Category: concello
INFORMACIÓN DA ACTIVACIÓN REDE MÓBIL 4G E 5G NO MUNICIPIO DE BOBORÁS

Infórmase á veciñanza que nos vindeiros días terá lugar a activación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) nas bandas 700 e 800 MHz no concello de Boborás.
Esta mellora permitirá conexións móbiles de alta velocidade e cunha mellor cobertura, especialmente no interior dos edificios. Porén, nalgúns casos, podería afectar á recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT).
➡️ Se detecta problemas na visualización das canles da TDT, pode contactar durante os vindeiros 6 meses co servizo técnico gratuíto de Llega700:
• correo electrónico: ayuda@llega700.es
• tel. 900 831 902
• web: www.llega700.es

O Centro de Atención ao Usuario resolverá as incidencias de xeito gratuito.

Bando informativos sobre prohibición de usos varios que supoñan risco ante o nivel 2 de alerta por incendios en Boborás

BANDO INFORMATIVO

Tendo en conta a situación que se está a vivir na provincia de Ourense coa vaga de incendios forestais que obrigaron á Xunta de Galicia a decretar a SITUACIÓN 2 de emerxencia por incendios forestais, e o índice de risco de incendio forestal actual e previsto, queda PROHIBIDO en todo o termo municipal:

  • A utilización do lume para fins recreativos (parrilladas, fogueiras, queimadas…).

  • A utilización de artefactos pirotécnicos e derivados (fogos artificiais, bombas de palenque, bengalas, etc.).

  • O uso e manexo de maquinaria ou vehículos que comporten risco de ignición.

Esta prohibición quedará en suspenso cando sexa posible pola mellora das circunstancias actuais.


Normativa aplicable

De acordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa derivada:

  • Durante períodos de perigo alto, todos os tractores, máquinas e vehículos pesados (incluídos os agroforestais) deben estar equipados con dispositivos antillamas e extintor operativo (Lei 3/2007, art. 39).

  • O uso de maquinaria non agrícola nin forestal que poida xerar faíscas (soldadura, radiais, etc.) require autorización expresa da autoridade forestal competente.

  • O Nivel 2 de emerxencia implica a incorporación de medios extraordinarios e un control estrito das actividades de risco.

👉 Polo tanto, a maquinaria agroforestal pode empregarse só se conta cos dispositivos de seguridade obrigatorios. En caso contrario, ou se se trata de maquinaria con risco especial de ignición, precísase autorización expresa.


O incumprimento desta orde poderá dar lugar ás sancións contempladas na lexislación vixente.

En Boborás, a 16 de agosto de 2025

A ALCALDESA
O CONCELLEIRO DE EMERXENCIAS

Solicitudes de bonificacións na taxa do lixo na Deputación de Ourense no Concello de Boborás

 

♻ Campaña de Compostaxe Doméstica 2025 – Concello de Boborás

O Concello de Boborás informa do inicio da Campaña de Compostaxe Doméstica 2025, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, para fomentar hábitos sostibles e reducir o impacto ambiental dos residuos, e conseguir bonificacións na taxa.

📌 Novidades na taxa do lixo:
En cumprimento dunha directriz da Unión Europea sobre xestión de residuos e pola adaptación ao novo modelo de tratamento marcado por SOGAMA, a Deputación aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal que regula a taxa provincial de recollida de lixo.
Esta actualización implica un incremento do prezo para cubrir os custos reais do servizo e adaptarse ás novas obrigas ambientais.
• O cobro deixa de ser anual e pasa a realizarse trimestralmente.
• Tarifa base: 79,95 €/ano → 19,98 €/trimestre (que é o que xa recibistes)

💰Existen as seguintes bonificacións dispoñibles:
1. Tarifa reducida 1 → 55,95 €/ano → 13,99 €/trimestre (30% de desconto) por realizar compostaxe doméstica.
2. Tarifa reducida 2 → 71,94 €/ano → 17,99 €/trimestre (10% de desconto) por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
3. Tarifa reducida 3 → 47,96 €/ano → 11,99 €/trimestre (40% de desconto) por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.

🌱 Vantaxes da compostaxe doméstica:
• Obter abono natural de alta calidade para horta ou xardín.
• Reducir residuos e pechar o ciclo da materia orgánica.
• Contribuír á economía circular e loitar contra o cambio climático.

