDO.
A actuación terá lugar na Saleta e comezará as 18:30h.

 

Durante o concerto expórase un vídeo con mensaxes.

 

En caso de choiva levarasa a cabo no pavillón.

ITV para tractores o 24 de Novembro en Boborás

ITV para Tractores:

A Unidade Móbil 05 de inspección técnica de AGRICOLAS desplazarase ao Concello de BOBORÁS nas seguintes datas e ubicacións:

Será o 24/11/2021 no Campo de Futbol Antigo (Boborás)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá.

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da páxina web: www.sycitv.com – Cita previa

Convocatoria de axudas para material escolar para o curso 2021/2022

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2021/2022.

 

O prazo de presentación ábrese o día 22 de outubro de 2021 e durará un mes. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Contía das axudas.
• Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

• Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

• Alumnos de secundaria: 110 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20211001_Declaración_BASES MATERIAL ESCOLAR GALEGO

Visitas teatralizadas nocturnas paras o venres de agosto en Pazos de Arenteiro, Astureses e Moldes

O Concello de Boborás organiza para as noites dos venres do mes de agosto 3 visitas teatralizadas.  Serán en Pazos de Arenteiro, Astureses e Moldes, núcleos de gran interese patrimonial.

A primeira en Pazos, será o día 13 de agosto, en Astureses o 20 e en Moldes o 27, todas ás 22.30 h.

Para estas visitas é preciso reservar no teléfono 988402008.

 

Todas as actividades son gratuitas.

Contratacion de 3 peóns a través do Aprol Rural

O Concello de Boborás vai contratar 3 novos peóns forestais a través da subvención da Xunta, Aprol Rural. É así, que o contrato de duración será de 9 meses,  e con xornada completa.

Os interesados deberán estar anotados no INEM, quen será quen remite a selección a concello.

 

Para máis información: oficinas do concello ou no teléfono 988402008

 

Descarga aqui as bases:

20210625_Declaración_BASES PARA A PROVISIÓN DE TRES PRAZAS DE PEÓN FORESTAL

 

  • Actualización: 06/07/2021

20210706_ACTA ASINADA

20210706_Resolución_DECRETO 2021-0323 [RESOLUCION DE ALCALDIA

Aberta convocatoria para contratación do persoal para dúas brigadas de incendios para 2021

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense ven de publicar o 14/06/2021, o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal para dúas brigadas de incendios para Boborás, desta maneira os postos son:

– 2 xefes de brigadas

– 2 peóns conductores

– 6 peóns

 

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o 15/06/2021 e remata o 21/06/2021.

 

Descarga aquí as bases:

Bases proceso selección 2021

*Actualizacións:

– 22/06 20210622_Resolución_DECRETO 2021-0284 [Listado provisional admitidos e excluidos BRIGADAS DE INCENDIOS]

-29/06  20210629_DECRETO 2021-0297 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

-05/07 20210705_ACTA TRIBUNAL DE SELECCION BRIGADA DE INCENDIIOS 2021

20210705_Resolución_DECRETO 2021-0320 [RESOLUCION DE NOMEAMENTO DE MEMBROS DA BRIGADA]