Category: concello
O Concello de Boborás impulsará a mellora da contorna da igrexa románica de San Martiño de Cameixa

O Concello de Boborás levará a cabo a primeira fase das actuacións de integración paisaxística, mellora funcional e accesibilidade na contorna da igrexa de San Martiño de Cameixa, no lugar de Morouzón, unha intervención que busca poñer en valor un dos espazos patrimoniais máis singulares do municipio.

A actuación desenvolverase ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás, cun orzamento de 129.979,77 euros e unha achega máxima de 117.000 euros por parte da Axencia de Turismo de Galicia.

Boborás é un dos concellos con maior riqueza patrimonial de Galicia, e esta intervención forma parte da liña de traballo municipal orientada á conservación, recuperación e posta en valor do patrimonio local, tanto para o desfrute da veciñanza como para reforzar o atractivo turístico do municipio.

A igrexa de San Martiño de Cameixa é un dos templos románicos de referencia en Galicia. Datada no século XII, destaca pola súa espectacular ábsida semicircular, de gran valor arquitectónico e artístico, sostida por columnas exteriores e cunha coidada decoración en pedra. O templo conserva ademais elementos singulares como unha ventá de medio punto e un antigo reloxo de sol, un dos poucos que se manteñen en igrexas románicas da comarca.

A intervención permitirá mellorar a integración paisaxística da contorna, ordenar o espazo público situado fronte ao adro da igrexa, gañar zonas verdes, renovar pavimentos e facilitar a accesibilidade e o uso deste enclave por parte da veciñanza e das persoas visitantes.

Entre as actuacións previstas inclúense a reordenación do espazo fronte ao templo, a redución da explanada pavimentada para crear unha escala máis integrada coa contorna, a execución de pequenos muros de cachotaría de pedra que tamén funcionarán como bancos, a renovación dos pavimentos con pedra granítica e formigón desactivado, e a creación dun parterre con especies arbustivas.

Tamén se contempla a mellora visual do muro da ampliación do cemiterio mediante vexetación, a protección da mina de auga existente para evitar riscos de caída, a execución de canalizacións soterradas para servizos e a recolocación do panel informativo do monumento nunha zona máis axeitada próxima á entrada do adro.

Dende o Concello sublíñase que esta actuación respecta o carácter patrimonial e cultural da contorna e se limita a espazos públicos próximos á igrexa, seguindo criterios de integración paisaxística, mellora funcional e accesibilidade.

Con esta intervención, o Concello de Boborás continúa avanzando na recuperación e dignificación do seu patrimonio, neste caso nunha contorna de enorme valor vinculada á arquitectura relixiosa e tamén á arquitectura civil tradicional da parroquia de Cameixa.

O Concello agradece a colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, para facer posible esta actuación.

Apertura das piscinas municipais de Boborás 2026

O Concello de Boborás informa da apertura das piscinas municipais o venres 19 de xuño, ás 13.00 horas.

A tempada permanecerá aberta ata o 31 de agosto, con horario de 13.00 h a 21.00 h, de luns a domingo.

Con motivo da apertura, a xornada será gratuíta e haberá colchonetas de auga para que os máis pequenos poidan gozar dun día especial de inicio do verán.

Para facer a reserva pode ser través de plataforma ou na taquilla física.

CADRO DE PREZOS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descarga a ordenanza de pago 20240606_Outros_ORDENANZA GALEGO-

Descarga o regulamento de uso 20240604_Outros_REGLAMENTO USO PISCINA MUNICIPAL DE BOBORÁS

Enlace para reserva e pago de entradas: https://adminv2.appgalileo.com/reservas_galileo/04c61602-bfac-4719-8e57-ef58281eaab3

30 de maio de 2026 | Boborás celebra “1809. A Batalla” en Pazos de Arenteiro

O vindeiro 30 de maio de 2026, Pazos de Arenteiro volverá converterse nun escenario vivo da historia coa celebración dunha nova edición de “1809. A Batalla”, unha recreación histórica que lembra os feitos acontecidos durante a Guerra da Independencia, cando trescentos galegos liderados polo capitán Cachamuíña se enfrontaron ás tropas napoleónicas no contorno da Ponte da Cruz, convertendo o Ribeiro nun dos escenarios destacados do devir histórico europeo.