📋 Requisitos para participar:
• Ter a primeira residencia no Concello de Boborás.
• Non ter participado en campañas anteriores.
• Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
• Estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual).

📅 Prazo para solicitar a bonificación:
Debe facerse antes de rematar o ano 2025, para que entre en vigor no exercicio 2026.

📝 Como solicitar:
• En liña: a través da Sede Electrónica do Concello → https://boboras.sedelectronica.es → Apartado Todos os trámites → Buscar Solicitude de aplicación da taxa provincial de recollida de lixo.
• Descargando o formulario dispoñible na web do Concello e presentándoo na Deputación.
• De forma presencial: acudindo directamente ás Oficinas do Concello de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h, onde o persoal municipal lles asesorará no proceso.

Para máis info: 988402008

 

Descarga aquí o formulario: tríptico_v5

0 20 de xuño abrimos as piscinas de Boborás para este 2025

O Concello de Boborás abre ás piscinas ó público o 20 de xuño de 2025, con acceso gratuito ese primeiro día, habendo colchonetas de auga para celebrar a apertura da tempada.

Os horarios será de 13.00 a 21.00 h con xornada intensiva, de luns a domingo.

Para facer a reserva pode ser través de plataforma ou na taquilla física.

CADRO DE PREZOS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descarga a ordenanza de pago 20240606_Outros_ORDENANZA GALEGO-

Descarga o regulamento de uso 20240604_Outros_REGLAMENTO USO PISCINA MUNICIPAL DE BOBORÁS

Enlace para reserva e pago de entradas: https://appreservas.com/reservas_galileo/6661744a4b09b0005fef6843

Boborás recibe unha proposta de financiamento de 2,6 millóns de euros para a mellora do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro

O Concello de Boborás foi proposto como beneficiario dunha axuda de 2.637.003 euros para o desenvolvemento do proxecto “Mellora da competitividade do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro en Boborás (Ourense)”, no marco do Programa de mellora da competitividade e de dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico.

A actuación está financiada polo Ministerio de Industria e Turismo, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU.

Esta proposta de financiamento supón un importante respaldo ao traballo desenvolvido polo Concello de Boborás para a protección, recuperación e posta en valor dun dos enclaves patrimoniais máis singulares do rural galego.

Un investimento íntegro para Pazos de Arenteiro

O proxecto conta cun orzamento financiable de 2.637.003 euros, cunha subvención proposta polo mesmo importe, o que permitirá avanzar nunha intervención integral sobre o Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro.

Pazos de Arenteiro é un enclave de referencia no patrimonio rural de Galicia, declarado Conxunto Histórico e cun valor singular pola súa arquitectura tradicional, o seu patrimonio relixioso e civil, a súa integración paisaxística e a súa vinculación coa historia, a cultura e o turismo sostible.

Tres grandes liñas de actuación

A intervención estrutúrase arredor de tres grandes eixes:

1. Rehabilitación dun edificio municipal como Oficina de Difusión do Patrimonio

O proxecto contempla a rehabilitación dun inmoble municipal situado no núcleo histórico, que se destinará á futura Oficina de Difusión do Patrimonio de Boborás e da súa contorna.

Este novo espazo permitirá reforzar a información turística, divulgar os recursos culturais e naturais do municipio e ofrecer un punto de referencia para visitantes, veciñanza e persoas interesadas no patrimonio local.

2. Rehabilitación e posta en valor da contorna

A principal partida do proxecto céntrase na rehabilitación e posta en valor da contorna, coa mellora dos espazos públicos do conxunto histórico.

As actuacións previstas permitirán mellorar a calidade urbana, a accesibilidade, a imaxe patrimonial e a integración dos elementos tradicionais, contribuíndo á conservación e valorización dun núcleo histórico único.

3. Mellora da eficiencia enerxética

O terceiro eixo está orientado á mellora da eficiencia enerxética, coa renovación do alumeado e a incorporación de solucións máis sostibles e respectuosas coa contorna.

Esta actuación permitirá reducir o consumo enerxético e mellorar a iluminación dun espazo de alto valor patrimonial, favorecendo ao mesmo tempo a seguridade, a accesibilidade e a experiencia das persoas visitantes.

Distribución do investimento

Segundo a proposta de resolución, o orzamento distribúese do seguinte xeito:

  • Rehabilitación de edificio e adecuación como oficina de difusión do patrimonio: 344.644 euros.

