A Consellería de Política Social e o Concello de Boborás acomenten obras de mellora e dotan de novo equipamento o Punto de Atención á Infancia do municipio.

Neste sentido, as obras consistirán na renovación total do pavimento interior, hoxe de madeira que será sustituido por un solo vinícilo adaptado o uso de gardería. A súa vez tamén se convirtirá unha fiestra en porta secundaria ou de emerxencias.

No que se refire a ao equipamento, o Centro contará cunha caseta para gardar diferentes elementos de xogo exterior, así como o equipo informático, libros, material didáctico, así como novos xoguetes e mobles.

O importe total da actuación ascende a 26.000 euros.