A xornada desenvolverase ao longo de todo o día, a partir das 11:00 horas, cun amplo programa de actividades para todos os públicos. Haberá visitas guiadas para coñecer a historia do pobo de Pazos de Arenteiro, apertura do recuncho infantil, mercado artesán, obradoiros de Artesanía de Galicia, campamento francés, animación musical, maxia familiar e diferentes recreacións teatralizadas polas rúas do pobo.

Durante a mañá poderanse vivir escenas como “A guerra paga a guerra” ou “Vive l’Empire”, ademais de propostas musicais e actividades para a cativada. Xa pola tarde, o programa continuará coa Hora do Xantar, a animación musical con Feitizo de Pau, novos obradoiros de Artesanía de Galicia, demostracións de loita de espadas e recreacións como “Barbeiro á forza”, “O pan é do pobo”, “O fusilamento de Don Xosé”, “O enfrontamento de Dona Hipólita” ou “Arenga de Xoana”.

O momento central da xornada chegará ás 20:30 horas coa representación de “A Gran Batalla. Ponte sobre o río Avia”, unha recreación teatralizada que volverá encher de emoción, historia e identidade un dos enclaves máis singulares do noso concello. Despois, a programación continuará con novas escenas teatralizadas, a hora da Cea e o concerto do grupo Feitizo de Pau, previsto para as 22:00 horas.

Desde o Concello de Boborás convidamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse a Pazos de Arenteiro para desfrutar dunha xornada única, na que patrimonio, cultura, historia, artesanía, música e tradición se unen nun marco incomparable.

A historia séntese. A historia vívese.
Pazos de Arenteiro agárdate o 30 de maio.

A continuación pódense consultar o cartaz oficial e o programa completo de actividades.

 

cartaza 1809 A Batalla 2026

programa 1809 A Batalla 2026

 

O Goberno de España financia con máis de 2,6 millóns de euros a posta en valor do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou hoxe o Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro acompañado pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, polos técnicos responsables da obra e pola empresa adxudicataria, coincidindo coa fase final dos traballos que se están a desenvolver neste enclave patrimonial de referencia.

A actuación forma parte do proxecto “Mellora da competitividade do Conxunto Histórico de Pazos de Arenteiro en Boborás”, financiado polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto conta cun investimento total de 2.637.003 euros, financiado ao 100 %, e foi o único aprobado na provincia de Ourense, un dos catro seleccionados en Galicia e un dos 81 beneficiarios en todo o Estado dentro desta liña de axudas destinada á rehabilitación do patrimonio histórico con uso turístico.

Un dos factores determinantes para a concesión desta subvención foi a singularidade de Pazos de Arenteiro, o único conxunto histórico-artístico situado no rural da provincia de Ourense. Ademais, conta coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), tanto no seu conxunto como na súa área de protección, unha condición esencial para optar a esta convocatoria destinada á recuperación e valorización do patrimonio histórico.

Tres grandes eixes de actuación

A intervención estrutúrase arredor de tres grandes liñas de traballo.

Rehabilitación dun inmoble municipal

O primeiro eixe contempla a rehabilitación dun inmoble municipal situado no núcleo histórico, que se converterá na futura Oficina de Difusión do Patrimonio de Boborás e da súa contorna. Este novo espazo permitirá reforzar a información turística, divulgar os recursos culturais e naturais do municipio e ofrecer un punto de referencia para visitantes e persoas interesadas no patrimonio local.

