O Concello de Boborás recibe unha subvención para planificación enerxética
O Concello de Boborás ven de recibir unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia para a elaboración dun proxecto de planificación enerxético cunha axuda de 3.300 euros, o que supón o 55% do investimento total.
Con esta axuda preténdese facer un marco para mellorar o gasto enerxético en alumeado público e de edificios municipais, asi como os derivados doutros servizos buscando a eficiencia en todo momento, co aforre de costes sen disminuir a calidade dos suministros e buscando a sostenibilidade medioambiental.