O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora nas seguintes estradas; Cardelle, Brués-Pontevella, acceso á Ponterriza e núcleo, acceso a Vilachá e estrada Brués a Balboa nos próximos meses. Estas obras serán acometidas pola Brigada de obras da Deputación de Ourense, quen valorou os traballos en 36.828,08 euros dos que o Concello de Boborás terá que aportar o correspondente ao material de construción que ascende a 17.831,66 euros.

Desta maneira, o concello segue co plan de mellora de varias estradas municipais, no que no último ano xa se arranxaron a de, o muro da estrada a Paradela, Cibreiro, Xurenzás, a Pedriña ou Salón, que se está executando nestes momentos. As que hai que sumar as que se meteron no Plan Marco 2017/2018, nas que se incluirón o viais de A Fenteira, Rodas-Quintás, o Curro (Feás) e a de Balboa aos Diestros.

 

Boborás, 10 de outubro de 2017