Mellora urbana e posta en valor da contorna

O segundo eixe céntrase na renovación urbana do conxunto histórico, mediante a mellora dos pavimentos, a eliminación de barreiras arquitectónicas, o soterramento do cableado aéreo e a retirada de elementos que afectan á imaxe e conservación das fachadas tradicionais.

Dentro desta actuación inclúese tamén a renovación do mobiliario urbano, incorporando elementos máis acordes coa identidade patrimonial e estética de Pazos de Arenteiro.

Eficiencia enerxética e iluminación patrimonial

O terceiro eixe está orientado á mellora da eficiencia enerxética do alumeado público. Para iso estanse substituíndo as luminarias existentes por tecnoloxía LED, renovando os centros de mando e reforzando a iluminación ornamental de elementos patrimoniais emblemáticos, como a igrexa de San Salvador e a ponte sobre o río Avia.

Un impulso para o patrimonio, o turismo e o desenvolvemento rural

Durante a visita, os representantes institucionais e os responsables técnicos puideron comprobar o avanzado estado dos traballos e os últimos detalles dunha intervención que permitirá mellorar a accesibilidade, incrementar a calidade do espazo público, reducir o consumo enerxético e consolidar o patrimonio histórico como motor de turismo sostible e desenvolvemento rural.

Esta actuación supón un importante paso adiante na protección, conservación e dinamización de Pazos de Arenteiro, declarado Conxunto Histórico no ano 1973, e contribúe a reforzar o papel de Boborás como municipio de referencia na recuperación e valorización do patrimonio rural galego.

Con este proxecto, avánzase nun modelo de desenvolvemento que combina conservación patrimonial, sustentabilidade, accesibilidade e dinamización turística, xerando novas oportunidades para o territorio e para a veciñanza.

 

Convocatoria XLI Premio Antón Losada Diéguez

Os Concellos de Boborás e O Carballiño, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, convocan a XLI edición do Premio Antón Losada Diéguez, un galardón consolidado que ten como obxectivo recoñecer e fomentar a creación cultural en lingua galega, ao tempo que se perpetúa a memoria de Antón Losada Diéguez, figura clave da cultura galega contemporánea.

Modalidades

O premio convócase nas seguintes modalidades:

  • Creación literaria

  • Investigación e ensaio

Requisitos das obras

  • As obras deberán estar escritas orixinalmente en lingua galega.

  • Non se admitirán traducións nin obras xa premiadas noutros certames.

  • Poderán concorrer obras impresas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

  • Non se admitirán obras escolares, recompilacións de artigos, edicións de luxo nin publicacións por fascículos.

Dotación económica

A dotación total do premio ascende a 12.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

  • 6.000 € para a modalidade de creación literaria.

  • 6.000 € para a modalidade de investigación e ensaio.

Aplicaranse as retencións legais correspondentes.

Prazo e presentación

  • O prazo de presentación das obras remata o 31 de xaneiro de 2026.

  • As obras deberán presentarse conforme ao establecido nas bases reguladoras.

  • A secretaría técnica da XLI edición terá como sede o Concello de Boborás.

Xurado e entrega do premio

  • O xurado estará composto por representantes de institucións culturais e académicas de prestixio.

  • A reunión do xurado celebrarase o 25 de abril de 2026.

  • O acto de entrega do premio terá lugar o 13 de xuño de 2026 no Pazo de Moldes (Boborás).

Bases da convocatoria

As persoas interesadas poden consultar as bases completas da convocatoria no documento dispoñible nesta mesma páxina.

20251227_Outros_20251227_Resolución_BASES XLI PREMIO ANTON LOSADA DIEGUEZ

bases premio anton losada dieguez editado

 

Imos a Pazolandia o 26 de decembro!!!!

🎡 Pazolandia 2025-2026!
O Concello de Boborás organiza unha visita totalmente GRATUITA para nenos e nenas o 26 de decembro ao maior parque infantil cuberto de Galicia.

