Subvención do Agader para remodelación e integración da contorna do inmoble de usos sociais na Aldea Modelo do Penedo
A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) concédelle ao Concello de Boborás unha subvención para a remodelación e integración da contorna do inmoble para usos sociais no núcleo rural da Aldea Modelo do Penedo de Xuvencos.
A proposta está enfocada na remodelación dos materiais de pavimento e no tratamento dos bordes para a rexeneración paisaxística da contorna, atendendo ao carácter e á identidade do núcleo. En base a estas premisas, trabállase con pavimentos pétreos presentes na paisaxe circundante, tales como o granito silvestre, en dous formatos combinables: por unha banda, grandes lousas de 80×40 cm para resolver as franxas que concentran as instalacións e arquetas rexistrables integradas e, por outra, adoquín pequeno (8×8 cm), que se adapta perfectamente ás morfoloxías complexas de borde do núcleo rural.
Nos límites entre o rueiro e as edificacións dispóñense, nos casos onde resulta compatible coa circulación, parterres vexetados con plantas arbustivas e trepadoras, para mellorar a infraestrutura verde e incrementar os servizos ecosistémicos dentro do núcleo. Esta solución detectouse en diversos rueiros do Penedo de Xuvencos, polo que resulta unha característica singular do núcleo rural a potenciar mediante esta intervención.
A actuación contempla o soterramento do cabreado aéreo de electricidade, iluminación e telecomunicacións presentes nos rueiros intervidos, co obxecto de reducir elementos de
impacto e distorsión da paisaxe do núcleo rural. Contémplase a colocación de arquetas rexistrables nos bordes da intervención para garantir que en posteriores fases sexa posible
continuar con estas intervencións de mellora da paisaxe, acadando a totalidade do núcleo.
Cadro de financiación: