O Concello de Boborás dará axudas de 300 euros ao sector das hostelería e turismo rural
O Concello de Boborás aprobará no pleno ordinario deste xoves unha modificación de crédito para dar axudas ao sector da hosteleria e do turismo do municipio. En total serán 300 euros por autónomo (15) e unha Pyme ascendendo a un total de 4.800 euros. Estas axudas serán compatibles coas autonómicas e demáis organismos.O grupo de Goberno toma esta decisión para apoiar o sector máis castigado pola Covid-19, coa restricción perimetral de mobilidade e tamén co peche da actividade non esencial. Así beneficiaranse tanto bares, restaurantes e casas de turismo rural.En breve publicaranse as bases que rexerán as axudas.