🕙 Saída: 10:15 h dende o CEIPP Xuvencos
📅 Inscricións ata o 22 de decembro a través do colexio, nas oficinas do concello ou no servizo Boborás Concilia.
☎️ Máis info: 988 402 008

📌 Lembra: Os/as menores de 6 anos deberán ir acompañados dun adulto.

Un día cheo de diversión asegurada! 🎈✨
Organiza: Concello de Boborás en colaboración coa Deputación de Ourense e o Pazo dos Deportes Paco Paz.

 

Descarga aquí a ficha de inscrición: AUTORIZACION PAZOLANDIA 20252026

 

CAMPAMENTO DE NADAL CONCELLO DE BOBORÁS 2025/2026

🎄 Campamento de Nadal 2025/2026 – Concello de Boborás

O Concello de Boborás pon en marcha o Campamento de Nadal para nenos e nenas empadroados/as ou escolarizados/as no CEIPP Xuvencos.

📝 Inscricións: no servizo Boborás Concilia
Horario de inscricións: de 7:00 a 9:30 h e de 16:00 a 20:00 h
📞 Máis información: 988 402 008

🎡 O 26 de decembro realizarase a visita a Pazolandia.

🕗 Horario do campamento: de 8:00 a 14:00 h
📅 Días de actividade:
22, 23, 26, 29 e 30 de decembro
2, 5 e 7 de xaneiro


📍 Lugar: Aula Concilia no Edificio Manuel Chamoso Lamas

 

✨ Actividade financiada polo Concello de Boborás e polo Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Un espazo seguro, divertido e conciliador para as familias durante as vacacións escolares de Nadal. 🎅❄️

 

O 18 DE XANEIRO CELEBRASE O XXV CROSS DE BOBORÁS

O 18de xaneiro terá lugar en Boborás, a XXV edición do Cross. Trátase dunha proba consolidada dentro deste ámbito deportivo. O percorrido será de 7.400 metros, 4.500 metros e 950 metros, respectivamente segundo as categorias.  Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.

O remate da proba ademais da entrega de premios haberá avituallamento e chocolate quente con queique.

Inscricións: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3163/xxv-cross-popular-do-concello-de-boboras-ourense

 

DESCARGA O REGULAMENTO AQUÍ: Regulamento_Cross_Boboras_2026

 

 

Convocatoria de axudas para material escolar 2025/2026

A sede electrónica do Concello de Boborás ven de publicar as bases que rixen a convocatoria de axudas para material escolar do municipio para o curso 2025/2026

 

O prazo de presentación ábrese o día lunes 20 de outubro e estará aberto ata o 24 de outubro, incluído dito día. Será a traballadora social a encargada de tramitar e recoller a documentación.

Estas axudas serán compatibles coas de outras administracións.

  • Contía das axudas.
    • Alumnos de infantil: 70 euros por beneficiario

    • Alumnos de primaria: 90 euros por beneficiario

    • Alumnos de secundaria: 110 euros por alumno 
  • Alumnos de FP: 130 euros por beneficiario
  • Alumnos de bacharelato: 130 euros por beneficiario

 

Para máis información podedes chamar o teléfono 988402008.

 

Descargar aqui as bases da convocatoria: 20251017_Outros_BASES REGULADORAS GALEGO

Enlace de publicación: https://boboras.sedelectronica.es/

 

 

 

 

Progama de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero “Mulleres Empoderadas de Boborás” 2025

O Concello de Boborás ven de ser recepctor dunha axuda de 15.000 euros para o programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Secretaria Xeral de Igualdade, que se enmarcan nas actividades do proxecto de “Mulleres Empoderadas”

Estás actividades están financiadas con Fondo Social Europeo nun 60% dentro do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4.

Obxectivos:

– Facilitar ferramentas para que as mulleres do concello gañen poder, autonomía e coñecementos además de reforzar a súa autoestima, as súas potencialidades a nivel persoal  e social, a seguridade física e a fortaleza psicolóxica, de forma que poidan enfrontarse con maior solvencia aos estereotipos de xénero e as limitacións que pon a cultura patriacal na que vivimos.