  • Rehabilitación e posta en valor da contorna: 1.829.399 euros.

  • Asistencia técnica: 35.090 euros.

  • Mellora da eficiencia enerxética: 427.870 euros.

En total, o proxecto acada os 2.637.003 euros de investimento.

Un impulso ao patrimonio, ao turismo e ao desenvolvemento rural

Esta actuación supón unha oportunidade histórica para Pazos de Arenteiro e para o conxunto do municipio de Boborás, ao permitir avanzar nun modelo de desenvolvemento baseado na conservación patrimonial, a sustentabilidade, a accesibilidade e a dinamización turística.

O proxecto permitirá mellorar a competitividade turística do Conxunto Histórico, reforzar a súa capacidade de acollida, poñer en valor os seus recursos culturais e naturais e xerar novas oportunidades para o territorio e para a veciñanza.

Desde o Concello de Boborás valórase esta proposta de financiamento como un paso decisivo para consolidar Pazos de Arenteiro como un referente do patrimonio rural galego, apostando por un turismo respectuoso coa identidade do lugar e coa súa historia.

Boborás segue avanzando así na recuperación e valorización do seu patrimonio, entendendo que a protección da nosa historia é tamén unha ferramenta de futuro para o desenvolvemento rural.

 

Mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal de Boborás

 

O Concello de Boborás recibiu unha subvención da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para executar o proxecto “Mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo municipal de Boborás”, ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2024 (código de procedemento PR486D).

Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60% con fondos FEDER, un 20% con fondos propios da Xunta de Galicia, e un 20% de achega municipal.

🔹 Importe da axuda e investimento total

  • Orzamento elixible total: 149.965,59 €
  • Importe da subvención: 119.972,47 €
    • FEDER (60%): 89.979,35 €
    • Xunta de Galicia (20%): 29.993,12 €
  • Achega municipal (20%): 29.993,12 €

🔹 Obxectivos do proxecto

O proxecto ten como finalidade mellorar o rendemento enerxético do pavillón polideportivo municipal, reducindo o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Contribúe aos seguintes obxectivos do Programa Galicia Feder 2021-2027:

  • Fomento da eficiencia enerxética e redución das emisións.
  • Renovación e mellora da eficiencia enerxética en infraestruturas públicas.

🔹 Resultados esperados

  • Superficie con mellora enerxética: 225,72 m²
  • Redución estimada do consumo anual de enerxía primaria: 7,93 MWh/ano
  • Redución estimada de emisións: 1,34 t CO₂ eq/ano

🔹 Execución do proxecto

O investimento desenvolverase nas anualidades 2024 e 2025, garantindo o cumprimento da normativa vixente, do principio de “non causar prexuízo significativo” e das esixencias establecidas para proxectos cofinanciados con fondos europeos.

🟩 Compromiso institucional

O Concello de Boborás continúa traballando para mellorar as infraestruturas municipais, avanzar na eficiencia enerxética e promover un uso responsable e sostible dos recursos, contribuíndo á transición verde e á mellora da calidade de vida da veciñanza.

Convocatoria de axudas para material escolar 2024/2025

O BOP de Ourense ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar de Boborás para o curso 2024/2025

 

O prazo de presentación ábrese o día 22 de outubro e estará aberto ata o 29 de outubro, incluído dito día. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións.

  • Contía das axudas.
    • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

    • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

    • Alumnos de secundaria: 110 euros por alumno 
  • Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario
  • Alumnos de bacharelato: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20240827_Outros_BASES REGULADORAS

 

 

Descarga aqui o anuncio do Bop: anuncio bop

 

1809. A Batalla, festa de recreación histórica napoleónica, celebráse o 13 e 14 de xullo

Boborás acolle este fin de semana unha nova edición da festa histórica “1809 A Batalla”

 

Pazos de Arenteiro celebra esta fin de semana unha cita festiva que lembra o acontecemento histórico que enfrontou aos galegos liderados por Cachamuíña contra o exército de Napoleón,  e que xa suma cinco edicións.

 

Na presentación desta mañá, o vicepresidente segundo César Fernández recoñeceu o “excelente traballo” da organización e do concello para desenvolver unha festa “xa referencial” e “á que sen dúbida merece a pena asistir, ademáis de indicar que “é unha das máis singulares pola súa celebración no Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro ademáis de pola súa temática”.

