Obxecto

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).

2. O procedemento de concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

3. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

A quen vai dirixido?

Persoas físicas maiores de idade.

Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.

3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.

Prazo

Prazo de presentación: 14/04/2021 – 02/11/2021

 

Enlace de tramitación:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU985D&ano=2021&numpub=1&lang=gl

A onde acudir

Xunta de Galicia

Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Axencia Turismo de Galicia

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546420

Email: xuridico.turismo@xunta.gal ou innovación.turismo@xunta.gal

https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2