– As mulleres participantes sairán  das casas, recuperarán o contacto co seu entorno, cun lugar no que compartir, disfrutar e gañar poder de EMPODERARSE.

– Creación de redes de apoio mutuo entre mulleres de distintas idades.

É así, que celebraremso estes diferentes obradoiros nestos meses. Podedes anotarvos ou solicitar máis información nas oficinas municipais ou no teléfono 988402008.

Resultados:

Todos os obradoiros incluídos no Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero cumpliron co obxectivo principal destas axudas que soné previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, conseguindo así acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A COLOCACIÓN DE CONTADORES INTELIXENTES DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE BOBORÁS

O Concello de Boborás adheriuse ao proxecto de dixitalización da xestión municipal do ciclo da auga “Ou-intelixente: a provincia da auga”, promovido pola Deputación de Ourense e cofinanciado cos Fondos Next Generation, asociados ao PERTE de dixitalización da auga.

 

Unha das actuacións prioritarias que contempla o proxecto é a implantación de contadores intelixentes domiciliarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

 

A actuación de substitución dos contadores existentes comezará nas vindeiras semanas dentro do mes de setembro en todo o municipio de Boborás e terá carácter totalmente gratuíto para os veciños.

Os traballos serán realizados pola empresa AREMA, para a súa correcta identificación.

🔹 Estes novos contadores permitirán facer a lectura automatizada e detectar calquera incidencia, como posibles avarías ou mesmo manipulacións, constituíndo unha mellora substancial no servizo de abastecemento.

🔹 Ademais, instalaranse medidores de entrada nos depósitos, o que facilitará a detección de problemas nos bombeos.

 

Por este motivo, róganse os veciños e veciñas que faciliten na medida do posible a actuación da empresa encargada dos traballos, sobre todos nos casos que os contadores non sexan accesibles.

Máis información no 988402008 ou nas oficinas municipais.

INFORMACIÓN DA ACTIVACIÓN REDE MÓBIL 4G E 5G NO MUNICIPIO DE BOBORÁS

Infórmase á veciñanza que nos vindeiros días terá lugar a activación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) nas bandas 700 e 800 MHz no concello de Boborás.
Esta mellora permitirá conexións móbiles de alta velocidade e cunha mellor cobertura, especialmente no interior dos edificios. Porén, nalgúns casos, podería afectar á recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT).
➡️ Se detecta problemas na visualización das canles da TDT, pode contactar durante os vindeiros 6 meses co servizo técnico gratuíto de Llega700:
• correo electrónico: ayuda@llega700.es
• tel. 900 831 902
• web: www.llega700.es

O Centro de Atención ao Usuario resolverá as incidencias de xeito gratuito.

Bando informativos sobre prohibición de usos varios que supoñan risco ante o nivel 2 de alerta por incendios en Boborás

BANDO INFORMATIVO

Tendo en conta a situación que se está a vivir na provincia de Ourense coa vaga de incendios forestais que obrigaron á Xunta de Galicia a decretar a SITUACIÓN 2 de emerxencia por incendios forestais, e o índice de risco de incendio forestal actual e previsto, queda PROHIBIDO en todo o termo municipal:

  • A utilización do lume para fins recreativos (parrilladas, fogueiras, queimadas…).

  • A utilización de artefactos pirotécnicos e derivados (fogos artificiais, bombas de palenque, bengalas, etc.).

  • O uso e manexo de maquinaria ou vehículos que comporten risco de ignición.

Esta prohibición quedará en suspenso cando sexa posible pola mellora das circunstancias actuais.


Normativa aplicable

De acordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa derivada:

  • Durante períodos de perigo alto, todos os tractores, máquinas e vehículos pesados (incluídos os agroforestais) deben estar equipados con dispositivos antillamas e extintor operativo (Lei 3/2007, art. 39).

