O Concello de Boborás informa sobre as SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSONAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES PARA O ANO 2018 (Resolución do 21 marzo de 2018 da Secretaría Xeral da Emigración).

 

Obxecto:

Subvencionar os gastos que supón establecerse como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado. Nesta resolución recóllense as bases que regularán o procedemento de concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade aurónoma galega.

 

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. Persoas galegas nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas nacidas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído.
  3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral de Emigración.

 

Requisitos:

  • Requisitos comúns (todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude):
    • Acreditar a condición de persoa beneficiaria recollida no apartado anterior.
    • Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
    • Non ter transcorrido máis de 2 anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda.
    • Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Non ter sido beneficiario desta axuda para a mesma actividade en anteriores convocatorias.
    • Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas la Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Requisitos específicos:

  1. Requisitos para persoas traballadoras autónomas ou por conta propia :
  2. Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
  3. Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do Colexio profesional que corresponda dentro dos 2 anos anteriores de retorno a España, e en todo caso antes da presentación da solicitude.
  4. Requisitos para persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:
  5. As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
  6. Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período de 2 anos anteriores de retorno a España.
  7. Quedan excluídas as persoas socias de sociedades mercantís e os autónomos colaboradores.

Serán gastos subvencionables, entre outros, os gastos de establecemento relacionados coa actividade tales como gastos de notaría e rexistro, cursos técnicos específicos, subscricións, cotas y participación, cotas de participación en asociacións empresariais e profesionais (legais, asesoría, xestoría, consultoría, enxeñería, arquitectura…), servizo de prevención alleo do local e de seguridade, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados deseño, subministración de servizos imputables ó desenvolvemento da actividade (calefacción, auga, gas…) xerados no período desde os 3 meses anteriores á alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda ata ó 31 de outubro de 2018 (prazo de xustificación). Quedan excluídos de gastos subvencionables os impuestos indirectos cando sexan suceptibles de reucuperación ou compensación e os impuestos persoais sobre a renda.

En ningún caso son gastos subvencionables a fianza do alugamento, os avais bancarios, as cotas da Seguridade Social ou da mutualidade correspondente, os gastos de  combustible de vehículos de motor e gastos de representación.

 

Contía máxima da subvención:

O importe da subvención concedida será o 80% dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso:

  • ata a contía máxima de 5.000€ para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
  • 7.000€ para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

O importe da subvención anterior incrementarase no caso de concorrer as seguintes situacións e nos seguintes importes:

  1. Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos: 1.000€.
  2. Cando a persoa solicitante sexa muller: 1.000€.
  3. No caso de que o Centro de Traballo ou domicilio estea situado nun Concello Rural: 1.000€.

A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que en ningún caso o importe poida ser de tal contía que supere o custo da actividade, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos.

 

Forma e lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I desta resolución na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos  na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Prazo de presentación das solicitudes:

Dende o 6 de abril ó 28 de setembro de 2018.

 

Documentación xeral a presentar coa solicitude:

  1. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante, e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persona nacida en Galicia , documentación que acredite o vínculo con esta.
  2. Certificado de emigrante retornado, expedido polas Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
  3. Alta no réxime da Seguridade Social ou alta na mutualidade do colexio profesional que corresponda ou, no caso das sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado, afiliación da entidade e de cada unha das persoas traballadoras, na cal se recolla o réxime da Seguridade Social e a data na que tivo lugar a alta.
  4. Alta no censo de obrigados tributarios.
  5. Memoria explicativa do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante.
  6. Orzamento detallado dos gastos estimados que sexan subvencionables.

 

Para máis información; no concello ou no 988402008. Preguntar por Rocío.