 

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, remarcou a dedicación e esforzo dos organizadores para levar a cabo unha cita que “xa é unha referencia entre as festas históricas ourensás e galegas, precisando que é única polo componente do realismo que ofrecen as escenificacións con arma de avancarga que dispara pólvora”

 

Ourense, 10 de xullo de 2024.- Máis dun cento de veciños de Boborás e participantes procedentes de localidades de toda España recrearán esta fin de semana un dos acontecementos máis singulares da historia da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón.

 

A Deputación de Ourense e o Concello de Boborás colaboran con esta festa histórica, organizada pola Asociación Cultural A Batalla 1809, e na que os veciños de Boborás convidan aos visitantes a unha viaxe no tempo para coñecer durante dous días -sábado 13 e domingo 14 de xullo- en Pazos de Arenteiro os costumes, a gastronomía e o modo de vida daquela época, nunha ampla programación que culminará ás 13,30 horas do domingo coa batalla na ponte.

 

O vicepresidente segundo, César Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Centro Cultura “Marcos Valcárcel” na presentación do evento xunto á alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e a representante da Asociación Cultural A Batalla 1809, Elvira Santiago.

 

César Fernández definiu “1809 A Batalla” como “un evento xa fundamental no calendario da provincia”, antes de recoñecer o “excelente traballo” da organización e do concello para desenvolver unha festa “á que sen dúbida merece a pena asistir e desfrutar”.

 

Pola súa banda, Patricia Torres incidiu en convidar á xente a que veña “xa que A Batalla 1809 é unha festa totalmente diferente as outras, onde nos despertamos tal cual en 1809 e vivimos cada acontemento como se estivese ocurrindo de verdade, o que fai que o realismo sexa incrible, sumado a presencia de disparos e pólvora”, todo coas medidas de seguridade pertinentes. “Ë moi emocionante todo”, explica.

 

Elvira Santiago agradeceu a colaboración institucional, o traballo de todos os voluntarios e dos propios veciños de Pazos de Arenteiro para organizar unha cita “moi interesante e que se renova ano a ano, implementando novas actividades baixo o respecto ao espírito dunha festa que permite ver en directo a recreación desta batalla histórica, e que ademáis foise perfeccionando cos anos.

 

Un evento sociocultural con participación de veciños e visitantes

 

O programa de actividades da cuarta edición da festa “1809 A Batalla” inclúe ao longo do sábado 13 e domingo 14 de xullo visitas guiadas ao campamento francés e a Pazos de Arenteiro, música tradicional, concertos, exhibición de esgrima histórica, gastronomía, mercado, esceas teatralizadas….

 

A festa “1809 A Batalla” é un evento cultural no que se recreará a batalla librada entre os trescentos galegos liderados polo capitán Cachamuíña e os mil soldados do exército de Napoleón aos pés da Ponte da Cruz, aos que os galegos derrotaron. Os fitos históricos serán representados ao longo do fin de semana por voluntarios de todo Boborás xunto a participantes doutros puntos de Ourense e doutros puntos da xeografía española, que se unen á celebración e vístense de combatentes dos dous bandos durante eses dous días.

 

 

Descarga aquí o cartel da festa cartel 2024

Descarga aquí o progama da festa  Programa Festa 1809. A Batalla 2024

Descarga aquí o mapa da ubicación da festa mapa 1809. A Batalla

Boborás recibe subvención da Medio Rural para a mellora de viais interiores na Aldea Modelo do Penedo

O Concello de Boborás ven de ser beneficiario dunha axuda para a mellora dos camiños interiores  na Aldea Modelo do Penedo dentro da orde de axudas da Consellería do Medio Rural, de proxectos de creación, mellora e ampliación dos servizos básicos locais, que ascendeu a un total de 149.896 euros, sendo o 100% do finanzamento total da intervención e na que tamén se inclúen os honorarios dos técnicos, e contando coa financiación da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader).

Desta maneira a actuación consiste, na pavimentación das rúas, en adoquín e pedra, dando continuidade as actuacións xa levadas acabo anteriormente noutras convocatorias.

 

Asi o reparto foi o seguinte:

 

 

Inauguración de piscinas públicas de Boborás o 1 de xullo

O Concello de Boborás abre ás piscinas ó público o 1 de xullo de 2024, con acceso gratuito o primeiro mes, ata completar aforo e con reserva a través de plataforma ou taquilla física.

