Bando informativo sobre limpeza de fincas
O Concello de Boborás fará chegar a todos os domicilios deste municipio o seguinte bando informativo:
DONA ROSA GONZALEZ DOPORTO, ALCALDESA EN FUNCIÓNS DO CONCELLO DE BOBORÁS
Pola presente FAGO SABER:
Que os propietarios, arrendatarios ou usufructuarios de parcelas que se atopen dentro dos núcleos de poboación ou próximas a calquera vivenda, TEÑEN A OBRIGA DE MANTELAS LIMPAS de herbas, rastroxos, maleza, lixo, etc..para evitar deste xeito o risco de incendios forestais.
Nun perímetro de 50 metros, arredor dos núcleos de poboación, ou de calquera vivenda illada, deberase manter o terreo perfectamente limpo libre de vexetación seca e coa masa árborea aclarada, tal como establece o artigo 21 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
Estos traballos deberán estar executados, antes de que remate o día 31 de maio de cada ano.
Nesta franxa de térreo non permite a existencia das seguintes espécies arbóreas:
-Pino galego, pino do país, pino silvestre, pino de Monterrei, pino de Oregón, mimosa, acácia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, retama, brezo retama, toxos, silvas e fentos.
Os titulares de fincas que non se atopen limpas, serán RESPONSABLES TANTO CIVIL COMO PENALMENTE, POLOS POSIBLES DANOS QUE SE POIDAN OCASIONAR tanto a persoas ou bens, como consecuencia de incendios forestais nos que a súa orixe sexa a falta de coidado debido das parcelas, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñer de conformidade coa lexislación vixente.
O que se pon en xeral coñecemento para os efectos oportunos.
Abril do 2018.

