♻ Campaña de Compostaxe Doméstica 2025 – Concello de Boborás

O Concello de Boborás informa do inicio da Campaña de Compostaxe Doméstica 2025, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, para fomentar hábitos sostibles e reducir o impacto ambiental dos residuos, e conseguir bonificacións na taxa.

📌 Novidades na taxa do lixo:
En cumprimento dunha directriz da Unión Europea sobre xestión de residuos e pola adaptación ao novo modelo de tratamento marcado por SOGAMA, a Deputación aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal que regula a taxa provincial de recollida de lixo.
Esta actualización implica un incremento do prezo para cubrir os custos reais do servizo e adaptarse ás novas obrigas ambientais.
• O cobro deixa de ser anual e pasa a realizarse trimestralmente.
• Tarifa base: 79,95 €/ano → 19,98 €/trimestre (que é o que xa recibistes)

💰Existen as seguintes bonificacións dispoñibles:
1. Tarifa reducida 1 → 55,95 €/ano → 13,99 €/trimestre (30% de desconto) por realizar compostaxe doméstica.
2. Tarifa reducida 2 → 71,94 €/ano → 17,99 €/trimestre (10% de desconto) por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
3. Tarifa reducida 3 → 47,96 €/ano → 11,99 €/trimestre (40% de desconto) por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.

🌱 Vantaxes da compostaxe doméstica:
• Obter abono natural de alta calidade para horta ou xardín.
• Reducir residuos e pechar o ciclo da materia orgánica.
• Contribuír á economía circular e loitar contra o cambio climático.

📋 Requisitos para participar:
• Ter a primeira residencia no Concello de Boborás.
• Non ter participado en campañas anteriores.
• Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
• Estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual).

📅 Prazo para solicitar a bonificación:
Debe facerse antes de rematar o ano 2025, para que entre en vigor no exercicio 2026.

📝 Como solicitar:
• En liña: a través da Sede Electrónica do Concello → https://boboras.sedelectronica.es → Apartado Todos os trámites → Buscar Solicitude de aplicación da taxa provincial de recollida de lixo.
• Descargando o formulario dispoñible na web do Concello e presentándoo na Deputación.
• De forma presencial: acudindo directamente ás Oficinas do Concello de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h, onde o persoal municipal lles asesorará no proceso.

Para máis info: 988402008

 

Descarga aquí o formulario: tríptico_v5