Os horarios será de 12.00 a 20.00 h con xornada intensiva, de luns a domingo.

Contaremos con socorristas.

CADRO DE PREZOS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descarga a ordenanza de pago 20240606_Outros_ORDENANZA GALEGO-

Descarga o regulamento de uso 20240604_Outros_REGLAMENTO USO PISCINA MUNICIPAL DE BOBORÁS

Enlace para reserva e pago de entradas: https://appreservas.com/reservas_galileo/6661744a4b09b0005fef6843

Mellora de camiños municipais en Boborás co apoio da Unión Europea 2024/2025 en San Bartolomeu

 

Mellora de camiños municipais en Boborás co apoio da Unión Europea

O Concello de Boborás vén de executar o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, consistente na reparación do firme de acceso a San Bartolomeu e na realización dun estudo integral da rede viaria municipal.

Este proxecto contou cun investimento total de 65.682,00 €, financiado ao 100% con fondos públicos, dos cales:

  • O 75% procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),
  • O 7,5% do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación,
  • E o 17,5% da Xunta de Galicia.

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural

Este investimento en infraestruturas viarias municipais mellorou o acceso ás parcelas agrícolas, contribuíndo ao desenvolvemento, modernización e adaptación da agricultura local, favorecendo así a competitividade e a fixación de poboación no rural.

 

 

 

 

Progama de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero “Mulleres Empoderadas de Boborás”

O Concello de Boborás ven de ser recepctor dunha axuda para o programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Secretaria Xeral de Igualdade, que se enmarcan nas actividades do proxecto de “Mulleres Empoderadas”

Estás actividades están financiadas con Fondo Social Europeo nun 60% dentro do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4.

Obxectivos:

– Facilitar ferramentas para que as mulleres do concello gañen poder, autonomía e coñecementos además de reforzar a súa autoestima, as súas potencialidades a nivel persoal  e social, a seguridade física e a fortaleza psicolóxica, de forma que poidan enfrontarse con maior solvencia aos estereotipos de xénero e as limitacións que pon a cultura patriacal na que vivimos.

– As mulleres participantes sairán  das casas, recuperarán o contacto co seu entorno, cun lugar no que compartir, disfrutar e gañar poder de EMPODERARSE.

– Creación de redes de apoio mutuo entre mulleres de distintas idades.

É así, que celebraremso estes diferentes obradoiros nestos meses. Podedes anotarvos ou solicitar máis información nas oficinas municipais ou no teléfono 988402008.

Resultados:

Todos os obradoiros incluídos no Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero cumpliron co obxectivo principal destas axudas que soné previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, conseguindo así acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contratacion de tres peóns de servizos múltiples

O Concello de Boborás abre o prazo para a contratación de tres peóns de servizos múltiples a xornada de 6 horas e por un periodo de 12 meses, a través do Plan de Coperación da Deputación de Ourense.

O prazo abre o día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que neste caso será o dia 1 de abril de 2024, xa que o xoves e o venres santo non son hábiles.

 

Descarga aquí o anuncio do bop:20240327_BOP DE 27032024

Descarga aquí as bases: 20240227_Declaración_BASES

Descarga lista de admitidos/as e datas das probas: 20240409_Resolución_DECRETOS DE ALCALDIA 2024 2024-0110 [LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS]

 

 

 

Os Reis Magos veñen a Boborás

Este venres 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán todas as parroquias do Concello de Boborás, coas paradas que ahí se indican, pero durante o percorrido pasarán por todos os pobos como o ano pasado recollendo as vosas peticións e dándovos caramelos. 👑🤴🍭🍬
Ningún pobo quedará sen ser visitado!
Será grazas á colaboración da Agrupación Protección Civil de Boborás!

 

 

O 24 DE XANEIRO CELEBRASE O XXIII CROSS DE BOBORÁS

O 24 de xaneiro terá lugar en Boborás, a XXIII edición do Cross. Trátase dunha proba consolidada dentro deste ámbito deportivo. O percorrido será de 7.400 metros, 4.500 metros e 700 metros, respectivamente segundo as categorias.  Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.

O remate da proba ademais da entrega de premios haberá avituallamento e chocolate quente con queique.

Inscricións:https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2689/xxii-cross-popular-do-concello-de-boboras-ourense

 

DESCARGA O REGULAMENTO AQUÍ: Regulamento cross 2024