  • O uso de maquinaria non agrícola nin forestal que poida xerar faíscas (soldadura, radiais, etc.) require autorización expresa da autoridade forestal competente.

  • O Nivel 2 de emerxencia implica a incorporación de medios extraordinarios e un control estrito das actividades de risco.

👉 Polo tanto, a maquinaria agroforestal pode empregarse só se conta cos dispositivos de seguridade obrigatorios. En caso contrario, ou se se trata de maquinaria con risco especial de ignición, precísase autorización expresa.


O incumprimento desta orde poderá dar lugar ás sancións contempladas na lexislación vixente.

En Boborás, a 16 de agosto de 2025

A ALCALDESA
O CONCELLEIRO DE EMERXENCIAS

Solicitudes de bonificacións na taxa do lixo na Deputación de Ourense no Concello de Boborás

 

♻ Campaña de Compostaxe Doméstica 2025 – Concello de Boborás

O Concello de Boborás informa do inicio da Campaña de Compostaxe Doméstica 2025, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, para fomentar hábitos sostibles e reducir o impacto ambiental dos residuos, e conseguir bonificacións na taxa.

📌 Novidades na taxa do lixo:
En cumprimento dunha directriz da Unión Europea sobre xestión de residuos e pola adaptación ao novo modelo de tratamento marcado por SOGAMA, a Deputación aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal que regula a taxa provincial de recollida de lixo.
Esta actualización implica un incremento do prezo para cubrir os custos reais do servizo e adaptarse ás novas obrigas ambientais.
• O cobro deixa de ser anual e pasa a realizarse trimestralmente.
• Tarifa base: 79,95 €/ano → 19,98 €/trimestre (que é o que xa recibistes)

💰Existen as seguintes bonificacións dispoñibles:
1. Tarifa reducida 1 → 55,95 €/ano → 13,99 €/trimestre (30% de desconto) por realizar compostaxe doméstica.
2. Tarifa reducida 2 → 71,94 €/ano → 17,99 €/trimestre (10% de desconto) por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
3. Tarifa reducida 3 → 47,96 €/ano → 11,99 €/trimestre (40% de desconto) por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.

🌱 Vantaxes da compostaxe doméstica:
• Obter abono natural de alta calidade para horta ou xardín.
• Reducir residuos e pechar o ciclo da materia orgánica.
• Contribuír á economía circular e loitar contra o cambio climático.

📋 Requisitos para participar:
• Ter a primeira residencia no Concello de Boborás.
• Non ter participado en campañas anteriores.
• Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
• Estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual).

📅 Prazo para solicitar a bonificación:
Debe facerse antes de rematar o ano 2025, para que entre en vigor no exercicio 2026.

📝 Como solicitar:
• En liña: a través da Sede Electrónica do Concello → https://boboras.sedelectronica.es → Apartado Todos os trámites → Buscar Solicitude de aplicación da taxa provincial de recollida de lixo.
• Descargando o formulario dispoñible na web do Concello e presentándoo na Deputación.
• De forma presencial: acudindo directamente ás Oficinas do Concello de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h, onde o persoal municipal lles asesorará no proceso.

Para máis info: 988402008

 

Descarga aquí o formulario: tríptico_v5

0 20 de xuño abrimos as piscinas de Boborás para este 2025

O Concello de Boborás abre ás piscinas ó público o 20 de xuño de 2025, con acceso gratuito ese primeiro día, habendo colchonetas de auga para celebrar a apertura da tempada.

Os horarios será de 13.00 a 21.00 h con xornada intensiva, de luns a domingo.

Para facer a reserva pode ser través de plataforma ou na taquilla física.

CADRO DE PREZOS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descarga a ordenanza de pago 20240606_Outros_ORDENANZA GALEGO-

Descarga o regulamento de uso 20240604_Outros_REGLAMENTO USO PISCINA MUNICIPAL DE BOBORÁS

Enlace para reserva e pago de entradas: https://appreservas.com/reservas_galileo/6661744a4b09b0005fef6843