O Concello de Boborás ven de ser beneficiario dunha axuda para a mellora da eficiencia enerxética e integración paisaxística na Aldea Modelo do Penedo dentro da orde de axudas da Consellería do Medio Rural, de proxectos de creación, mellora e ampliación dos servizos básicos locais, que ascendeu a un total de 146.431,83 euros dun total de 183.039,79 euros, e contando coa financiación da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader).

 

Asi o reparto foi o seguinte:

 

As actuacións consistiron na renovación de todo alumeado público a led, e colocación de elementos de ornamentais novos, así como a pavimentación de rúas en pedra e adoquín, coa canalización das redes de RBT, Teléfono e luz para o seu posterior soterramento.